Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte pasou unha cousa moi especial. Garabullo foi curso por curso para facer unha proposta moi especial! Quere que todas e todos investiguemos e traballemos nun novo Proxecto Documental Integrado (PDI) que leva por título “Melloramos cando recuperamos”.
A mensaxe é clara: cando coidamos o que xa temos, cando recuperamos espazos e lles damos unha segunda vida, todos e todas melloramos: o cole, o medio ambiente, e tamén nós mesmos.
Os máis pequenos recibiron a misión de pensar e investigar como facer do patio un lugar máis bonito, máis divertido e máis verde. Observan, debuxan, propoñen e mesmo fan pequenas investigacións sobre plantas e xogos. Están demostrando que as grandes ideas tamén veñen de peques moi pequenos.
O alumnado de 1º e 2º está mergullado na recuperación do horto do cole. Queren devolverlle a vida: limpar, preparar a terra, buscar información sobre as plantas e investigar como coidar o horto respectado a natureza. Xa están listos!! pensando en sementar… e para aprender mentres ven como medra todo.
Os nenos e nenas de 3º e 4º converteronse en auténticos exploradores. Saíron ao exterior para coñecer o Coto da Gaiteira, investigar a súa historia, a súa flora e fauna, e descubrir maneiras de coidar mellor este espazo natural tan importante para o noso entorno. Están preparando propostas de mellora para preservar este pequeno tesouro verde.
O alumnado de 5º e 6º asumiu un reto creativo: recuperar unha aula en desuso e transformala nun novo espazo útil para o cole. Están investigando modelos de aulas temáticas, buscando ideas de deseño, faranvos enquisas para elaborar plans de transformación. Moi pronto descubrirase en que se converterá… Promete ser algo marabilloso!
0 comentarios:
Publicar un comentario