viernes, 24 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves 23 de febreiro foi o "Día de Rosalía". Xuntos celebramos o nacemento dunha muller que loitou pola súa terra, pola súa lingua e pola súa condición de muller que amaba escribir.

Un dos seus temas favoritos era a Natureza da que era defensora. A súa planta favorita os pensamentos e a súa árbore o roble.

Nós tamén quixemos rendirlle o seu merecido homenaxe. Limos os seus poemas e creamos distintas composicións para entre todos facer nacer a Flor de Rosalía que loce na entrada do cole.

O día 23 estivo cheo de actividades dende ver un vídeo da Biografía de Rosalía de Castro (picade no enlace para voltar a velo), facer chapas propias decoradas por vós e con a palabra que máis vos achegaba a Rosalía. Tamén fixemos a visita virtual á casa de Rosalía de Castro situada en Padrón e rematamos a xornada plantando pensamentos, a flor preferida da nosa autora homenaxeada, que agora locen nas fiestras da biblioteca.

Un fermoso día moi especial recollido neste vídeo:

miércoles, 22 de febrero de 2023

MÁSCARAS NATURARTE

Ola amiguiños e amiguiñas!! A natureza está presente en todo o que nos rodea e a nosa labor é coidala, respectala e valorala. A natureza é vida e a súa esencia está presente en todo. Este ano dedicamos o proxecto da biblioteca a combinar Natureza e Arte. Estamos aprendendo que dunha pedra temos un símbolo de paz, dun pau ou dunha tora dun tronco un adorno para Nadal, de papeis vellos corazóns de amizade....

Seguindo esta idea decidimos facer os nosos antefaces para o Entroido aproveitando o que imos encontrando no patio, nos camiños ou de camiño ao lixo. A verdade que fixemos antefaces ben bonitos e para mostra este resumo!!



OS CACHARELOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 15 de febreiro contamos coa visita de dous cacharelos. Tapando a cabeza unha careta que lembra a obra "O Mascarón de Laxeiro", o traxe cheo de cintas de cores amarelas, laranxas e vermellas que lembran as lapas das lumieiras de San Xoan, na cintura catro ou cinco chocas que marcan o paso do Cacharelo e dan ese aire de festa, sorpresa e medo. Correndo co seu son acompasado e na man un toxo "Os Cacharelos de Lalín" chegan ao patio chamando a atención de maiores e pequenos. Pouco a pouco os nosos cacharelos paran o seu xogo para dar a coñecer o seu pequeno Entroido. Un Entroido de barrio que está a nacer e que pouco a pouco está a gañar gran recoñecemento na vila e na comarca.

Despois dunha mañá de carreiros e xogos cos cacharelo
s tivemos a sorte de poder facerller unha pequena entrevista. Escoitade!!

E se queredes... Aquí podedes ver que ben o pasamos...

martes, 21 de febrero de 2023

OS DISFRACES DO ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Chegou o Entroido cargado de risas, de emoción e de gañas de pasalo ben. Todos disfrazados e cada un ao seu xeito. Uns  máis inxeniosos, outros máis divertidos e outros máis tradicionais. Pero todos disfrazados e con gañas de pasalo moi ben e de comezar a festa e a parranda. Queredes lembrar o guapos que íbades todos? Ollade!!

lunes, 20 de febrero de 2023

ALTO DOS XENERAIS INFANTIL 2023

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis tivemos a sorte de poder ser os primeiros en disfrutar do Alto dos Xenerais Infantil. Dende hai moitos anos, o noso querido José, creaba as arengas co alumnado do cole e os preparaba para o Alto Infantil. 

Este ano cambiou un pouco, pero o traballo foi o mesmo. José apoiando á organización do Entroido de Bandeira formou, un ano máis aos nenos e nenas do Alto. Coa gracia que os caracteriza e os conselliños que el sabe dar, foron compoñendo as súas arengas para darlle vida ao "Alto dos Xenerais Infantil". Un espectáculo emocionante e divertido que nos encanta ver cada ano.

Grazas a todos e a todas as que fixechedes posible este momento!!

miércoles, 15 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do xoves

Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Xa toca mandar 

o xoves está a chegar 

e o mandadiño hai que acatar


Cunha gravata

ou unha bufanda

tapa a garganta

para saír de parranda.



OBRADOIRO DE ORIGAMI

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de Valores de 3º investigaron sobre a hitoria e curiosidades do "Origami". Aprenderon a facer moitas cousas pregando papel e fixeron un mural para amosarnos o que descubriron.


Pero coma son moi inquietos e inquietas decidiron seguir co proxecto e contarnos todo o que aprenderon a través dun podcast que emitiron en Radio Garabullo.


Ademais impartiron un "Obradoiro de corazóns💕" en todas as aulas de infantil e primaria. Xa todos aprendemos a facer un corazón de origami e o lucimos hoxe para festexar o "Día de San Valentín" e o "Entroido". 

martes, 14 de febrero de 2023

Libriños collín polo San Valentín

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramoso o San Valentín 💗, para nós o "Día do Amor e a Amizade 💖", e... que mellor xeito de compartir amizade e cariño que coa lectura? Coma sempre dende a Biblioteca deixamos moitos libros para compartir. Agardamos que gocedes dos momentos de lectura compartido!!



OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do mércores

 Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Xa estamos na metade da semana!!

Preparádevos para sorpresiñas...

E para unha boa foliada.


Non deixedes de cubrir

cun pucho a cachola.

Moito queremos rir!!

Nesta divertida troula




QUE SABES DO ENTROIDO?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está aquí o Entroido. Sei que sabedes moito deste tema que vén acompañado de disfraces e parrandas, pero... Atrevédesvos a xogar na aula con este xogo? Foi elaborado polo e EDLG do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña e compartido con todos os coles galegos.