domingo, 2 de febrero de 2025

LECTURAS DA PAZ EN PRIMARIA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos coas "Lecturas pola PAZ". Neste caso dos nenos e nenas de primaria. Compartiron tres contos en tres días:

Ladrón de palabras de Nathalie Minne



Fronteiras de papel de Alba de Evan e Xabier Domínguez.


É rara Makeke de Magda Salgado.



E así o pasamos todos...

LECTURAS POLA PAZ de 6º a infantil 1º e 2º de Primaria

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana dedicada á Paz.

Cada ano o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a PAZ. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, e o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz son os motivos para conmemorar esta data e para NÓS  a lectura o camiño.

A lectura cos compañeiros e compañeiras dentro da aula, e a lectura dos maiores aos pequenos. 

Os nenos e nenas de 6º achegáronse aos cursos de infantil, 1º e 2º de primaria para contarlles un conto da PAZ e falar del cos pequenos.

Queredes velos contar?

Aquí temos a María Fe, Marco e Lía Enríquez contando a infantil Juan Gris de Zuriñe Aguirre.



MaTeo, Xabi e Ramón escolleron Pétala de Pep Bruno.


Noela, Lía García, Sara e Theodora escolleron  A guerra dos números de Juan Darien.

lunes, 27 de enero de 2025

Día da PAZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o "Día da Paz" e estamos a preparar as lecturas propias para estas datas. Este ano contamos coa axuda do alumnado de 6º que nos axudou a escollelas. 

Tamén tivemos a axuda especial de Lía Enríquez de 6º, encargada de facer un cartel con lettering para as lecturas da paz libres. Por outra banda, e empregando as novas tecnoloxías: O CANVA, Mariña de 5º fixo o cartel para as "LECTURAS POLA PAZ".






jueves, 23 de enero de 2025

VISITA DOS XENERAIS DO ENTROIDO DE BANDEIRA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como xa sabedes o pasado xoves tivemos a visita dos Xenerais de Bandeira para animar a todos e todas a participar na Escola de Xenerais do Ulla e... Quen sabe? Acabar formando parte do Alto dos Xenerais Infantil de Bandeira.

Unha arenga feita por un Xeneral foi o reclamo, e xa sabemos que moitos e moitas de vós estades apuntados e outros preparándose para este Entroido tan fermoso da Bandeira.

Se queredes coñecer máis cousas do Entroido non esquezades pasar pola biblioteca que vos esperan lecturas de Entroido de Bandeira e do resto de Galicia.








miércoles, 22 de enero de 2025

RECREOS BIBLIO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Gústame moito como cada vez vides máis á biblioteca nas horas do recreo. 

Esta semana tivemos a biblioteca chea de nenos e nenas xogando ao "Plátano de Canarias", facendo a cartelería da PAZ con canva unhas e a man outras. Xogando cos xogos que oferta a Biblio ou coma sempre vindo a escoller as vosas lecturas...


lunes, 20 de enero de 2025

ATENCIÓN FAMILIAS DE INFANTIL

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos todos e todas no mundo da lectura. Tanto nos recreos coma cos vosos titores estades a vir ao centro a buscar as vosas lecturas. As da aula e as do tempo de ocio. Agora tócalle o turno a infantil. A partir da vindeira semana comezaremos cos préstamos de contos para levar para casa. Atentos ao aviso... E lembrade que tamén temos a Biblio aberta os mércores pola tarde (en horario de atención a pais), vides a facernos unha visita?



jueves, 16 de enero de 2025

LAMBECAZOLAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chega o "Lambecazolas". Atendede a información e preparade as vosas receitas.... Xa sabedes , este ano sans e saudables!!



miércoles, 15 de enero de 2025

ENTREVISTA A ROCÍO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos co ciclo de entrevistas feitas polo alumnado de 5º aos mestres do centro. Hoxe con Rocío, a mestra de música e a súa profe de lingua galega, ciencias naturais e plástica. Queredes saber do que falaron? Escoitade!!


martes, 14 de enero de 2025

Visita de Rosalía Morlán

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O vindeiro 30 de xaneiro contaremos coa visita de Rosalía Morlán a autora do conto A bolboreta Arlequina.



miércoles, 1 de enero de 2025

NADAL CREATIVO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos a chegada do Nadal decorando e ambientando a entrada do cole. Este ano escollemos facer pequenos contos ou postais. O Nadal era o tema común, pero cada curso imprimiu nos seus contos/postais unha ollada diferente e creativa. 

Queredes ver como quedaron? Alguhas nenas de 5º de primaria decidiron ensinárvolo a todas e todos. A ver que vos parece!!