Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes participamos na "Liga Saudable" PLÁTANO DE CANARIAS. Dende este blog favorecemos que poidades entrar nos enlaces para xogar dende a casa e participar neste concurso tan divertido. Os compañeiros e compañeiras de 3º pasaron a primeira ronda gañando un PREMIO para o cole. Moitos Parabéns polo voso traballo!!! Pinchade na imaxe para velo.
viernes, 14 de febrero de 2025
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este foi o programa que fixeron os nenos e nenas de 1º para presentar aos seus compañeiros e compañeiras de 5º e celebrar así o "Día Mundial da Radio".
Este ano o alumnado de 5º de primaria participou na celebración do Día Mundial da Radio emitindo dende Radio Garabullo un podcast sobre o Cambio Climático, colaborando así con Rede Espora e Ponte nas Ondas. Non esquezamos, ademais, que este ano o "Día Mundial da Radio" está dedicado "A radio e o cambio climático". Con esta iniciativa preténdese dar apoio ás emisoras de radio na cobertura periodística deste tema.
tamén emitiu o noso programa dende a súa canle. Premede na foto para escoitalo, temén poderedes escoitar os de outras Radios Escolares. Programas interesantes e divertidos sobre o "Cambio Climático".lunes, 10 de febrero de 2025
ENTREVISTA A CARMEN DE 4º
Ola amiguiños e amiguiñas! O semana pasada foi o aniversario de Carmen de 4º. Lola, Henar e Martina de 4º decidiron facerlle unha entrevista para saber como pasou o seu día. Escoitámolas?
jueves, 6 de febrero de 2025
Visita da mamá de Leire de 3 anos
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores tivemos a sorte de contar coa visita da mamá de Leire de 3 anos que ver a facer unha visita a infantil e aproveitou para contarnos dous contos: Voy a comedte e "lmer.
Voy a comedte de Jean Marc Derouen
Elmer d eDavid Mckee
Que ben o pasaron!!
AS BOLBORETAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Os vosos compañeiros e compañeiras de 4º despois de traballar co conto "A bolboreta Arlequina" quedaron prendados polas curiosidades das bolboretas. Decidiron investigar e isto foi o que descubriron.
lunes, 3 de febrero de 2025
A bolboreta que visitou infantil
Ola amguiños e amiguiñas!! Hoxe no patio de infantil tivemos a sorte de ter unha fermosa visita. Despois de tanto escoitar falar da "Bolboreta Arlequina" unha bolboreta veu a posarse nas mans de Aroa de 5º de infantil. Que emocionante!!
SAEN AS MOCHILAS DE INFANTIL
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe comezaron a saír as primeiras mochilas de lectura de infantil. Con moita ilusión viñeron no recreo a escoller os seus contos. Ollade que contentos!!
domingo, 2 de febrero de 2025
ROSALÍA MORLÁN
Ola amguiños e amiguiñas!! Este ano celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz" dun xeito diferente. Falando e aprendendo moitas cousas e palabras bonitas da man de Rosalía Morlán. Grazas a asociación AÚPA DEZA tivemos a sorte de coñecer a esta escritora tan marabillosa, autora de "A bolboreta Arlequina".
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Dende aquí damos as grazas a asociación AÚPA DEZA e a Rosalía por unha xornada que os nosos nenos e nenas non esquecerán. De momento picando na foto o comentario da prensa e pronto máis cousiñas da visita de Rosalía.
LECTURAS DA PAZ EN PRIMARIA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos coas "Lecturas pola PAZ". Neste caso dos nenos e nenas de primaria. Compartiron tres contos en tres días:
Ladrón de palabras de Nathalie Minne
LECTURAS POLA PAZ de 6º a infantil 1º e 2º de Primaria
Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana dedicada á Paz.
Cada ano o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a PAZ. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, e o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz son os motivos para conmemorar esta data e para NÓS a lectura o camiño.
A lectura cos compañeiros e compañeiras dentro da aula, e a lectura dos maiores aos pequenos.
Os nenos e nenas de 6º achegáronse aos cursos de infantil, 1º e 2º de primaria para contarlles un conto da PAZ e falar del cos pequenos.
Queredes velos contar?
Aquí temos a María Fe, Marco e Lía Enríquez contando a infantil Juan Gris de Zuriñe Aguirre.



.jpg)








.jpg)