viernes, 21 de febrero de 2025

Día de Rosalía

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o "Día de Rosalía de Castro" e lembrámosvos que ademais de todas as cousiñas que tedes para traballar na aula podedes voltar a ver este vídeo que se fixo hai anos no cole ou o traballo de Rosalía que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras de 4º o ano pasado.

TRABALLO DE ROSALÍA: Feito polo actual alumnado de 4º o curso pasado en colaboración co CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro



VÍDEO DE ROSALÍA: Este vídeo fíxose hai anos no cole con algúns de vós e con compañeiros que xa non están. Serve para aprender moito de Rosalía. E agora é o momento de recordalo. Despois de velo podedes pasarvos pola biblioteca que tedes un xogo fantástico para ver o que aprendestes.

jueves, 20 de febrero de 2025

OS MANDADIÑOS DO ENTROIDO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o Entroido e para adiantar os vosos disfraces os nenos e nenas de 2º propóñennos os mandadiños do Entroido para este ano. Ide buscando unha cousiña para cada día. Xa sabedes!

Non se acumulan!!

Cada día un complemento distinto!!

 O último día DISFRACE LIBRE!!


Os mandadiños:






miércoles, 19 de febrero de 2025

LUNA LLENA

 

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana Lía Enríquez e María Fé de 6º estiveron en Radio Garabullo para recomendarnos un conto moi chulo. Luna LLena de Antoine Guillope. Así nolo presentan:

martes, 18 de febrero de 2025

TRES ANOS APRENDE A FACER CHAPAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os nenos e nenas de 4º de infantil visitaron a biblioteca e aprenderon a facer as  súas chapas. Mirade como traballaron e o ben que o pasaron.

4º visita Radio Pontevedra (Cadena Ser)

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá dia 19 de febreiro o alumnado de 4º visitará a emisora de Radio Pontevedra, Cadena SER, en Pontevedra para recibir unha formación de Radio na propia emisora. Despois participará en directo na emisión do programa "Hoy por hoy Pontevedra", para conectar no dial 98.7 FM ou picando na imaxe.



TEATRO DE 1º

 Ola amguiños e amiguiñas!! Hoxe os nenos e nenas de 1º de Primaria interpretaron "Os tres Porquiños" e "Carapuchiña Vermella" para o alumnado de infantil. Tiñan ata entradas e foi moi divertida. Pasámolo xenial!!

lunes, 17 de febrero de 2025

APRENDAMOS XUNTOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos o "Día dos Namorados e da Amizade". Despois dunha semana de traballo en Polos Creativos con materiais variados as distintas aulas fixeron pulseiras para agasallar aos  compañeiros e compañeiras . Queredes ver como quedaron e o felices que fomos intercambiando os nosos agasallos?

TEATRO DA MAN DO ALUMNADO DE 1º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe estamos de sorte! Os nenos e nenas de 1º van a representar dous contos para os compañeiros e compañeiras de infantil: 

Os tres porquiños e Carapuchiña Vermella

Temos entrada e todo!!


sábado, 15 de febrero de 2025

CHAPAS EN 5º DE INFANTIL

 

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 13 de febreiro os nenos e nenas de infantil visitaron a biblioteca. Estiveron mirando contos e xuntos leron Chuvisca un conto de Fernando Pérez Hernando da editora Kalandraka.

Despois aproveitaron para facer unhas chapas para levar de recordo.






viernes, 14 de febrero de 2025

TITORIAL DE CHAPAS POR 2º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de 2º foron a Polos Creativos para facer chapas con motivo do Día Mundial da Radio. Aproveitaron para deixar un titorial de como se emprega a chapadora e fixéronnos un cartel moi chuli. GRAZAS!!