jueves, 30 de abril de 2015

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que me gusta moito ver como ledes.
Para min o Día do Libro é un día de FESTA!!!
A ilusión coa que buscades os contos para as lecturas compartidas; ver como todos os recunchos valen para a lectura e aprender que todas as compañías son boas para ler... fan grande este día
Trocamos ideas por agasallos. As cousas que ten que ter o noso conto ideal a cambio dun conto.
Para agradecer esas lámpadas que iluminan a nosa imaxinación e creatividade deixo este vídeo para que non esquenzades este día de lecturas compartidas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 24 de abril de 2015

CONCURSO DE CONTOS DA ANPA


Este ano para celebrar o Día do Libro a ANPA propúxonos un concurso de contos. Cada neno e nena de xeito voluntario tiña que escribir un conto acorde a súa capacidade.
Foi unha actividade moi interesante e saíron contos moi fermosos. A ANPA agasallou a cada neno e nena cun diploma de participación neste primeiro concurso e cunha sorpresa. As gañadoras foron Sabela de 1º ciclo, Aroa de 2º ciclo e Mariña do 3º ciclo que levaron un fermoso lote de libros.
O xurado estivo composto polo director do centro, unha mestra xubilada e a concelleira de educación.
Ao longo da semana colgaremos un anaco do conto das gañadoras e un vídeo dos participantes. De momento aquí quedan as gañadoras.


Os contos quedarán na biblioteca para que todos e todas poidamos gozar deles e ver que coa imaxinación conseguimolo todo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Onte celebramos o Día do Libro na escola.
Xa pola mañá aparecía un mural preguntando que cousas tiña que ter un conto... 

Á hora de ler, pequenos e grandes aproveitando as instalacións do cole, a entrada e os pasillos, escollíades a un compañeiro ao que contarlle un conto. Un conto escollido por vós e preparado para lerlle con toda a ilusión do mundo. Todos mirando os contos e lendo os contos. Enchendo a escola de imaxinación, de letras, de debuxos, de vida e de ledicia a través da lectura.
Rematamos esta xornada cambiando unha idea por un libro. 
Que ten que ter un conto? Cada un de vós aportoulle ideas á biblioteca para saber o que máis vos gusta. As cousas que teñen que ter os contos que día a día levades en préstamo para as vosas casas.
Ideas curiosas, novedosas, tradicionais, orixinais,... encheron o mural que quedou así. Amanecía baldeiro e rematou cheo de ideas!!!... 
Agora toca empregar as vosas ideas para escribir os nosos contos!!!
Por que non?

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 8 de abril de 2015

Continuamos a nosa investigación

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa remataron as vacacións e queda o último tramo do curso.
Hoxe, achégome a vós para lembrarvos a cantidade de libros de investigación que tedes na biblioteca. Libros moi interesantes e útiles para dar resposta ás miñas dúbidas de "Garabullo quere saber"





Lembrade vixiar as vosas froiteiras e se hai dúbidas de como coidalas, xa sabedes que a biblioteca é o lugar ideal para solucionalas...
Gustouvos o video da plantación na páxina de VOZ NATURA ?

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 11 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Xa chega a Semana da Prensa. As xanelas da escola ábrense ao bo tempo e as novas que veñen de fóra.

Os xornais enchen as nosas aulas, os novos xornalistas, de todas as idades,...



... buscan o súa exclusiva nas aulas, nos corredores ou nos patios, na prensa ou nos telediarios. Armados con lapis e papel recollen todo o que na escola ven e no mundo acontece para facer brotar as novas do CEIP Ramón de Valenzuela.


8 DE MARZO

Un ano máis dende a escola sumámonos á conmemoración do 8 DE MARZO: O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Por un lado achegámonos ao significado desta data a través da lectura. A importancia da muller na vida da familia, na casa, no traballo...
Por outro lado fixemos un mural entre todos os nenos e nenas da escola onde rendimos unha pequena homenaxe as nosas nais e a todo o traballo que fan. Coas nosas verbas e cos nosos debuxos recoñecemos a importancia da nosa nai e do seu  traballo, rematando a frase "A miña nai traballa...".


GARABULLO QUERE SABER

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Este ano a biblioteca puxo como tema para investigar: Que plantamos para comer?
Trátase dun tema bastante amplo. Hai moito material e moitas posibilidades. Aquí tedes algunhas propostas para os distintos cursos!!
Agardo as vosas respostas!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 1 de marzo de 2015

O CARBALLO CON BOTAS

No mes de novembro os nenos e nenas de 5 anos estiveron a traballar un libro que conectaba horto e natureza con lectura.
Traballaron un conto de Anxo Moure. O CARBALLO CON BOTAS

Deixáronme esta nota na biblioteca para contarnos o que fixeron:


 Nas seguintes fotos deixamos un resumo da súa actividade





E para rematar o seu traballo con este conto viñeron á biblioteca a contalo no noso blog de VOZ NATURA  



 
Un traballo moi fermoso!!!!
Seguide así e non esquenzades de contarme o que facedes!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

miércoles, 25 de febrero de 2015

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA na escola

Hoxe reunímonos na aula de usos múltiples para celebrar o "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO".
O centro sumouse á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que nos convidaron a realizar actividades encamiñadas a afondar na obra e na vida de Rosalía, e que así cada un de vós fose quen de descubrir con que facetas da nosa autora se sentía máis indentificado.
O vídeo resultante da gravación de "Eu son Rosalía cando..." foi proxectado hoxe na escola.
Despois tivemos unha doce sorpresa. A ANPA BRINCADEIRA agasallounos cunha lambetada, para celebrar este día. Unha lambetada que pintou a nosa "lingua de cores". Foi unha sorpresa fantástica e dende aquí dámosvos as grazas por ese doce momento.

Tamén dámoslle as grazas ao CONCELLO que enviou un marcapáxinas de Rosalía para cada un dos nenos e nenas da escola. Para que non esquenzamos a importancia desta poetisa coa que descubrimos que temos moitas cousas en común xa que... 


TODOS SOMOS ROSALÍA


lunes, 23 de febrero de 2015

EU SON ROSALÍA

Un 24 de febreiro de hai moitos, moitos anos naceu en Galicia unha nena de nome Rosalía que sen sabelo converteuse nunha das mellores poetas en lingua galega e castelá de todos os tempos.
Nós como moitos galegos queremos honrala, hoxe e cada 24 de febreiro, polo importante que foi para nós o seu amor polo galego e por Galicia.
Sabemos que cada un de nós leva un pouquiño de Rosalía no seu corazón e en cada unha das caras da súa vida.
Todos somos Rosalía tal e como algúns dos vosos compañeiros amosan neste vídeo e EU, Garabullo, SON ROSALÍA cada vez que estou orgulloso de ser galego.