domingo, 31 de enero de 2021

A guerra dos números de 1º de Primaria

 Os nenos e nenas de 1º escolleron contarnos A guerra dos números.

O un era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día. o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: O Signo MENOS.

Non deixedes de escoitar este conto para a PAZ proposto polos vosos compañeiros de 1º



ELMER polos nenos e nenas de Infantil

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Os  compañeiros e compañeiras de infantil escolleron o conto de ELMER para compartir con nós estas lecturas pola PAZ dende a radio.

Elmer, o elefante multicolor, é un clásico infantil que transmite valores positivos tan importantes coma a solidariedade, o respecto, a amizade e , sobre todo, a celebración da diferenza.

Non deixedes de escoitar e ver este conto que escolleu infantil para compartir con nós esta semana da PAZ. Podedes escoitalo directamente dende ivoox ou ver o vídeo apoiado en imaxes que as profes de infantil prepararon para nós.

ELMER de Infantil. Contos da PAZ pola Radio!!


DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2021

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Como cada ano imos a celebrar o Día internacional da PAZ e da non Violencia. Coma sempre empregando a ilusión e o inxenio decidimos contarnos contos a través da Radio. Contos que pasarán polas aulas e que escoitaremos e disfrutaremos durante a "Hora de Ler". 

Imagine, Siete y uno, A guerra dos números, Elmer,... Invítovos a gozar destas lecturas que dende hoxe estarán colgadas para todos na Radio e no Blog.

FELIZ DÍA DA PAZ!!

viernes, 29 de enero de 2021

NOVAS EMISIÓNS NA RADIO

Un día máis Esther e Uxía emiten en directo para o comedor do cole!! Coma sempre veñen cargadas de novas interesantes e algunha información da Biblioteca.

Se queredes saber o que está a pasar na biblio...

Escoitade Radio Garabullo e estaredes actualizados!!


viernes, 22 de enero de 2021

AS NOVAS DA HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER

Xa podedes escoitar en Radio Garabullo o novo programa de radio da man de Esther de 5º e Uxía de 4º. "As novas da hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" é un programa emitido en directo para o comedor da escola.
Queredes escoitalo? Pois dádelle o Play!!


lunes, 18 de enero de 2021

ITINERARIO LECTOR (2020-2021)

 Ola amiguiños e amiguiñas!!

Xa temos o itinerario lector en marcha. Os libros son os escollidos polos vosos titores e titoras. Xa sabedes que sempre buscamos aqueles contos que máis gusten e que se adapten ós vosos intereses e inquedanzas.

Aquí deixo o listado de lecturas do itinerario lector para este ano. Preparados para divertiros e aprender coa lectura?


viernes, 15 de enero de 2021

"PARABÉNS NA HORA DE COMER E AS NOVAS DO TEMPO DE LECER"

Ola amguiños e amiguiñas!! Esta semana Radio Garabullo comezou a emitir en directo para o comedor do cole. Unha vez máis cargada de novas, parabéns e algunhas sorpresas.

Hoxe deixamos para todos e todas vós o primeiro programa de Radio Garabullo 2021!!


lunes, 4 de enero de 2021

DIGICRAFT: A porta máxica

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Nesta ocasión os compañeiros de 1º a 3º de primaria participaron nunha actividade na que tiñan que crear un proxecto de realidade aumentada no que puideron ver un obxecto en 3D sobre un debuxo coloreado por eles. Remataron a actividade xogando a un videoxogo no que tiveron que aprender a organizar eficazmente arquivos dixitais.

Aproveitade as vacacións e animade a papá e a mamá a entrar en Digicraft e experimentar coas actividades que alí vos propoñen picando no seguinte enlace:

https://digicraft.fundacionvodafone.es/actividades

Para convencelos amosádelle este vídeo e o ben que o pasamos!!

Felices Vacacións!!


DIGICRAFT: Comeza por A

 Ola amiguiños e amiguiñas!!! Como ben sabedes seguimos coas actividades de DIGICRAFT.

"Empeza por A" é un xogo de preguntas e respostas cobre conceptos de tecnoloxía que implican a utilización de distintos buscadores de internet co obxectivo de atopar as respostas correctas.

Se na casa queredes aprender máis cousas de DIGICRAFT picade no enlace e experimentade nas casas coas vosas familias.

https://digicraft.fundacionvodafone.es/actividades

E mentres aquí deixamos un vídeo do ben que o pasamos nesta actividade.

Felices Vacacións!!

martes, 29 de diciembre de 2020

CALENDARIO 2020-2021: "Facendo Camiño"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano no cole queremos aprender moitas cousas do "Camiño de Santiago". Así pois decidimos dar comezo a un novo PDI que chamamos "Facendo Camiño"

Para comezar o noso proxecto empezamos por localizar as paisaxes máis bonitas de Bandeira que un peregrino ten que ver. Cada curso, mestres e persoal do cole escolleu un lugar para apadriñar. Que mellor agasallo que amosarlle aos peregrinos os lugares máis fermosos de Galicia?

Agora que temos fotos fermosas había que facer algo con elas e fixemos o noso calendario para o ano que imos a empezar. O lema "FACENDO CAMIÑO".

Se vos gusta e queredes descargalo premede aquí