miércoles, 18 de marzo de 2020

ALTO INFANTIL 2020

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis os compañeiros e compañeiras de 6º participaron no "Alto dos Xenerais Infantil". Como ben sabedes para nós é un acontecemento moi agardado. Tamén para os que participan xa que dende decembro empezan a buscar as teimas e as debilidades do centro, e dos compañeiros e compañeiras, para compoñer as  Arengas. Logo un traballo de interpretación e de ensaio durante os recreos para ese dia tan ansiado. O sábado do Entroido: "O Alto dos Xenerais Infantil". Unha tradición que no pobo é tan agardada por todos coma o resto das actividades programadas para ese día.
Aínda que moi nerviosos, os vosos compañeiros xa interpretaron as arengas en Vila de Cruces nos Encontros de Entroido Escolar e para nós o público máis crítico pero que máis os queremos.
Agora toca amosarlles a todos coma o fixeron no Entroido de Bandeira. no Alto dos Xenerais Infantil. Subidos a cabalo e vestidos coma auténticos Xenerais. Queredes velos? Pois premede no vídeo!!!


TODAS SOMOS ROSALÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Hoxe toca o agasallo que non se esquece!! Comezamos a enfocar as actividades do 8 de Marzo cunha muller grande e admirable, a nosas Rosalía, continuamos cunha Exposición interactiva que non podía pasar de largo, concertos e entrevistas de artistas, unha obra de teatro e somentes quedaba facer algo material para non esquecer esta data tan representativa nin a nosa muller de ferro. Xuntamos todo e creamos as NOSAS ROSALÍAS.
Grazas a impresora 3D creamos pequenos chaveiros para todos e todas os que formamos a pequeña familia do CEIP Ramón de Valenzuela. Gústanvos??



Axudantes da Biblioteca escollen libros para mercar

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como xa sabedes os compañeiros e compañeiras de 6º son os axudantes da biblioteca. Son moitas as labores que fan para que a biblioteca estea sempre agardando por todos nós.
Ademáis de axudar a coidar a biblio nos recreos, facelo préstamo, colocar libros, axudar cos ordenadores e xogos e manter un ambiente tranquilo nos recreos... O pasado martes axudáronnos a escoller entre varios libros moi bonitos que trouxo un profe do equipo de biblioteca. Coma todos os contos nos gustan e os cartos non chegan os axudantes da biblioteca escolleron uns poucos tendo en conta moitas cousas: os vosos gustos, as ilustracións, posibles utilidades, tipos de letra,...
Ollade!! Semella que os escoitamos deliberar!!



Semana da Prensa

Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a Semana da Prensa na Escola.
Na escola temos o convencemento de que o xornal é unha ferramenta útil e beneficiosa para todos os nenos e nenas. Non só traballamos a lectura senón que desenvolvemos tamén o noso espíritu crítico.
Aínda que moitas aulas traballan coa prensa todo o ano (5º e 6º están dentro do programa "Prensa-Escola") a semana do 9 ao 13 de Marzo prestámoslle unha atención especial para falar das novas e... Como non? Converternos en pequenos xornalistas, creando as nosas novas para emitilas na nosa radio "Radio Garabullo".

Pouco a pouco iremos emitindo o resultado do voso traballo. Non deixedes de escoitar os Podcast de "Radio Garabullo".
Polo de agora se picas na foto poderás ver coma o alumnado de infantil foi achegándose ao mundo da Prensa!!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/757

"María Pita" por Cristina Collazo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 1º de Primaria os encargados de preparar un pouco máis unha data tan importante coma é o 8 de Marzo "Dia Internacional da Muller". Ademáis do concerto de infantil e da Exposición interactiva a aula de primeiro invitou á nosa escola a CRISTINA COLLAZO unha muller do noso pobo á que entrevistaron na radio e  que, dun xeito moi doce, achegounos á vida das artistas mulleres e contounos cousiñas que está a facer na actualidade. Tamén tivemos a sorte de vela interpretar a obra "María Pita".
Aquí podedes escoitar a súa entrevista e picando na foto podedes ver un resumo do que foi un día na escola con CRISTINA COLLAZO.
GRAZAS CRISTINA pola túa visita!!!


https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/748


As nosas Rosalias

Ola amiguiños e amiguiñas!! As nosas Rosalías é unha é unha Exposición interactiva na que podemos visualizar mulleres galegas que destacan no ámbito das Artes. A través da tablet do colexio e dos diferentes dispositivos electrónicos (móbil, reloxo...) podemos descubrir moitas curiosidades de cada unha delas coa axuda dos códigos QR localizados á dereita de cada lámina.


De aquí para alá!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 4 de Marzo o alumnado de Infantil visitou o Auditorio de Santiago de Compostela para disfrutar co concerto "De aquí para alá", unha proposta musicar e teatral de Lydia Botana. Trátase dun proxecto de música infantil no que a través da música contan a historia dunha bolboreta. Unha viaxe musical arredor do mundo.
Unha aventura moi divertida que podedes ver picando na foto

martes, 3 de marzo de 2020

Entrevista ANPA Brincadeira

Ola amiguiñas e amiguiños!! Hoxe visitaron "Radio Garabullo" a nai de Ramón e Lola e a nai de Marco que forman parte da Xunta directiva da ANPA Brincadeira. Foron entrevistadas por Ramón, Marco e Brais. Falaron das actividades que fan coa ANPA e de moitas cousas máis. Aquí tedes o Podcast para escoitar a entrevista enteira.
Mulleres importantes nas nosas vidas que hoxe foron protagonistas na nosa Radio nesta semana dedicada ás Mulleres.



MULLERES!!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Entramos nunha semana chea de actividades. Dende o día 24 febreiro "Día de Rosalía" e ata o día 8 de marzo "Día Internacional da Muller", imos a propoñervos un montón de actividades nas que a muller sexa a protagonista. Dende as lecturas que xa tedes na entrada do cole, o mural feito polo alumnado de 1º para conmemorar esta data, as entrevistas ás nais que representan a ANPA, ata unha galería de arte nun dos corredores da escola onde a muller é a protagonista. Sen deixar de lado á música nesta ocasión para infantil no auditorio de Santiago de Compostela, a cargo de Lydia Botana co seu epectáculo "De aquí para alá".


jueves, 27 de febrero de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! o pasado 20 de febreiro saíron as mochilas viaxeiras. Este ano foron os rapaces do "Alto dos Xenerais infantil" os encargados de entregalas. Saíron rumbo as vosas aulas e as vosas casas. Van cheas de imaxinación, ledicia, ilusión, creatividade e diversión que atoparedes nos contos, álbumes e películas que levan. Non podo esquecer as fotos vosas que recollen eses momentos no que fúchedes protagonistas das actividades do cole. Agardamos que disfrutedes con elas.
Non esquezades deixarnos as vosas suxestións para ir mellorando neste proxecto!!