lunes, 31 de octubre de 2016

QUE LE VALENTÍN?

Chegou o SAMAÍN!!!
As vasoiras aparcaron na entrada do noso cole. Vasoiras medorentas que nos acompañaron esta semana de bruxas, meigas, contos e lendas.
Visitaron as nosas aulas bruxas e demos, vimos zombis bailando na entrada e a Santa Compaña, tivemos medo e risas, conxuros e beberaxes saborentos, bailamos e corremos e agora... DESCANSAMOS!!!.
Entre as vasoiras estaba Valentín, o esquelete lector, tamén estaba o voso reto. Que le Valentín no Samaín?


Cada día Valentín pasaba pola biblioteca e collía libros de medo. Libros de nenos e maiores... pero, que libros escollía Valentín? Era difícil seguirlle o ritmo. Cada vez que viamos a Valentín tiña un novo conto.
Fostes vós os que lle seguistes o rastro. Puiden ver como anotabades cada conto para saber os gustos do noso amigo. Agora espero que me traiades o listado dos libros deste "Esquelete lector" e darvos a vosa recompensa. Agárdovos na biblioteca coas vosas listaxes e así poder gozar todos dos contos de Valentín!!
VINDE A BIBLIOTECA!!!

lunes, 24 de octubre de 2016

FESTA DA BIBLIOTECA!!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa chegou o tan ansiado momento. Hoxe celebramos o "Días das Bibliotecas Escolares".
Ao longo destes últimos días os vosos compañeiros e compañeiras de 6º foron facéndovos preguntas da biblioteca. Coas vosas respostas e a visión que eles teñen dela fixeron un vídeo.

Deste xeito vivimos unha xornada entrañable e divertida. Localizámonos na película, lembramos as normas da biblioteca e vimos a nova colocación dos ordenadores e das mesas de traballo, recoñecimos aos novos axudantes de biblioteca, descubrimos un novo andel de xogos, o alumnado novo no centro recibiu o seu carné... e finalizamos a xornada co agasallo que deixei para todos vós: Un lapis e un marcapáxinas cunha pequena mensaxe na que vos animo a crear as mellores obras do mundo.

Animádevos a úsalo. Ese lapis ten o poder de poñer no papel o que xa está, dende sempre, na vosa mente.


FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!


Coma sempre aquí deixo o vídeo e unhas fotos para que ensinedes na casa.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!






  


jueves, 20 de octubre de 2016

EN LEMBRANZA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Antes de abrir as portas da nosa biblioteca non podíamos deixar de facerlle unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz.

Agustín foi e é un dos escritores máis recoñecidos no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega e internacional, xa que algunhas das súas obras foron traducidas a varios idiomas. Unha das cousas que máis lle gustaba era que lle contasen historias, mais el tamén as sabía contar.

Cría que as palabras posuían a forza necesaria para cambiar o mundo e afirmaba que os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir.

Nós seguiremos o seu consello para dende a nosa biblioteca cambiar o mundo.

Grazas pola túa obra e bo camiño Agustín!!!



Aquí queda o mural en lembranza de Agustín Fernández Paz feito polo alumnado de 3º.



domingo, 26 de junio de 2016

DESPEDIDA DE ALMUDENA

Xa remataron as clases!!!
Os metres andan polo cole acabando de recoller as súas aulas e preparando a documentación para que continuedes os vosos estudos dentro e fóra da escola.
A min tócame pechar o Blog ata o vindeiro curso, coller as miñas maletas para visitar novas bibliotecas e descubrir novos libros e contos para ensinarvos e ler xuntos.
Buscaba o mellor xeito de decirvos adeus, como mandarlle  unha aperta  aos nenos e nenas de 6º aos que vin medrar nesta biblioteca e pedirlles que non se esquezan de seguir lendo e visitando as bibliotecas... Cando atopei un agasallo de Almudena de 6º. Un conto e unha carta adicada a todos os nenos e nenas que estaban dispostos a mergullarse na lectura para que continuaran lendo e viaxando cada día dende as súas casas ao mundo da fantasía e da imaxinación.
Así pois. FELICES VACACIÓNS E ATA O VINDEIRO ANO. E Empregando as palabras de Almudena dígovos:

"Eu levo a lectura por todo o mundo!...
e ti?"








Entrevista a Antonio Manuel Fraga

Ola amiguiños e amiguiñas. Xa sabedes que tivemos aquí a Antonio Manuel Fraga. O escritor de Xildas, O grilo máxico ou O castañeiro de abril. Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º falaron con el e fixéronlle moitas preguntas. Os nenos e nenas de 2º quixeron deixarnos un resumo desa entrevista con Antonio Manuel Fraga.
Grazas amiguiños e amiguiñas polo voso traballo.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


AS BOLSAS DE LIBROS PARA O VERÁN

Le no verán, non sexas lacazán!!! é o lema da biblioteca para o verán.
Este ano ampliouse a posibilidade de ler libros no verán aos nenos e nenas de 6º, asegurámonos así de que veñan a vernos para o vindeiro ano.
Ata aquí chegou este curso cheo de ilusión e moito traballo. Agora as merecidas vacacións e a lectura para gozar do tempo libre.
FELICES VACACIÓNS!!!
E XA SABEDES... VÉMONOS NAS BIBLIOTECAS!!!


sábado, 25 de junio de 2016

CRISTINA CONTACONTOS EN INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil tiveron a sorte de despedir o curso con Cristina.
A biblioteca estaba a escuras e unha rapaza durmía no chan. Unha fregona que falaba e contos, moitos contos para rematar un ano de moito traballo. Grazas Cristina por unha mañá tan divertida.

viernes, 24 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 2º (2ª PARTE)

Un grupiño de 2º deixounos unhas recomendacións de lectura antes de marchar de vacacións.
Agora si que rematamos.
Grazas a Silvia, André, Cristian e Paulino que recomendaron o Grilo máxico pola importancia que tivo para eles este libro e a ilusión que lles fixo coñecer a Manuel Antonio Fraga. Ademais a recaudación pola venda deste libro vais destinada ás casas de acollida.



Por outra banda Zaira, Santiago, Saúl e Rosalía aconséllannos un libro fermoso Los amantes mariposa. Libro de Benjamin Lacombe basado nunha lenda oriental sobre a loita contra o destino duns xóvenes namorados.


miércoles, 22 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 3º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está rematando o curso, con esta xa terminan as recomendacións de lectura para o verán. Agardo que foran do voso agrado e para todos os gustos.

Sabela, Paula, Carme e Luisa (como xa fixeron un grupo de nenos de 2º) aconsellan como lectura para este verán "O grilo máxico" obra de Antonio Manuel Fraga ilustrada por Antonio Seijas co obxectivo de sensibilizar hacia a normalización dos Centros de Menores.

Xabier recomenda os Sonidos do océano un libro para zambullirse nos océanos do mundo e descubrir a maxia da vida mariña ambientadas con sonidos das profundidades.

Sara aconsella Macavity é un poema único. Escrito por T. S. Eliot, define ao gato máis travieso do mundo, que nunca deixa rastro, que sempre ten coartada, e que cando chegas... nunca está.


Elena e Lía rematan estas recomendacións con Eu curareite dixo oso pequeño. Janosch conta nesta historia que cando tigre pequeño enferma, oso pequeño preocúpase  de coidalo e todos os vecinos do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.

Por último lembrar que todas as nosas recomendacións están acompañadas da canción "Xan de Outeiro" que podedes atopar no CD de Pelo gato 24.







martes, 21 de junio de 2016

RECOMENDACIÓND DE 6º

Ola amiguiños e a amiguiñas. Hoxe son os nenos e nenas de 6º os que deixan as súas recomendacións. Libros para os que lles gusta ler, cheos de acción, sensibilidade e respecto. Unha elección moi variada, para todos os gustos. Fenomenal para acompañarnos oa longo das vacacións!!

Antía busca a aventura vivindo as andanzas de Puck, escrito por Lisbeth Werner que narra a vida dunha rapaza que atrae os misterios coma un imán. A súa aterraxe nun internado mixto, Egeborg, non podería ser máis accidentado, pero ela conta con dúas armas segredas: as gañas de gozar e a amizade.

Pola súa banda Brais e Juan aconsellan Los fieras fútbol club. É un equipo de fútbol diferente, unha pandilla de dez nenos, unha nena e un can que están tolos polo fútbol, que viven ao límite e que xogan sen complexos. Neste libro de Joachim Massannek atoparon uns iguais cos que pasar o seu verán.


Irune aconsella Ás de mosca para Anxo, un libro de Fina Casalderrey. Neste conto coñeceremos a Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria - que recibe clases de apoio-, demostrará aos seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.

Xoana toma o camino da aventura e da intriga. Recomenda El enigma de la Esfinge un libro de María Mañeru. Narra as aventuras protagonizadas polos irmáns Callender, membros do Club dos Sabuesos, rapaces cunha enorme curiosidade e un grande espíritu de aventura...

Almudena lánzase a recomendar un conto diferente; Esmeraldina, a pequeña defunta, de Ledicia Costas, que narra o camiña de Esmeraldina para converterse nunha pantasma de verdade.

Lucas e Marco finalizan esta quenda de recomendacións amosándonos que podemos ler en calquera lugar e que todo vale para ler. Nesta ocasión escolleron A lección de August, conmovedora historia de R J Palacio, na que coñeceremos a August un neno coma todos por dentro pero distinto por fóra. Este ano todo vai a cambiar para el. porque vai a ir, por primeira vez,  á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se aprende nas aulas nin nos libros de texto: crecer na diversidade, aceptarse tal e como é, sorir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.