miércoles, 20 de marzo de 2019

ACTIVIDADES DE MARZO NA ESCOLA

O alumnado de 6º, aproveitando a Semana da Prensa, elaborou un anuncio para contar as novas da escola. Aquelas actividades que temos programadas ao longo do mes Marzo e Abril.
Que vos parece?


martes, 19 de marzo de 2019

PASOS PARA GRAVAR NA RADIO

Xa sabedes que a RADIO comezou a súa andaina para celebrar a Semana da Prensa!!
As novas serán emitidas pouco a pouco pola nosa canle de IVOOX, así coma outros programas que xa se están artellando nas aulas.
Para que todos teñamos un pouquiño claro coma traballar na nosa radio deixo aquí esta pequena infografía cuns pasos mínimos para poder axudarvos.


ALTO INFANTIL 2019

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Xa pasou o ENTROIDO e con el o Alto dos XENERAIS INFANTIL.
Ao longo do mes de Xaneiro e Febreiro algunhas das vosas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º estiveron preparando as súas "Arengas" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" da Bandeira.
É un traballo moi importante xa que por un lado, consiste na creación das arengas, na memorización das mesmas e na súa interpretación ou no seu lance. E por outra banda, implicou un estudo e investigación das arengas máis interpretadas nos "Altos de Bandeira", co fin de recuperalas e traelas ao Alto Infantil, e así darlles outra vez o recoñecemento que merecen e con elo recuperar unha parte da nosa tradición. Tradición que esperamos que pouco a pouco se vaia agradando da mans de todos e todas vós e que cos Encontros do Entroido que facemos con outros centros de Vila de Cruces, Piloño e Merza vaiades atopando esa ilusión que vos queremos transmitir; e algún día, sexades vós os protagonistas dos Altos da Bandeira.


lunes, 18 de marzo de 2019

2º emite novas na radio





A semana pasada celebramos a SEMANA DA PRENSA. Moitos de vós traballastedes con xornais na aula. Este ano as vosas novas foron elaboradas para a radio. Aquí podedes ver aos de 2º na radio da escola: "Radio Garabullo", dando o primeiro paso nas emisións de novas que iremos colgando ao longo desta semana. Agardo que vos gusten!!

domingo, 17 de marzo de 2019

Xa temos a Radio: RADIO GARABULLO

Hoxe 7 de marzo temos a formación do equipo técnico da Radio. Os nenos e nenas de 5º serán os encargados de aprender a traballar coa radio e de formar aos compañeiros.
A Radio xa é unha realidade na nosa escola.
Para escoitar os nosos PODCAST so tedes que fixarvos no lateral desta páxina e veredes todo o que imos colgando. Se picades na imaxe "Radio Garabullo" podedes acceder ao enlace dos nosos PODCAST.



viernes, 15 de marzo de 2019

8 de marzo

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da MULLER. Trátase dunha data celebrada por todos con lecturas, actividades na aula e fóra dela.
Pouco a pouco iremos contando cousiñas que se fixemos nas aulas, mentres tanto deixamos uns conselliños de lectura para que continuedes lendo sobre a muller.



jueves, 14 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Este ano achegámonos á figura de Rosalía de Castro a través da súa poesía, da man dunha grande artista: UXÍA SENLLE.
Aprendemos que a música é un dos mellores xeitos para gozar da poesía. As cancións de Uxía retratan perfectamente a esa muller que uns chamaron tola e outros santa, a verdadeira Rosalía.
Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureira ou fada. Unha 
Rosalía coma nós. Así a cantamos e así festexamos o seu día.
Premede na foto




lunes, 11 de marzo de 2019

Ticket Negro

A Biblioteca é un espazo con moitas oportunidades. Algúns dos vosos compañeiros a través dos libros de investigación ou buscando información na rede decidiron facer experimentos.
Aquí tedes a Sara e a Luisa investigando o que lle pasa a un ticket da compra ao pasarlle calor.
Que vos parece? Animádevos e vinde a biblioteca a propoñernos os vosos experimentos. Iremos colgándoos no enlace seguinte. 

domingo, 10 de marzo de 2019

Xornadas de Formación na Radio

Este ano tivemos a sorte de ser un centro seleccionado de Radio na Biblioteca.
Unha vez escollida a aula que ía a ser a nosa Radio e dotala do material necesario, de darlle a Radio o nome de: "Radio Garabullo"... Comezaron as xornadas de formación. Primeiro formáronse os profes e despois os compañeiros de 5º, que serán os encargados de axudar as vosas emisións radiofónicas e a formarvos coma auténticos técnicos de son.

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Como non podía ser menos o "Entroido" está tamén presente na biblioteca. Ollade que ben o pasaron as nosas axudantes da biblioteca!!


Tampouco perderon ocasión de visitarnos os compañeiros e compañeiras que participan no "Alto Infantil". Semellan xenerais de verdade!! Que ben o fan!!