martes, 14 de febrero de 2023

QUE SABES DO ENTROIDO?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está aquí o Entroido. Sei que sabedes moito deste tema que vén acompañado de disfraces e parrandas, pero... Atrevédesvos a xogar na aula con este xogo? Foi elaborado polo e EDLG do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña e compartido con todos os coles galegos.


lunes, 13 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO do Martes

Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá xa é martes antes de Entroido e Garabullo deixa un novo recadiño. Coma é o "Día dos Namorados e da Amizade" un carazón tedes que traer, non vos podedes esquencer!!



DÍA MUNDIAL DA RADIO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial da Radio". A radio é un dos medios informativos máis emblemáticos e dinámicos a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século.

Para celebrar este día, Ponte Nas Ondas convidounos a participar creando un podcast no que contáramos as cousas que se fan na nosa radio. Irene de 5º e Uxía de 6º foron as encargadas de facer o programa. Falaron de todo o que se fai en Radio Garabullo e, como era de esperar, formamos parte dese grupo de "Escolas nas Ondas" que estiveron emitindo hoxe todo o día para España e Portugal.

Premede na imaxe, escoitade as vosas compañeiras e fedellade nas novas de Ponte Nas Ondas!!





domingo, 12 de febrero de 2023

OS MANDADIÑOS DE GARABULLO

Ola amiguiños e amiguiñas!! 

O Entroido está chegando 

e pensando e pensando 

e rimando rimando 

uns mandadiños fun elaborando.


Xa sabedes!!

Cada día novos mandadiños. 

Non esquenzades vir amañadiños!!




miércoles, 8 de febrero de 2023

DE QUE ME DISFRAZO?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o Entroido e Cova e Carla de 3º prepararon un programa moi divertido para darnos consellos e ideas de disfrace. Queredes escoitalas?

OS IDIOMAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana naceu en Radio Garabullo un novo programa dedicado aos idiomas. Está dirixido por Cova, Zoe e Gaia e no seu primeiro capítulo ensínannos a saúdar en italiano. Animádesvos?

LECTURAS INTERCENTROS II

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cursos nunha lectura. Un dos centros seleccionaba un curso para que, a través de videoconferencia, lese un conto para os nenos e nenas dos outros coles. As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.

Este mes de xaneiro o protagonista foi o noso cole. Aproveitando a celebración do "Día da PAZ" os nenos e nenas de 6º leron para os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e tamén a través de videoconferencia aos nenos e nenas do CEIP Xesús Golmar e do CEIP Manuel Rivero de Lalín e aos nenos e nenas do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe.

Os contos escollidos foron Orellas de bolboreta, Chímpate Pepa! e Oso Atrapabolboretas e aquí podedes ver o ben que o fixeron.

Orellas de bolboreta:

Chímpate Pepa!:

Oso Atrapabolboretas:

martes, 7 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! O "Día Escolar da non Violencia e a Paz" xa rematou pero sempre estará presente en nós. Lemos contos da PAZ, para poder escribir , escribimos para unirnos nun fermoso "Glosario" en formade lapis. Un lapis que nos levou a un conto: O lapis máxico de Malala. Un conto lido por todos os mestres e mestras para todos os nenos e nenas do cole porque aprendemos que: "Un neno, un mestre, un lapis e un libro podemos cambiar o mundo".

Un mundo que comeza na nosa escola onde todos xuntos fomos quen de facer que unhas pedras, imaxe de castigo e dor, fosen pezas fundamentais na creación do noso símbolo da PAZ.  Xuntos podemos cambiar o mundo!

LECTURAS EN PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! O 30 de xaneiro celebramos o "Dia Escolar da non
Violencia e a PAZ". Durante a semana anterior preparámonos para esta actividade con lecturas e debates sobre a lectura. Cinco días e cinco lecturas que rotamos de 1º a 5º. 
Os compañeiros e compañeiras de 6º foron os encargados de achegarlles as lecturas aos máis pequenos do cole. 
Grazas a estas lecturas aumentamos o noso vocabulario e quixemos Escribir as palabras que aprendemos, creando o noso propio Glosario da PAZ.  Un glosario feito nun lapis que xa deixou a súa pegada en nós e agora na nosa biblioteca.



miércoles, 1 de febrero de 2023

Booktubers de 5º "El pequeño Nicolás"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabemos que os "Booktubers" crean contidos para internet, tendo como tema principal os libros e os contos. Sen embargo, os nosos compañeiros de 5º decidiron facer de "Booktubers" ao seu xeito e aproveitaron Radio Garabullo para falarnos dun conto moi divertido e moi propio desta época do ano na que traballamos a PAZ. Trátase dos contos do "Pequeno Nicolás" as aventuras que lle acontecen na escola a un  neno moi travieso e que sempre acaba metido en leas...  Escoitade o que nos contan Irene, Andrés e Asier.

E... se ledes as aventuras do pequeno Nicolás, pasade pola Biblio a contarnos se vos gustaron.