viernes, 12 de diciembre de 2025

UNHA HORA DE LER CON CONSECUENCIAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Este mércores o alumnado de 2º estivo na biblioteca durante a "Hora de Ler". Coma é habitual escolleron as súas lecturas e puxéronse a ler.

A Hugo encántanlle os avións de papel. Sabe facer algúns modelos e xoga con eles durante todos os patios. Hoxe buscou un libro na biblioteca para facer máis avións no seu tempo de lecer. Cando rematou o tempo de ler ensinoullo aos compañeiros e compañeiras e todos quixeron facer un avión e xogar un ratiño con el na clase de EF. E isto foi o que aconteceu:


O libro escollido foi Crear y jugar con papiroflexia. 22 aviones y figuras voladoras para niños de Dominik Meibner de Edicións Tutor.


0 comentarios: