lunes, 21 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTURAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa  chega o Nadal e o tempo de lecer, de divertimento e de agasallos... Queredes unhas propostas de lecturas de todo tipo para aproveitar o tempo ou para pedir ós Reis?

Contos marabillosos, divertidos, aventureiros, intrigantes,... adaptados a todas as idades e a todos os lectores... 

Non esperedes máis!! Picade nas recomendacións que vos facemos dende a Biblioteca. Non ides ser quen de resistirvos!!

Bo Nadal a todos e todas!! Felices lecturas!!



domingo, 13 de diciembre de 2020

UNHA ÁRBORE DE CONTOS

Chegou o Nadal a nosa biblioteca!! 

Unha árbore cargada de novidades de lectura. Todas interesantes para aproveitar o tempo de lecer destas vacacións. Lectura, música, cociña, investigación,... toda unha variedade de propostas.

Vide a biblioteca e escollede o voso conto para estas vacacións!!



DIGICRAFT: Creamos un videoxogo!!

Nesta sesion os nenos e nenas maiores de 8 anos, grazas ao itinerario 2, entraron en contacto co mundo dos videoxogos. A través da actividade "Creamos un Videoxogo!" foron quen de facer o seu propio videoxogo e pasar uns momentos moi divertidos poñéndoos en práctica.

DIGICRAFT: Que animal son?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Rematamos outra sesión de Digicraft. Nesta ocasión o itinerario 1 para os nenos e nenas de 6 a 8 anos serviu para achegarnos ao mundo da realidade aumentada 

Unha aventura onde os debuxos dos animais cobraban vida. Unha fascinante e divertida experiencia

Ollade os vídeos das actividades:


CONCERTO DE PACO NOGUEIRA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 24 de novembro tivemos a sorte de presenciar de xeito virtual un concerto de Paco Nogueiras.

Todas as aulas cantamos e bailamos ao son deste grande artista grazas a editorial Kalandraka que nos invitou a un concerto virtual.

Coma ben sabedes podedes atopar os libros-Cd deste compositor na Biblioteca e mentres deixamos unhas fotos da xornada e pequenos bocadiños de información e música. Ollade!!


 

viernes, 27 de noviembre de 2020

FACENDO CAMIÑO: As nosas parroquias

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes este ano imos aprender todo o que poidamos sobre o "Camiño de Santiago". Estamos desexando converternos en peregrinos e facer unha pequena ruta que pase pola nosa parroquia.

Bandeira era un cruce de camiños e por ela pasaba o camiño de Santiago ("A ruta da Prata" e o "camiño de inverno") por un lado e polo outro o camiño de Caldas cara a Lugo.

Para animar á xente a pasar e parar neste tramo do camiño quixemos mostrarlles o mellor das nosas parroquias. Aquí comeza o noso traballo, amosándolle aos peregrinos que Bandeira e a súa contorna ben merece unha parada, e unha visita, 

E... para aqueles que non poidan achegarse... estas imaxes das "Nosas Parroquias"

domingo, 22 de noviembre de 2020

LECTURAS PARA O 25 de novembro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o 25 de novembro, unha data que non debemos de deixar pasar. Xa sabemos que a ides a traballar na aula con todos os mestres e mestras, así coma con algún especialista. Dende aquí propoñémosvos unhas lecturas que nos parecen moi interesantes e divertidas.
Mirádeas e xa nos contaredes!!
Un saúxo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Dende hoxe imos a abrir unha nova xanela neste blog que levará por nome DIGICRAFT

DIGICRAFT é un programa educativo, no que estamos a participar con todo o alumnado de primaria, que ten coma obxectivo formar nas competencias dixitais. Semana a semana iremos aprendendo conceptos relacionados coa realidade aumentada, a programación e o videoxogo ou a robótica.

Un proxecto emocionante, interesante e moi divertido. Se queredes ver o que facemos premede neste vídeo resultado da 1ª sesión que tiveron os nenos e nenas de 1º a 3º e que se chama: Viaxamos no tempo; e a de 4º a 6º que se chama: Enigmas no aire.


lunes, 2 de noviembre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis celebramos o "Día das Bibliotecas". Este ano foi acompañado de novidades: A presentación tivo que ser na aula e as normas da biblioteca cambiaron un pouquiño. 
Agora xa víchedes o vídeo e tedes o voso marcapáxinas co protocolo a seguir.
A Biblioteca xa está aberta a todos e todas!!
Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!



miércoles, 28 de octubre de 2020

AS NORMAS DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!! A Bibliotecas abriu as súas portas. Xa sabedes que as normas cambiaron e grazas ao vídeo que fixeron os axudantes da Biblioteca de 6º imos aprendendo coma debemos comportarnos neste espazo.

Tamén entregaron un marcapáxinas coa normativa para que poidades solucionar ao momento as vosas dúbidas.


En todo caso o Equipo de Biblioteca, e os axudantes de 6º, estaremos sempre pola Biblioteca durante os recreos, para axudarvos coas vosa dúbidas.

Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!