jueves, 17 de diciembre de 2015

RECOMENDACÓNS DE LECTURA


Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos na recta final. As vacacións chegan cedo e nós liados cos  preparativos para o festival, os últimos exames e as actividades que temos que rematar para empezar as vacacións, e gozar do noso tempo de lecer. E... que mellor xeito que aproveitar as vacacións de Nadal que adicando un cachiño do noso tempo a lectura?
Déixovos unha selección duns contos moi divertidos e interesantes para ler nas vacacións ou pedir de agasallo nestas datas.
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Os contos do Magosto

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa case está a rematar o outono. Un outono que trouxo contos como Feliz Feroz, Un cóndor en Madrid ou A vaca Victoria... entre outros.
Mentres as  follas secas e douradas caían chegaba o San Martiño e toda escola reuniuse no patio para a un so berro lanzar os trompos no recreo.
As carreiras e os xogos tradicionais sucedéronse no Magosto que rematou coas mellores castañas asadas do mundo. As castañas de Mejuto que máis que estourar... querían avisar de que a festa non podía rematar!!
Xogamos, comimos castañas, pintamos as fazulas, botamos carreiras e como non? Cantamos tamén... 
O outono segue traendo frío e agora na biblioteca atoparedes os mellores contos para quecer lendo....
Un saúdo e xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 1 de diciembre de 2015

ATA SEMPRE MESTRE NEIRA VILAS

Esta fin de semana dixémoslle adeus a un grande escritor, amigo, mestre,...
Neira Vilas dicía que as cousas pequenas son as que aportan pequenos momentos de felicidade. El trouxo un deses momentos de felicidade á nosa escola. Falando con todos, dende os cativos de 3 anos ata os maiores de 6º de primaria, foi quen de atraparnos nas súas historias e nos seus contos.
Nestes días non atopamos mellor xeito de homenaxealo que recordando aqueles momentos tan importantes para nós e que forman xa parte da nosa biblioteca e das nosas vidas!!!




NOVIDADES DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa tedes as novidades que foron chegando ao longo do mes de novembro a nosa biblioteca. Non perdades a oportunidade de ser vós que as recomendedes!!.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 25 de noviembre de 2015

Tod@s contra o maltrato

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe celebramos unha data especial: O Día contra a Violencia de Xénero.
A través de Todos contra o maltrato os nenos e nenas de 6º comezan unha actividade  que terá o seu remate o Día da Paz.
Un vídeo que quere facernos cavilar na forza da palabra, dos xestos, das actitudes... ollemos un vídeo que non pode deixarnos indiferentes.
Esta é a presentación que os rapaces e rapazas de 6º fan do seu vídeo:


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Considérase violencia de xénero ao maltrato contra a muller por selo.

Queremos mostrarvos un vídeo no que participamos os alumnos e alumnas de 6º para conmemorar esta data. Na realización do mesmo,  serviunos de inspiración un vídeo contra o acoso escolar,  titulado: El poder de las palabras.

Actualmente a gran maioría da sociedade considera inxustificable calquera agresión física, que ademais de verse facilmente, pode deixar marca; pero a violencia ten un sentido moito máis amplo.

Nós centrámonos no poder que teñen as palabras para facer dano  á persoa, neste caso á muller.

Este vídeo ten unha segunda parte que consiste na representación das mesmas escenas, pero de forma respectuosa. Realizaremos este traballo desde agora,  ata o Día da Paz".

Parabens rapaces e rapazas por un fantástico traballo que ansiamos ver rematado!!!


viernes, 6 de noviembre de 2015

TI ERES A VIDA

Ola nenos e nenas!!
Hoxe diríxome a vós para lembrar unha actividade que fixemos todos xuntos a mediados de outubro.
Ao longo de setembro e outubro, unha cadea de radio, CADENA 100, andaba a organizar uns concertos. Quería recaudar cartos para investigar unha dura enfermidade que sofren moitas mulleres: O CANCRO DE MAMA.
"Maldita Nerea" é o nome dun grupo que compuxo un tema para esta ocasión. Os cartos recaudados tamén serán invertidos na investigación desta enfermidade. O compositor da canción pedía vídeos onde saíra a frase "TU ERES LA VIDA".
Dende a escola quixemos contribuír a facer o noso vídeo pero non o puidemos mandar a tempo. Mais sabemos que nunca é tarde para enviar o noso apoio a esas grandes loitadoras, porque como di a canción ELAS SON A VIDA.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS A BIBLIOTECA!!!



Ollade como fixemos o cartel!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow made with Smilebox

A biblioteca nos Recreos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Grazas polas vosas visitas á biblioteca durante os recreos.
É unha ledicia ver como vides a ler, traballar, coller contos, xogar,... 
Temos unha biblioteca viva e esta é a mostra.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



GARABULLO vai a 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Saúdo especialmente aos nenos e nenas de 2º. Hai un par de semanas deixáronme un montón de debuxos na miña caixa de conversas.
Vendo a ilusión e as gañas de traballar deste curso fixo que fora ata a súa aula e lles pedira que prepararan contos para lerlles
aos nenos e nenas da escola.
Esta semana descubrín que xa fixeron equipos e que teñen os contos seleccionados.
Agora tócalles traballar!!
Dende aquí doulle as grazas e deixo a foto que nos fixemos cando os fun visitar.
Estou desexando escoitar os vosos contos!!
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Yo mataré monstruos por ti

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aproveitando as festas de Samaín, Lucía de 5º recomenda que leades "Yo mataré mostruos por ti".
de Santi Balmes, da editorial Principal de los libros. Neste conto vemos como Martina é unha rapaza que ten medo polas noites. Pensa que debaixo do solo da súa habitación escóndese un mundo no que viven uns monstruos que camiñan cabeza abaixo. Que pasaría se a frontera entre os dous mundos se rompera?
Xa tedes o libro na Biblioteca!!!
Luci deixa a súa recomendación e ...
Xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 27 de octubre de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas.
Grazas a axuda dos rapaces e rapazas de 6º, os novos axudantes de biblioteca, puidemos celebrar este día cun vídeo co que ademáis de divertirnos lembramos as normas da Biblioteca.
Presentamos un novo ano cheo de sorpresas. A biblioteca vai amosar máis vida que nunca.
Veredes coma este ano, eu, Garabullo, vou aparecer nas vosas aulas (en 2º xa estiven).
Ides presentar os contos que me pedides e contar moitos contos. Investigar e explorar vai a ser o noso punto de partida, a meta aprender moito e divertirnos no camiño.