lunes, 13 de julio de 2015

QUE PLANTAMOS PARA XANTAR?

Ola amiguiños e amiguiñas. Para rematar este curso 2014-2015 cheo de ilusión e traballo e darlle entrada ao novo curso, decidín publicar o voso traballo de investigación. Un traballo que, o longo do curso, fúchedes facendo nas aulas. Baixo o título de QUE PLANTAMOS PARA XANTAR? cada ciclo tivo que adicarse a investigar sobre distintos temas: 
- Infantil sobre Os froitos de Outono.
- 1º ciclo sobre Os Cereais
- 2º ciclo sobre A Pataca
- 3º ciclo sobre O solo e a auga
Buscamos información na rede, preguntamos na casa, investigamos na biblioteca, e descubrimos e aprendimos moitas cousas.
Relacionamos o noso saber con contos, con cuadros ou arte  e levámolo á aula e aos nosos compañeiros onde lles contamos o aprendido con murais expostos polos pasillos, con power points ou con cancións.
Hoxe sabemos un pouco máis da auga, do solo, da pataca, dos cereais e dos froitos de outono... e o voso saber quedará aquí recollido nas seguintes entradas e nos libros que deixáchedes para a biblioteca.
Grazas polo voso traballo!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


 Infantil OS FROITOS DO OUTONO


 1º ciclo OS CEREAIS



2º ciclo A PATACA



3º ciclo O SOLO E A AUGA

 
 

O SOLO NO HORTO

Os alumnos de 6º investigaron o solo e amosáronnos a importancia que ten para que as nosas colleitas sexan boas. Non volo perdades.

O Solo No Horto

A AUGA NO HORTO

A proposta de investigación feita polos nenos e nenas de 5º para o PDI foi A auga no horto. Este é o resultado dun traballo moi interesante.


A Auga No Horto.

A PATACA

O alumnado de 2º ciclo investigou sobre a pataca. Aquí tedes un montón de curiosidades sobre a pataca. Incluso algunhas receitas riquísimas!!!







OS CEREAIS

Cando dende a biblioteca propuxemos o título de QUE PLANTAMOS PARA XANTAR? para buscar temas de investigación que uniran a toda a escola os de 1º ciclo escolleron Que plantamos para xantar? Investigaron sobre este tema e aprenderon moitas cousas. Como peche ao seu traballo cantaron unha canción. Este foi o resultado do seu traballo.






OS FROITOS DO OUTONO

Os rapaces e rapazas de infantil investigaron e traballaron cos froitos do outono. Descubriron montones de cousas e este é o resultado do seu traballo. Se queredes velo aquí volo deixo, lembrade que tamén o tedes na biblioteca para ollar tanto como queirades.
 

Os Froitos Do Outono

jueves, 9 de julio de 2015

REMATOU O CURSO

Felices Vacacións!!!
Con cantas ganas tomamos estas vacacións!!! Xa toca descansar despois dun ano de tanto traballo.
Non podo rematar este ano sen dar as grazas a todos os que facedes que a biblioteca sexa tan fermosa, a todos e todas as que a coidades e facedes que os libros teñan vida. .Aqueles que facedes que cada recuncho da biblioteca sexa especial.
En especial grazas ao equipo directivo que se vai José, Mercedes e María por coidar da biblioteca e por apoiar a Garabullo en todo. Por decir que si a todo o que esta mascota di ou propón. Tamén desexarlles moita sorte a Susana, Merche e María que forman o novo equipo directivo. Sabemos que vai a haber moito traballo porque a biblioteca somos todos e todas.

Grazas aos alumnos e alumnas de 6º por axudar na biblioteca sempre, poñendo o seu tempo de lecer ao noso servizo e sempre coma un premio. Sempre cumprindo a vosa labor con tanta ilusión. Agora tedes que levar a vosa ilusión pola biblioteca ao instituto. Seguide facendo revivir os libros nas vosas mans. Non esquezades que a biblioteca forma parte xa das vosas vidas e sempre estará aberta para vós.
Felices Vacacións e xa sabedes:

VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

martes, 23 de junio de 2015

PARECE UNHA ROSA

O curso remata e con el as actividades xa comezadas,
Os rapaces e rapazas de 5 anos infantil descubriron a poesía de Rosalía de Castro. Ao longo deste ano foron a biblioteca para coñecer os seus poemas dun xeito diferente. A través da lectura, da interpretación escrita, dos debuxos, das actividades plásticas entenderon mellor o que Rosalía lles contaba.
Hoxe amosámosvos o seu traballo  co poema "Parece unha Rosa".







 
O mesmo pasou na aula de 2º . Este ano tamén quixeron achegarse á figura da poetisa. Participaron na actividade de "Eu son Rosalía cando..." e descubriron a súa poesía. Quedaron engaiolados co libro e poema Parece unha rosa.
 
 
O gusto por un mesmo poema xuntou  a dúas aulas. Así 5 anos infantil e 2º decidiron liberar o seu poema no horto. Había  que honrar á figura de Rosalía de Castro. E fixéronno mellor que ben.


RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VII


Os rapaces de 5º fixeron un pequeno club de lectura.
Escolleron o libro O misterio dos fillos de Lúa. Contan que a Lúa, a gata, desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que reclama explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle leva os fillos a Lúa?  Decide, coa axuda da súa novia Branca, que non ha parar ata ter a resposta.
Este foi o resultado do seu traballo e con el rematamos as recomendacións de lectura dese ano
Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

martes, 16 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VI

Ola amiguiños e amiguiñas:
Rematamos as recomendacións de lectura dun xeito moi diferente. Esta vez recomendamos fábulas, chistes e cun contacontos impresionante.

A Pablo de 3 anos infantil encántalle o conto "Loboferoz" da editorial OQO. Recomenda este conto léndolle un anaco aos compañeiros no patio. Non volo perdades!!


A Noelia e a Sara de 2º úneas o seu gusto polas fábulas. Sara prefire "Fábulas con moraleja" de Servilibro Edicións; mentres que Noelia amosa máis interés polas "Fábulas del Mundo" da editorial LIBSA.


E para rematar, un final feliz con Lois de 2º que recomenda ler chistes "365 chistes infantiles" da editorial Susaeta.

Agardo que todas estas recomendacións fosen do voso gusto.
Non esquezades que a lectura lévanos a un mundo imaxinario, a un mundo de fantasía,
Que ler é a única actividade que pode facerse en calquera sitio do mundo, que pode disfrutarse so e acompañado e que grazas a ela pasamos momentos inesquecibles.
Lembrade:

 "LEMOS PORQUE NOS PETA"
"LEMOS ONDE NOS PETA"
FELICES LECTURAS!!!