viernes, 2 de febrero de 2024

LECTURAS POLA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegou o "Día da PAZ". Viña nun tren cheo de lecturas e acompañado dos mellores desexos dos nenos e nenas deste cole.

Os máis pequenos contaron coa axuda dos nenos e nenas de 6º que lles contaron contos tan bonitos coma Negros e Brancos ou Elmer de David Mckee, Orellas de Bolboreta de Luisa Aguilar ou Frederick de Leo Lionni. 

Os máis grandes aproveitaron as horas de ler para compartir lecturas coma A Fuxida de Berta Davila, El Deshielo de Riki Blanco, El cielo de Afganistán de Ana A. de Eulate ou Batalla de Naipes de Juan Ignacio Pérez Palomares.

Lecturas que buscaban dun xeito ou outro chegar á PAZ e rexeitar as Guerras. Son contos que buscan acadar valores positivos tan importantes coma a solidariedade, o respecto, a amizade e sobre todo a celebración da diferenza. Valores que xa viaxan con nós no noso "TREN DA PAZ".

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO

 Ola garabulliños e garabulliñas!!

Achégase o Entroido e os seus mandadiños

estade atentos a este Blog

e vide ben complementadiños.



XA CHEGA O ENTROIDO

Ola garabulliños e garabulliñas!! Lía Enriquez e Mateo estiveron polos estudos de Radio Garabullo emitindo un pequeno podcast.

O vindeiro venres será a festa do Entroido no cole e queren pinchar música para o patio do cole. Xa saben algúns temas que van a poñer, pero tamén queren contar con vós e os vosos consellos. Escoitade!

martes, 16 de enero de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o 2º programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".

Darío, Carla, Noa e Anny de 4º achegáronse aos estudos de Radio Garabullo para felicitar a todos os nados no mes de novembro e decembro e para contar as últimas novas do cole.

Queredes saber que contaron? Pois dádelle ao play!!

sábado, 23 de diciembre de 2023

Recomendacións de Lectura das Familias

 Ola amiguiños e amiguiñas!! A través do programa "Ler en Familia" chegaron a nós momentos de lectura en familia.

Tamén algunhas recomendacións, coas qye Aloia, Noela e Sara fixeron un pequeno podcast de "Lecturas de Nadal"

jueves, 21 de diciembre de 2023

CALENDARIO 2024

Ola amiguiños e amiguiñas! Coma todos os anos ao chegar o Nadal facemos o noso calendario. Este ano a temática do PDI da Biblioteca é RETALLOS xa que traballamos pequenas cousas para obter un fin común. Os xogos é un dos apartados que temos en mente e estanse a traballar no 2º ciclo, así que aí vai o noso calendario con suxestións de xogos tradicionais. Felices Festas e Feliz Ano.


CONSELLOS DE NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os compañeiros e compañeiras de 2º decidiron ir á emisora de Radio Garabullo para facer as súas primeiras incursións na Radio e deixar uns conselliños de cara ao Nadal. Deixaron uns consellos moi interesantes. Non deixedes de escoitalos!!


miércoles, 20 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!! Remataron os exames e comezamos xa a sentir o Nadal. Estamos emocionados polo festival e polas vacacións. 

Chegan días longos de divertimento e agasallos, cheos de momentos en familia e moito tempo de lecer. Un fantástico tempo para ocupar en xogos, paseos e lectura.

Dende a biblioteca querémosvos a animar a ler en familia e por iso fixemos estas recomendacións lectoras para todos e todas. Animádesvos?




martes, 19 de diciembre de 2023

BIBLIOTECA CREATIVA e adornos de Nadal

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o tempo de Nadal. Hai que decorar o cole e a casa... Aproveitando os recursos da Biblioteca Creativa creamos adornos verdaderamente fermosos.

Colaboraron grandes e pequenos. Así os nenos e nenas de 6º traballaron cos de 5º de infantil e fixeron fotos para crear fermosas postais en canva coas tablets.

Os nenos e nenas de 2º e 4º de infantil fixeron chapas, os de 4º de primaria circuítos con leds para as súas postais e 3º de primaria empregou a impresora 3D para facer os adornos da árbore de Nadal. 1º de primaria usou o lapis 3D e 5º de primaria a máquina de coser. Xa en 6º de infantil aproveitaron a reciclase e a innovación. Ollade o vídeo de como quedou.

domingo, 10 de diciembre de 2023

NOVEMBRO 2023 Lectura e Familia

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O programa de "Lectura e Familia" xa está en funcionamento. Ao longo do mes de novembro abrimos os mércores, e algún xoves, as portas da biblioteca para vivir unhas xornadas de coñecemento da Biblioteca.

Pais, nais, avoas, achegáronse con vós á Biblioteca para compartir xogos cos escornabots, emprego de tablets para escanear códigos QR e ver vídeos feitos polo alumnado de 6º e busca de pista por todos os espazos da Biblioteca. Incluso os nenos e nenas de infantil ensinaron aos papás e mamás a colocar os libros e a xogar cos escornabots e moitas outras actividades.

Grazas Familias pola acollida tan boa! Grazas pola vosa participación e colaboración!!