martes, 21 de junio de 2016

RECOMENDACIÓND DE 6º

Ola amiguiños e a amiguiñas. Hoxe son os nenos e nenas de 6º os que deixan as súas recomendacións. Libros para os que lles gusta ler, cheos de acción, sensibilidade e respecto. Unha elección moi variada, para todos os gustos. Fenomenal para acompañarnos oa longo das vacacións!!

Antía busca a aventura vivindo as andanzas de Puck, escrito por Lisbeth Werner que narra a vida dunha rapaza que atrae os misterios coma un imán. A súa aterraxe nun internado mixto, Egeborg, non podería ser máis accidentado, pero ela conta con dúas armas segredas: as gañas de gozar e a amizade.

Pola súa banda Brais e Juan aconsellan Los fieras fútbol club. É un equipo de fútbol diferente, unha pandilla de dez nenos, unha nena e un can que están tolos polo fútbol, que viven ao límite e que xogan sen complexos. Neste libro de Joachim Massannek atoparon uns iguais cos que pasar o seu verán.


Irune aconsella Ás de mosca para Anxo, un libro de Fina Casalderrey. Neste conto coñeceremos a Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria - que recibe clases de apoio-, demostrará aos seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.

Xoana toma o camino da aventura e da intriga. Recomenda El enigma de la Esfinge un libro de María Mañeru. Narra as aventuras protagonizadas polos irmáns Callender, membros do Club dos Sabuesos, rapaces cunha enorme curiosidade e un grande espíritu de aventura...

Almudena lánzase a recomendar un conto diferente; Esmeraldina, a pequeña defunta, de Ledicia Costas, que narra o camiña de Esmeraldina para converterse nunha pantasma de verdade.

Lucas e Marco finalizan esta quenda de recomendacións amosándonos que podemos ler en calquera lugar e que todo vale para ler. Nesta ocasión escolleron A lección de August, conmovedora historia de R J Palacio, na que coñeceremos a August un neno coma todos por dentro pero distinto por fóra. Este ano todo vai a cambiar para el. porque vai a ir, por primeira vez,  á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se aprende nas aulas nin nos libros de texto: crecer na diversidade, aceptarse tal e como é, sorir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.



0 comentarios: