Hoxe foi un fantástico día onde os maiores e os pequenos compartimos estupendos momentos escribíndolle a carta aos Reis Magos. Ao rematar compartimos un riquísimo chocolate con churros e a xogar ao patio. Que ben ule a chocolate e Nadal!!!
miércoles, 14 de diciembre de 2016
lunes, 12 de diciembre de 2016
MANNEQUIN TERCEIRO
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aquí na biblioteca estamos abertos ás novas tendencias.
A pasada semana os nenos e nenas de 3º fixeron un mannequin ghallenge na biblioteca para poder amosarnos como traballan cando nos visitan.
Gustavos? Pois traede máis ideas e as levaremos a cabo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
LECTURAS 25 DE NOVEMBRO
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como sabedes ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron contando contos polas aulas para axudarnos a entender e conmemorar o "Día Internacional contra a violencia de xénero".
Dende as aulas pouco a pouco fomos recollendo as cousas fermosas que podemos aportar para axudar a quen sexa víctima da violencia de xénero e fixemos o noso MURAL de "Se loitas podes atopar..."
Aquí o resultado do voso traballo... e como non? Os contos que os nenos e nenas de 5º e 6º foron gravando na Biblioteca para todos nós.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Como sabedes ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron contando contos polas aulas para axudarnos a entender e conmemorar o "Día Internacional contra a violencia de xénero".Dende as aulas pouco a pouco fomos recollendo as cousas fermosas que podemos aportar para axudar a quen sexa víctima da violencia de xénero e fixemos o noso MURAL de "Se loitas podes atopar..."
Aquí o resultado do voso traballo... e como non? Os contos que os nenos e nenas de 5º e 6º foron gravando na Biblioteca para todos nós.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
martes, 15 de noviembre de 2016
Lembrando o SAMAÍN
Xa tedes na páxina do cole un vídeo para lembrar o ben que o pasamo no SAMAÍN.
Se queredes velo pinchade na imaxe!!!
TRABALLAMOS COS NENOS DE 4 ANOS
A pasada semana tivemos a visita dos nenos e nenas de 4 anos. Estiveron a axudar a un membro do equipo de biblioteca. Contáronnos como comenzan os contos e axudáronnos a buscar comezos de contos distintos. Remataron rexistrando o comezo dos contos así coma colocando algúns nos seus andéis.
Foi unha xornada moi divertida.
Mirade como traballan!!!
Foi unha xornada moi divertida.
Mirade como traballan!!!
Etiquetas:
15-11-2016,
4 anos (2016-2017),
Xogos coa lectura
lunes, 14 de noviembre de 2016
XOGOS COA LECTURA
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Ao longo destas semanas o alumnado de terceiro está axudando aos membros do equipo de biblioteca coa lectura.Cada luns dous nenos ou nenas achéganse á biblioteca na "Hora de Ler". Aquí fan xogos moi divertidos para amosar que ler e diversión van xuntiños da man.
As actividades que fixeron hoxe:
- Imitaron o que podería ser unha lectura aburrida
- Lectura lenta, lectura moi rápida seguindo as ordes do compañeiro.
- Alongar as vogais que aparecen na lectura seguindo a orde da compañeira.
- Ler imitando as voces dun cativo chorón, unha avoa moi boa,...
Sempre rematan coa preparación dun conto que queren gravar como resultado deste traballo.
A semana que vén contareivos máis!!

14-11-2016,
3º (2016-2017),
Xogos coa lectura
martes, 8 de noviembre de 2016
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O pasado día 4 de novembro celebramos o "Día da ciencia en galego". Este día da Ciencia en Galego está dedicado á Bioloxía. Neste día lémbrase a Mendel que elaborou una leis xenéticas moi importantes tras investigar cun tipo de legumes: os chícharos
Por outra banda a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes.
" O Ano Internacional dos Legumes
concienciará á poboación sobre cultivos
importantes que son esenciais para
a agricultura sostible e a nutrición"
Unimos todo isto e dende 5º e 6º quixeron celebrar o día da ciencia en galego destacando unha das propiedades dos legumes: as súas vantaxes nutricionais. Os legumes poden formar parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Amósase como unha posibilidade de cultivo sostible nestes momentos que en grandes zonas do mundo pasan tanta fame. Como mostra do seu traballo este taboleiro e o resultado da súa pequena plantación de fabas.
Etiquetas:
4-11-2016,
5º(2015-2016),
6º (2015-2016),
Día da Ciencia en Galego
lunes, 31 de octubre de 2016
QUE LE VALENTÍN?
Chegou o SAMAÍN!!!
As vasoiras aparcaron na entrada do noso cole. Vasoiras medorentas que nos acompañaron esta semana de bruxas, meigas, contos e lendas.
Visitaron as nosas aulas bruxas e demos, vimos zombis bailando na entrada e a Santa Compaña, tivemos medo e risas, conxuros e beberaxes saborentos, bailamos e corremos e agora... DESCANSAMOS!!!.
Entre as vasoiras estaba Valentín, o esquelete lector, tamén estaba o voso reto. Que le Valentín no Samaín?
Cada día Valentín pasaba pola biblioteca e collía libros de medo. Libros de nenos e maiores... pero, que libros escollía Valentín? Era difícil seguirlle o ritmo. Cada vez que viamos a Valentín tiña un novo conto.
Fostes vós os que lle seguistes o rastro. Puiden ver como anotabades cada conto para saber os gustos do noso amigo. Agora espero que me traiades o listado dos libros deste "Esquelete lector" e darvos a vosa recompensa. Agárdovos na biblioteca coas vosas listaxes e así poder gozar todos dos contos de Valentín!!
VINDE A BIBLIOTECA!!!

lunes, 24 de octubre de 2016
FESTA DA BIBLIOTECA!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa chegou o tan ansiado momento. Hoxe celebramos o "Días das Bibliotecas Escolares".
Ao longo destes últimos días os vosos compañeiros e compañeiras de 6º foron facéndovos preguntas da biblioteca. Coas vosas respostas e a visión que eles teñen dela fixeron un vídeo.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!
Coma sempre aquí deixo o vídeo e unhas fotos para que ensinedes na casa.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Xa chegou o tan ansiado momento. Hoxe celebramos o "Días das Bibliotecas Escolares".
Ao longo destes últimos días os vosos compañeiros e compañeiras de 6º foron facéndovos preguntas da biblioteca. Coas vosas respostas e a visión que eles teñen dela fixeron un vídeo.
Deste xeito vivimos unha xornada entrañable e divertida. Localizámonos na película, lembramos as normas da biblioteca e vimos a nova colocación dos ordenadores e das mesas de traballo, recoñecimos aos novos axudantes de biblioteca, descubrimos un novo andel de xogos, o alumnado novo no centro recibiu o seu carné... e finalizamos a xornada co agasallo que deixei para todos vós: Un lapis e un marcapáxinas cunha pequena mensaxe na que vos animo a crear as mellores obras do mundo.
Animádevos a úsalo. Ese lapis ten o poder de poñer no papel o que xa está, dende sempre, na vosa mente.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!
Coma sempre aquí deixo o vídeo e unhas fotos para que ensinedes na casa.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
jueves, 20 de octubre de 2016
EN LEMBRANZA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Antes de abrir as portas da nosa biblioteca non podíamos deixar de facerlle unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz.
Agustín foi e é un dos escritores máis recoñecidos no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega e internacional, xa que algunhas das súas obras foron traducidas a varios idiomas. Unha das cousas que máis lle gustaba era que lle contasen historias, mais el tamén as sabía contar.
Cría que as palabras posuían a forza necesaria para cambiar o mundo e afirmaba que os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir.
Nós seguiremos o seu consello para dende a nosa biblioteca cambiar o mundo.
Grazas pola túa obra e bo camiño Agustín!!!
Aquí queda o mural en lembranza de Agustín Fernández Paz feito polo alumnado de 3º.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)