martes, 27 de febrero de 2024
DIA DE ROSALIA 2024
jueves, 22 de febrero de 2024
UNIDADE DIDÁCTICA DÍA DE ROSALÍA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o "Día de Rosalía". Un día especial que celebraremos no cole cunha homenaxe a nosa poetisa. Recitaremos e cantaremos os seus versos máis coñecidos, plantaremos pensamentos, coma cada ano, para honrala e decorar as fiestras da nosa biblioteca e aprenderemos moitas cousas de Rosalía para entender mellor a importancia dunha das galegas máis famosas do mundo.
Este ano a proposta de aprendizaxe ven da man dunha colaboración entre o noso cole e o "CEIP Ramón Otero Pedrayo" de Amoeiro. Queredes aprender máis cousas de Rosalía ? Pois adiante!!
miércoles, 21 de febrero de 2024
VISITA DOS BALDRÉUS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Gustáronvos os "Baldréus" ? Foi unha visita moi emocionante... Gozamos moito correndo diante das súas vasoiras, mais un pouco de medo tamén pasamos.
Os compañeiros e compañeiras de 6º fixeron un estupendo traballo de presentación, e xa foron introducindo a estas figuras que, dende o pasado ano, forman parte do Entroido de Silleda. Os Baldréus chegaron coas súas chocas, enchendo de festa e ruído o pavillón, e fixeron que corréramos e pasáramolo moi ben. Finalizaron contándonos as curiosidades da súa vestimenta e tamén de dúas novas figuras, dúas novas máscaras inspiradas non só no riquísimo románico trasdezao, senón tamén na natureza que rodea aos templos.
CHARLAS PARA AS FAMILIAS
ALTO DOS XENERAIS INFANTIL
domingo, 18 de febrero de 2024
LECTURA E FAMILIA
Ola amiguiños e amiguiñas! Unha vez máis estamos aquí para agradecer ás familias as súas visitas as aulas para contar contos de amizade e paz. Tamén para compartir coas aulas dos pequenos lecturas, parladoiros e xogos relacionados con todo aquelo que dominan. Así ao longo destes meses tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca a :
Fátima a nai de Martín de 2º. contoulles o conto Un huevo muy bueno de Jory John. unha historia divertida e encantadora para lembrar a importancia e o coidado de cada un de nós e a aceptación dos que queremos.
Tamén estivo por aquí Bea a nai de Eloi de 6º. Falaron do Entroido e mantiveron un parladoiro dos perigos que esconden as redes sociais.
Outra visita que nos gustou moito foi a de Iago, primo de Noela de 5º. Achegouse a nosa radio para falarnos dunha das súas aficións e case traballo: O Balonmán. fixémoslle unha entrevista en Radio Garabullo e despois recibiron unha sesión de entrenamento.
A nosa última visita. ata o de agora, foi Yolanda a nai de Laura de 1º de primaria e de Lucía de 3 anos. compartiu con todo o alumnado de infantil e 1º La gran fábrica de las palabras de Agnes de Lestrade e de Valeria Docampo da editora Tramuntana. Unha lectura de amor e amizade que nos engachou ata o último momento.
viernes, 16 de febrero de 2024
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 13 de febreiro foi o "Día Mundial da Radio" e a nosa radio: Radio Garabullo, celebrouno moito co Entroido e os seus programas foron emitidos tanto en Radio Voz coma en Ponte nas Ondas. Para Radio Garabullo é un orgullo poder escoitarvos noutras radios. Sodes os mellores locutores do mundo e se queredes ver os vosos programas picade na imaxe:
Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" emitido o luns 12 de febreiro, tedes que picar aí, no 12 de Febreiro de 2024:Ponte nas Ondas, non esquezades picar na imaxe e na parte que se corresponde co noso cole:
lunes, 12 de febrero de 2024
RADIO GARABULLO EN RADIO VOZ
Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o día . Hoxe en Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" podedes escoitar dúas entrevistas. Unha feita por Mariña e Izan de 4º a Xosé Filloy para saber máis dos Baldréus. Outra feita polo alumnado de 6º a Xosé Casal acerca do Alto dos Xenerais de Bandeira. Ambas podedes escoitalas a partir da unha.
viernes, 9 de febrero de 2024
UN MANDADIÑO PARA O VENRES
Ola garabulliños e garabulliñas!
O venres está a comezar
tedes que vos disfrazar
calquera cousa vale para gozar.
jueves, 8 de febrero de 2024
José e o Entroido de Bandeira
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como todos os anos o alumnado deste cole participa no Alto dos Xenerais Infantil. Coma todos os anos mañá temos o Alto en primicia para nós. E coma todos os anos José axuda a asociación do Entroido á preparación do Alto Infantil. Se ademais temos en conta que o vindeiro día 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e piden que fagamos algún programa de radio relacionado co Entroido... Xuntamos todo e invitamos a José para facerlle unha entrevista sobre o Entroido. Os encargados de facela foron os nenos e nenas de 6º e foi unha mañá moi divertida e entrañable na que aprendemos moito do Entroido. Non deixedes de escoitala!!



.jpeg)










