Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao longo deste curso, nun club de lectura de aula, os vosos compañeiros e compañeiras de 6º estiveron lendo un libro fermoso: A lección de August de R J Palacio.
Cada capítulo foi vivido con emoción, empatía, rabia e cariño.
O protagonista é August. Un rapaz de 11 anos "distinto" dos demáis nenos da súa idade. A súa cara faino distinto cando el so quería ser un máis...
Todo o que lle acontece a August, as súas vivenza, as súas penas e alegrías, o punto de vista da súa familia e amigos... fixo que cada día os vosos compañeiros aprenderan unha lección.
Un libro para ter na mesa de noite e reler unha e mil veces.
Hoxe saeu o trailer da película que estrearán proximamente nos cines. Aquí o deixo para todos e todas os que xa coñecedes o libro poidades gozar tamén coa película.
jueves, 25 de mayo de 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario