domingo, 26 de febrero de 2012

Queres falar con Garabullo?

Ola amiguiños e amiguiñas. Aquí estou de novo para achegarme máis a vós. Dende hoxe poño á vosa disposición un correo ao que me podedes mandar todos os vosos traballos. Dende críticas literarias, suxerencias de lecturas, biblionoticias, libros que votedes en falta na biblioteca,... ata debuxos e as vosas propias creacións.
A dirección de correo é  conversascongarabullo@gmail.com.
Para aqueles que non podades acceder ás novas tecnoloxías hai unha caixa coa miña foto, na entrada da Biblioteca, onde podedes deixar os vosos traballos. NON ESQUEZADES POÑER O VOSO NOME.
Todo o que me mandedes será publicado no blog para que non so a clase disfrute do voso traballo senón tamén os compañeiros e compañeiras doutras aulas e as vosas familias.

AGARDO AS VOSAS CREACIÓNS.

VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

viernes, 24 de febrero de 2012

As BIBLIO-NOTICIAS

Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Despois do Entroido reanudamos as clases. Cada día nas aulas e nos recreos acontecen cousas divertidas... algunhas as descubro porque estou no sitio indicado no momento xusto, pero... outras... nunca as saberemos. Gustaríame que mo contárades para que eu llo diga aos vosos compañeiros e compañeiras e... a cambio eu mostrarei un conto no que pasa algo semellante.

Así, hoxe, no recreo da mañá, estaba eu mirando pola ventá da Biblioteca cando vin aos rapaces de infantil mirando o tellado do cuberto. Un dos nenos, xogando ao fúlbol, mandou a pelota dun "patadón" ao tellado. A mestra de 1º e de 6º estaban cun pao longo, longo, longo... tentando baixalo. O balón estaba tan encaixado que lle costou un montón sacalo e os nenos e nenas de infantil escachaban coa risa ao ver que a pelota non quería baixar. Eu fixen un debuxo pois non tiña cámara. Ao final conseguiron o balón e todos voltaron aos seus xogos. Este é o debuxo




Agora a promesa: O conto no que pasa algo semellante é O Patadón. Neste conto un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón, percorrendo o mundo, provocando sustos, causando tremendas impresións e moito máis ca un apuro. É un conto superdivertido.



Se non o atopades preguntádelle a José e aos axudantes da Biblioteca.
E xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

jueves, 16 de febrero de 2012

Festival de Bandeira-Entroido

Este ano o cole decidiu non sair a pasear o Entroido e celebralo nas aulas. Emulando o coñecido festival de Eurovisión faremos unha competición entre os distintos cursos do centro. Estos días o centro é un bule bule de risiñas, anacos de disfraces, segrediños,.... andan todos agachando o seu disfraz e a súa canción para sorprender á escola coa súa actuación.
Como sabedes eu, Garabullo, vivo na Biblioteca,.... Aproveitando os despistes don nenos e nenas espiei ás agachadas e descubrín as súas actuacións!!!
Pensei en CONTAR o seu disfraz sen máis pero.... vou poñelo un pouco máis difícil...
Vou darvos pistas. Para cada curso propoño un conto. Buscade os libros na Biblioteca e descubriredes os disfraces dos vosos compañeiros e compañeiras. Sorte a todos e VÉMONOS NA BIBLIOTECA!

O conto para INFANTIL



Os de 1º de Primaria


Os de 2º de Primaria


Os de 3º de Primaria





Os de 4º de Primaria



Os de 5º de Primaria



Os de 6º de Primaria ofrecen dúas obras, xa sabedes dúas actuacións:







E por último o PECHE DE FESTA


PASÁDEO BEN DESCUBRINDO OS DISFRACES, DISFRUTANDO DO ENTROIDO E LENDO MOITO MOITO.
E... Xa sabedes!: "Vémonos na Biblioteca!!"



A Flor da Paz

Ola amiguiños!! Estas semanas os rapaces e rapazas de cuarto traballaron a reo. En moi pouco tempo prepararon unha pequena obra de teatro para representar na semana da Paz. Foi unha obra preciosa que representaron para todos nos na biblioteca... Xa sabedes que esa é a miña casa!! Así que fixen unhas fotiños que amoso a continuación. Hai moitas máis... pero xa sabedes! Para velas: " VIDE FACERME UNHA VISITIÑA Á BIBLIOTECA".

martes, 14 de febrero de 2012

O DÍA DA PAZ

Ola nenos e nenas!! Outra vez Garabullo anda a matinar cousiñas para darlle vida a nosa Biblioteca.
Sabedes que estas últimas semanas foron adicadas á PAZ, Garabullo puxo unha mesa con contos relacionados coa PAZ. Pero.... matinando, matinando chegou a conclusión de que non todos puidemos ler as contos propostos... Como o tempo era pouco e os contos moitos e moi fermosos decidiu deixarvos unha foto das portadas dos contos para que se queredes voltar a eles poidades facelo. Velaí vai a foto! (Se pinchades encima da foto veredes mellor as portadas)


domingo, 29 de enero de 2012

Chocolata

Os rapaces e rapazas de 5 anos amósannos un novo xeito de ver os contos. O elexido foi Chocolata un conto de Marisa Núñez & Helga Bansch. Aquí queda o resultado dun precioso e interesante traballo. Agardamos que vos guste.



miércoles, 11 de enero de 2012

Os contos de despois de NADAL

Xa remataron as vacacións. Os reis valeiraron as súas sacas e deixaron centos e centos de xoguetes e contos nas casas de todos os nenos e nenas do mundo... Pero.... esqueceron algo moi importante... Esqueceron un camelo... se queredes saber o que aconteceu preguntade na biblioteca.

Un camelo na cornisa
Elia é unha rapaza que pensa que o peor día do ano é cando rematan as vacacións de Nadal e hai que recoller todos os xoguetes que trouxeron os Reis. Pero este ano a rapaza terá unha visita moi especial. Xusto antes de ir cara a escola, Elia escoita tusir preto da ventá. Quen poderá ser co frío que vai?
Buscádeo. Agardo que vos guste...

martes, 20 de diciembre de 2011

El sueño de Lu Shzu

      Como xa sabedes este é o conto co que colaboramos no BUBISHER. Tamén o mercamos para a nosa Biblioteca. Sería bonito que viñerades a ler este conto e poder pensar que nalgún lugar do Sahara haberá un neno ou unha nena ou incluso un papá ou unha mamá lendo o conto ao mesmo tempo ca nós. Dalgún xeito conectaremos todos a través dun mesmo conto.




Este conto fala de Lu Szhu unha nena dagonmei que traballaba nunha fábrica de xoguetes. Antes, cos seus dediños montaba pezas pequenas para as bonecas. Co tempo, medrou e levárona a unha mesa a empaquetar. Cando a pequena viu aquelas bonecas enteiras, tan bonitas, con aqueles vestidos de cores... entón quixo ter unha! e....
Se queredes saber o que pasou... xa sabedes! o conto espéravos na Biblioteca, como todos, desexando ser ollado, tocado,  gozado... por todos os nenos e nenas do cole.

BUBISHER

En saharaui BUBISHER significa paxaro de boa sorte. Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sahara para acercarlles o mundo da lectura, dos contos, da información... a nenos, nenas e maiores. É o que nós chamamos unha Biblioteca con rodas.
As Bibliotecas de moitos centros educativos colaboran co BUBISHER enviando algún conto. A nosa biblioteca regaloulle o conto El sueño de Lu Shzu.


Con iso enviamos tamén a nosa ilusión aos rapaces e rapazas saharauís para que coñezan o marabilloso mundo la lectura.

Se queredes saber algo máis do BUBISHER mirade este video explicativo. É moi interesante e axudaranos a entender a labor tan bonita de tantos voluntarios e voluntarias que queren levar a lectura, neste caso, aos campamentos de refuxiados do Sahara.

domingo, 18 de diciembre de 2011

UN LIBRO POLO NADAL

Ola nenos e nenas!!! Un ano máis chega o Nadal. Ven un tempo frío... Apetece quedar na casa quentiños e cun chocolate... Estamos xa tumbados no sofá e... Que facemos? LER. Siiii ler!!!
Aquí deixo unhas recomendacións de lectura para todas as idades. Libros de todo tipo. Libros que nos van a levar a vivir historias preciosas. Lede os libros e contádeme á volta das vacacións que vos pareceron, se foron divertidos ou cal vos trouxeron os Reis. Agárdovos na Biblioteca para saber das vosas experiencias.



BO NADAL  FELIZ LECTURA A TODOS !!!