Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o "Día Internacional do Libro". Unha celebración importante para a Biblioteca porque moitos de vós mandástedes moitas cousas para lembrarnos o importande que é a lectura neste momento, cando temos que quedar na casa.
É divertido ver como ensinades a ler e xogar cos contos, a buscar aqueles contos que xa tiñamos esquecidos e "rescatalos" para lelos outra vez, a facer marcapáxinas, a contar os contos lendo ou dar pistas do "chuli" que é un libro ou outro. Falades de moitos libros. De libros de maiores con moita letra e libros ilustrados con apenas letra, de libros que cantan e de libros de animais, de libros de aprender e de cómics,...
Falades de moitos contos. Cada un de vós contoullo á súa titora, dende as vosas casiñas, porque a lectura é esa aventura que nos acompaña sempre... e cando semella que xa non podemos facer nada... volven os contos para xogar con nós, para ensinarnos moitas cousas, para levarnos a mundos descoñecidos,... Os contos nunca nos abandonan, nin nós a eles.
Hoxe celebramos o "Día Internacional do Libro" aínda que para nós os libros se celebran sempre!!!
Felices Lecturas nesta corentena!!!
jueves, 23 de abril de 2020
miércoles, 22 de abril de 2020
XUNTOS NAS ONDAS 4
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Coma nos conta Euxea de 6º achégase o "Día do Libro" está a chegar, e os nenos e nenas do cole empezan a falarnos dos contos que máis lle gustan, os contos que marcan a nosa vida, os contos que rescatarían,...
Son moitas as achegas e moi variadas así que comezamos hoxe cun conto na radio: "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto e contado por Noela de 1º de Primaria.
Agardamos que vos guste e seguide contando e recomendando contos porque o "Día do Libro" é mañá pero nós o celebramos todo o ano.

Etiquetas:
Día do Libro,
Día do Libro 2020,
Radio Garabullo
22 de Abril do DÍA INTERNACIONAL DA TERRA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe mércores, 22 de abril, celebramos o "Día Internacional da Nai Terra". É un día que se celebra en multitude de países de todo o mundo e pon o seu interese principal nos problemas e preocupacións que afectan ao medio ambiente.
A nosa preocupación polo medio ambiente trasládamola ao noso proxecto da Biblioteca "Desplastifícate", que estamos a traballar nas aulas ao longo deste curso con distintas actividades.
Aínda condicionados pola corentena, seguiremos con este proxecto, así que hoxe recoméndovos un libro que propón moitos retos.
"Tu puedes salvar el mundo" de Angela Green.
«Hemos aprendido que si no actuamos por nuestro futuro, nadie dará el primer paso. Somos la generación que hemos estado esperando.» Greta Thunberg
Ti podes salvar o mundo é un libro ilustrado sobre o cambio climático que se centra en 12 grandes temas que nos preocupan: os bosques, os incendios, os océanos e o plástico entre outros. Un libro que propón ideas para axudar a deter o cambio climático a través de 12 retos, un reto por mes do ano.
Ademáis atopan as biografías de 38 heroes do noso planeta.
Se tedes o libro animádevos a facer algún reto e contádenos a vosa experiencia.
Se estades facendo algo para coidar o planeta contádenolo.
Escribide a conversascongarabullo@gmail.com ou a radiogarabulo@gmail.com contando o que facedes para coidar,"Desplastificar" o noso planeta.
A nosa preocupación polo medio ambiente trasládamola ao noso proxecto da Biblioteca "Desplastifícate", que estamos a traballar nas aulas ao longo deste curso con distintas actividades.
Aínda condicionados pola corentena, seguiremos con este proxecto, así que hoxe recoméndovos un libro que propón moitos retos.
"Tu puedes salvar el mundo" de Angela Green.
«Hemos aprendido que si no actuamos por nuestro futuro, nadie dará el primer paso. Somos la generación que hemos estado esperando.» Greta Thunberg
Ti podes salvar o mundo é un libro ilustrado sobre o cambio climático que se centra en 12 grandes temas que nos preocupan: os bosques, os incendios, os océanos e o plástico entre outros. Un libro que propón ideas para axudar a deter o cambio climático a través de 12 retos, un reto por mes do ano.Ademáis atopan as biografías de 38 heroes do noso planeta.
Se tedes o libro animádevos a facer algún reto e contádenos a vosa experiencia.
Se estades facendo algo para coidar o planeta contádenolo.
Escribide a conversascongarabullo@gmail.com ou a radiogarabulo@gmail.com contando o que facedes para coidar,"Desplastificar" o noso planeta.
martes, 21 de abril de 2020
XUNTOS NAS ONDAS 3
Ola amiguiños e amiguiñas!! Aquí temos o 3º programa de "Xuntos nas Ondas". Nesta ocasión é Zaira de 6º a que presenta este novo programa, no que Sabela de 4 aniños e Reina de 4º contan o seu día a día nesta corentena.
A verdade que dan ideas e rutinas moi interesantes. Non deixedes de escoitar a nosa radio, Radio Garabullo, a radio do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira.
Entre outras rutinas mirade a Mariña de 5 anos que debuxos fai para animarnos a quedar na casa.
#EuQuedoNaCasa

lunes, 20 de abril de 2020
PARABÉNS NA HORA DE COMER!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Aínda que parecía moi difícil, Rosalía e Brais consiguen facer maxia e manter este programa nas ondas. Nesta ocasión, coma non había aniversarios, aproveitaron para felicitar ó alumnado que cumpre en XULLO. Tamén lembran o traballo estupendo dos compañeiros das distintas aulas; lembran datas especiais,... non volo perdades!!
Escoitade!! Escoitade!!
Escoitade!! Escoitade!!
Etiquetas:
Parabéns na hora de comer,
Radio Garabullo
domingo, 19 de abril de 2020
AUGAMAR OU PLÁSTICO?
Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades que as medusas ou augamar son o alimento de moitos dos animais que viven nos mares e océanos?
Na actualidade aínda que reciclamos e tentamos reducir o consumo de plástico... os nosos mares e océanos están moi contaminados. Moitas tartarugas e peixes morren cada día por comer plásticos ao confundilos con medusas.
Os vosos compañeiros de 1º fixeron un experimento para amosarnos a dificultade que supón diferenciar un augamar dun plástico dentro da auga do mar ou do océano. Meteron un plástico nunha botella chea de auga,ao mover a auga o plástico realmente semellaba unha medusa. Mirade que video fixeron para vós e así colaborar co noso proxecto deste ano DESPLASTIFÍCATE!!

XUNTOS NAS ONDAS 2
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa tedes en Radio Garabullo a segunda emisión de "Xuntos nas Ondas". Neste caso é Guillermo de 6º o encargado de entrevistar a súa irmá Eugenia e preguntarlle polo súa experiencia no instituto. Xa sabedes que os de 6º están rematando o curso con nós e están moi intrigados por saber como será esta nova etapa académica. Non deixedes de escoitar este "Podcast"!!!
sábado, 18 de abril de 2020
DIGICRAFT
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe escribo en especial para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6ºque participaban no proxecto DIGICRAFT.
Como xa imaxinades o proxecto quedou parado nesta etapa de corentena. Seguiremos co
apartado de Intelixencia artificial e
robótica cando volvamos as aulas.
Sen embargo hai unha nova moi interesante. O proxecto foi aberto para todos na seguinte dirección web: https://digicraft.fundacionvodafone.es/
Hai actividades propostas tanto para alumnado coma para as familias, e hainas
para distintas idades e con distintos niveis de dificultade.
Anímovos a fedellar na páxina a todos, da igual de que curso sexades!! E... Quen sabe? Quizais á volta sodes vós os que nos ensinades un montón de
cousas!!
Unha aperta rapazada e moito ánimo!!!
lunes, 13 de abril de 2020
PARABÉNS NA HORA DE COMER... na corentena
Ola amiguiños e amiguiñas!! Remataron esta extrañas vacacións na casa. Xa sabedes que dende mañá os mestres e mestras volven a mandar traballiños para facer na casa. Tamén achéganse datas importantes como o "Día da Terra" e o "Día do Libro".... Pero quen mellor para contarvos todo iso que Brais e Rosalía de 6º que xa empezaron a traballar hoxe facendo o programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"
Non deixedes de escoitalos!! Son fantásticos
E xa sabedes #EuQuedoNaCasa
Non deixedes de escoitalos!! Son fantásticos
E xa sabedes #EuQuedoNaCasa
Etiquetas:
#EuQuedoNaCasa,
Parabéns na hora de comer
sábado, 11 de abril de 2020
XUNTOS NAS ONDAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes na Escola e na Biblioteca estamos sempre pensando en vós. Que cousas podemos facer para estar máis cerca vosa?. Sabemos que este "encerro" cada un o vive dun xeito distinto, por iso decidimos facervos unha proposta. Un PROGRAMA DE RADIO no que todos e todas poidamos participar: XUNTOS NAS ONDAS
Na seguinte carta (que podedes descargar dende aquí) tedes toda a información. De todos os xeitos esta carta vai a chegar a todas as familias a través do correo electrónico.
Lede ben a información e animádevos a participar!!!
Hoxe foi Silvia Salgueiro de 6º a que se decidiu a abrir este programa. Aproveitamos para engadir un programa de radio feito polo alumnado de 3º con motivo da "Semana da Prensa" que pensamos é moi interesante para o primeiro programa porque fala do "Coronavirus".
Non deixedes de escoitalos!!
Ao remate do 1º programa de Xuntos nas Ondas tedes a carta por se queredes descargala.
Todos os programas serán colqados en IVOOX, na web do cole e aquí no Blog.
Moito ánimo e xa sabedes #EuQuedoNaCasa.
DESCARGAR

Radio Garabullo,
Xuntos nas Ondas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)