Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Non volo perdades!!
domingo, 21 de marzo de 2021
O HIPOPÓTAMO HIPÓLITO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Radio Garabullo está a coller forza e xa empezan a bulir os programas. Nesta ocasión Sandra de 6º presenta a Marco de 2º que quixo pasarse pola radio a contarnos un conto: O hipopótamo Hipólito.
Escoitade a ver se vos gusta....
Para a semana máis contos aquí no Blog e na nosa canle de Radio Garabullo. Non deixedes de escoitarnos!!
lunes, 15 de marzo de 2021
DÍA DE ROSALÍA 2021
Ola amiguiños e amiguiñas! Como todos os anos durante o mes de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía". Os nenos e nenas achegámonos de moitos xeitos a vida e a obra da escritora galega.
Este ano de pandemia, onde temos que estar separados, unímonos nunha actividade común. Grazas as carautas cedidas por OZOCOGZ papelaría, todos nos convertemon por uns intres en Rosalía de Castro vivindo a súa vida e recitando a súa obra.
Ollade este resumo dunha xornada inesquecible!!
AS NOVAS DA HORA DE COMER
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Non so do que está a acontecer senón tamén do que vai a pasar nas vindeira semanas. E con este xa son 8 programas en directo para o comedor!!
RAP polo 8 de marzo
O RAP é un estilo de música de baile orixinado nos anos 80 nos barrios negros e hispanos de Nueva York e outras grandes cidades americanas. Caracterízase polo seu ritmo monótono e sincopado, sen apenas acompañamento instrumental, onde a voz se converte na protagonista. Os seus textos cantados e rimados buscan en moitas ocasións letras para a loita contra moitos temas coma a violencia, o machismo, a desigualdade,..
Os vosos compañeiros e compañeiras de 6º quixeron dar un paso máis na loita pola igualdade dándolle as súas rimas un ritmo de RAP e coa axuda de Blanca fixeron o seu proimeiro RAP das Pioneiras Galegas que abriron camiño.
domingo, 14 de marzo de 2021
POEMAS 8 DE MARZO
sábado, 13 de marzo de 2021
ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES
Os compañeiros e compañeiras de 1º despois de coñecer un pouquiño a Rosalía, nas sesións da aula, decidiron vir á Biblioteca a recitar algúns dos versos do seu poema Adiós ríos, adiós fontes. Mirade que divertidos!!
viernes, 5 de marzo de 2021
AS NOVAS DA HORA DE COMER
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Non so do que está a acontecer senón tamén do que vai a pasar na vindeira semana.
jueves, 4 de marzo de 2021
RADIO GARABULLO NA GALEGA
miércoles, 3 de marzo de 2021
DÍA DE ROSALÍA POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS
Ola amiguiños e amiguiñas !! O "Día de Rosalía" pasou pero deixou un traballo detrás. Cada aula achegouse un pouco máis a nosa escritora e homenaxeada. Adentrámonos na súa vida e na súa obra xogando, recitando, cantando, pintando,... Fomos e seremos Rosalía.
Así os compañeiros de 6º de infantil incluso aprenderon algúns dos seus poemas e decidiron recitar na radio un dos que máis lle gustou "Parece unha rosa". Queredes escoitalos? Pois dádelle a play

