Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana o alumnado de 5º de primaria tivo unha charla co autor de Invisible, Eloy Moreno, centrada no tema do acoso escolar.
Durante a sesión, interviñeron varios relatores que achegaron diferentes puntos de vista sobre o tema, o que fixo que o encontro fose moi enriquecedor.
Ao remate da charla, tiveron a oportunidade de participar nunha rolda de preguntas en directo, na que lle preguntaron a Eloy Moreno se realmente existe máis acoso do que parece nos centros educativos. As súas respostas resultaron moi interesantes e axudou a reflexionar sobre a importancia de detectar e actuar ante este tipo de situacións.
O alumnado de 5º pensa que foi unha experiencia moi enriquecedora, aprenderon moito e tomaron notas de todo o que comentou para poder seguir traballando sobre o tema.


0 comentarios:
Publicar un comentario