A profe Blanca na páxina web, dentro da parte que dedicamos a aula de Música, lembrounos a importancia dunha data coma a de hoxe para achegarnos e facernos recomendacións músico literarias.
Tamén rétanos a tinguir este día de cor azul facendo un molinete.
Se picades na foto podedes acceder directamente á páxina web e ver as recomendacións de Blanca.
Aproveitando os seus consellos nós tamén queremos propoñervos un reto:
Cada un de vós pode facer o seu molinete azul ou decorar os nosos balcóns de cadenetas azuis, pancartas, coma propón Blanca, tamén podemos facer vídeos pequechos cunha mensaxe para conseguir un mundo máis inclusivo e compartídeo con nós. Enviade un foto ou un vídeo pequeno ao noso correo conversascongarabullo@gmail.com
Unha vez cheguen iremos facendo un vídeo que será publicado aquí e na páxina de cole e neste Blog. Unidos todos
#DiaMundialAutismo
#EuQuedoNaCasa
Coma tamén é o Día do Libro infantil e xuvenil sumámonos á proposta que Cristina a mestra de 1º de primaria lle fixo aos seun nenos e nenas. Unha foto cun libro da súa biblioteca persoal. Mándovos un exemplo de coma fixeron Xoan de infantil e Sara e Xabi de 1º. Tamén podedes contar por que elexides ese libro ou ler un cachiño do mesmo. Lembrade o correo conversascongarabullo@gmail.com.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvn0QfpJtWEW3rAUQsPjizr-dgovmWT0K0VTI1CNLNnTKu2DqSTgvminFzc5CZq0q6Sp8FoIsgJCdDONNxWxvrwRtNKjGoW_zSji1BeBplX26kXGxMbjtfw68Kzbs9__zPVg_Sk7a40ugn/s200/IMG_20200330_181720.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiFN1AygFfbbF5hVPZykQB-Xl-xAzt6dd9qt-R8QD1Q6O8sUep9RYS3UDXup5SMSZCXomqjC6lC7_EhD7BbekVnU-FMMHR0RklGIfpWZcXwPxlZeLUcnRf_acI7Y2UEOhVY4J9E_3IjUd08/s200/20200331_154822.jpg)
E coma lectura recomendamos:
Páxinas do Diario de Simón
Páginas del Diario de Simón é unha aproximación ao autismo a través dos ollos dun neno, que narra en primeira persoa, a súa vida escolar e a influenza dun compañeiros que lle moveu o seu mundo. Cóntanos a historia de Simón, un neno de Primaria que empeza un diario que comeza coa chegada á clase de Héctor un rapaz con autismo que rematará sendo o seu amigo inseparable.
0 comentarios:
Publicar un comentario