lunes, 15 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA V

E continuamos coas recomendacións. Dende o horto e dende a Biblioteca, sós ou cos compañeiros, para ler todo vale e as lecturas todas distintas e todas maravillosas, dende o conto, a poesía ou libros de sentimentos. Escoitade as recomendacións dos vosos compañeiros e compañeiras.

Axel de 3º recomenda "Os tres Bandidos" de Tomi Ungerer editado por Kalandraka.


 
 
Para Luisa de 2º "La Princesa de las Nieves" editado por Piruleta é un conto fermoso que ten una bonita historia de amor.

Paula de 2º recomenda o conto-poema de Rosalía de Castro "Parece una rosa", primeiro libro da colección de poemas Lúa Lueira de Espiral Maior.



Elena de 2º le coa súa nai todas as noites "El libro de los sentimientos para niños" porque así sabe como se sinte mamá e pode entendela mellor. Está escrito por Marta Montaña e Jesús Ballaz en B de Blok


Para rematar Lía de 2º recomenda "O Rabaño" de Margarita del Mazo e Guridi, editado por la Fragatina. Un conto para pasar un rato moi divertido.

 

 

viernes, 12 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA IV

E seguimos coas recomendacións!!
Ollade como calquera sitio é válido e todas as lecturas valen.

Mateo de 3º  pasa momentos estupendos co cómic e recomenda "El mal trago de Obelix" de Uderzo e editado por Salvat

 
Xabi de 2º está feliz lendo no horto. O seu conto preferido é "La mariquita perezosa" da  Editorial Zendrera Zariquiey , mirade que ben o pasa...
 
 
Marcos de 3º le historias máis longas e con intriga... "Gerónimo Stilton y sus viajes al Reino de Fantasía" editado por Planeta. Verdadeiras aventuras para disfrutar durante o verán!!!
 



Lucas e Marco de 5º xa teñen un recunchiño onde ler, deixan escapar susurros e  risas. O conto que escolleron son cómics de "Os Simpsom"

 
Contiunuade aconsellándonos contos e non esquenzades que na Bandeira "Lemos porque nos peta" e "Lemos onde nos peta".
 


miércoles, 10 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA III

Seguen a chegar recomendacións de lectura!!!
Hoxe vades a ver como calquera recuncho da biblioteca ou calquera zona de xogo vale para ler un bo libro.
Hoxe as recomendacións veñen da man de:

Pablo e Rubén de 3º recomendan "Mortadelo e Filemón contra Jimmy e Cachondo" de Ibáñez, semella moi divertido e case que da envexa o ben que o pasan!!
 

Para Arón de 2º "El pez que sonreía" De Jimmy Liao, da editora Barbara Fiore é un conto especial de amizade entre un home e un peixe.


Samuel de 2º  prefire aprender máis cousas dos animais con "¿Quién come a quién?" de Andrea Mizielinska da editorial Libros del zorro rojo.


Sabela de 2º busca un momento de risa lendo "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto Rial e editado por Kalandraka.


 Carme de 2º xunto cos protagonistas do conto quere saber o que esconde "O abrigo misterioso" de Jeannette Jenning editado por Kalandraka.

 
Finalmente Silvia de 1º disfruta un montón con "Chivos chivones" adaptado por Olalla González da editorial Kalandraka
 

Haberá aquí un conto que vos guste... podedes levalos para a casa na mochila do verán. Pasade pola biblioteca!!!



ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Os nenos de 5 anos de infantil, ao longo deste ano, estiveron traballando a figura de Rosalía de Castro.
Empezaron a traballar con ela o 24 de febreiro, o Día de Rosalía, homenaxeando a esta muller, interpretaron varios dos seus poemas. Hoxe deixáronnos un dos máis sonados "Adiós ríos, adiós fontes".
Continuaremos con máis sorpresas. Disfrutade con este poema!!


martes, 9 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA II

Continuamos coas recomendacións de lectura feitas polos vosos compañeiros e compañeiras.
Hoxe temos as de:

Marta de 4º que escolleu Kika Superbruja de Knister, da editorial Bruño, ideal para pasar unha tarde de verán pensando en facer maravillosos feitizos.

 
Lois, Adán, Mikaela e Aroa de 3º que escolleron: Valores de Oro de Cristina Núñez Pereira, da editorial Palabras Aladas, porque saben que se perseguimos o noso soño podemos acadalo.
 
 
Para Eugenia de 4º, Cereza Guinda de Benjamin Lacombe e publicado en Edelvives é un conto fermoso. Temos que pensar o importante que pode ser unha mascota nas nosas vidas.
 
 
Rocío de 6º escolleu A zorra e as uvas de La Fontaine, da Editorial Susaeta. Dende pequeña disfrutou deste conto e agora tócavos a vós telo na vosa biblioteca
 
 
 
Agardo que vos gusten estas recomendacións. Deixo un vídeo onde contan eles  de primera man o que pensan destes contos.
 
 
 

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

sábado, 6 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Preparados xa para as vacacións? Algúns dos vosos compañeiros aceptaron a proposta de aconsellar aqueles contos que máis lles gustaron.
Ao longo desta semana iremos colgando as vosas recomendacións. Tomade nota!!!
A primeira recomendación ven de Xoana de 5º con Co dedo no nariz de Daniela Kulot-Frisch da editorial Kalandraka.

Cristian de 4º ve Este Alce es mío moi divertido. É un libro de Oliver Jeffers editado polo Fondo de cultura Económica.

Claudia de 4º está a ler A historia interminable de Michael Ende. Editado por ALFAGUARA. Cóntao con tanta ilusión que xa mete a gaña de lela.

Estas recomendacións rematan con Sara e Cristina de 6º que decidiron recitar un poema do poemario O meu gato é un poeta de Fran Alonso publicado por Edicións Xerais e así amosarvos o que vos estades a perder.

Pasádeo ben con este vídeo e xa me contaredes. Mañá máis
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


 

martes, 26 de mayo de 2015

RAMÓN DE VALENZUELA

Está a rematar o curso. Un curso que comezamos como CEIP de Bandeira e rematamos como CEIP Ramón de Valenzuela.
Somos moitos os que gardamos o nome de CEIP de Bandeira no noso corazón. É o nome co que medramos nesta escola, o nome que berramos cando competimos... o nome da nosa escola e do noso pobo.
O cambio de nome costounos a uns máis ca outros.
Quen era Ramón de Valenzuela? Porqué era importante para nós? Porqué outro nome?
 En Febreiro cambiouse o nome da escolae decidimos investigar. Coñecer a Ramón de Valenzuela un pouco máis e así aceptar este cambio. Cada ciclo centrouse un pouquiño nel para contarlle aos compañeiros algo desta fantástica persoa.
O día da Romaría o presentamos e aquí podedes ver en poucas palabra o que para nós foi, é e será RAMÓN DE VALENZUELA.









lunes, 25 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

A nosa semana das LETRAS GALEGAS comezou coa exposición dos carteis de Filgueira Valverde e o achegamento á figura deste escritor.


Continuamos coa Romaría (Click enriba e podedes acceder ao video). Unha festa fermosa que xa acada a súa quinta edición. O patio da escola volta a revivir as festas de pobo da nosa Galiza. A Dozaría, a Churraría ou a Taberna, os gaiteiros, os xogos populares e as carrilanas; os postos de maquillaxe, pintura, algodón de azucre ou de elaboración de marcapáxinas... En fin actividades divertidas para un día inesquecible. Tivemos unha xornada lúdica onde nos achegamos a figura de Ramón de Valenzuela para coñecelo un pouco máis. Dende febreiro o noso centro era xa CEIP Ramón de Valenzuela pero o quince de maio fixemos o acto público de inauguración do centro como CEIP Ramón de Valenzuela.




lunes, 18 de mayo de 2015

LIBROS NA RÚA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe na escola tivemos un día especial para moitos libros da biblioteca!!! Sabedes eses libros para os que xa non miramos porque os novos os deixan atrás? Aqueles libros fermosos que ocuparon os andeis máis importantes da biblioteca, que pasaron polas mans de tantos nenos e nenas como vós, cos que pasamos ratos fantásticos...? Eses libros que pouco a pouco imos esquecendo e ao pasar dos anos deixan a biblioteca para ir a un almacén de libros vellos... Eses libros saíron hoxe da escola, para voltar a ter vida.
O Concello de Silleda invitounos a unha feira de "LIBROS NA RÚA", onde unímonos o instituto de Silleda e as escolas do Concello, para vender eses libros a cambio dunha moeda simbólica de euro.
A través desta fermosa actividade os libros enchéronse de vida e agora ocupan os mellores andeis, os das nosas casas. Os cartos recaudados foron para Silleda Solidaria e nós divertímonos debuxando, facendo marcapáxinas e escoitando ao contacontos. 
Grazas por este día no que os libros, que pensabamos esquecidos, cobraron vida e deron moita vida.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 13 de mayo de 2015

Cocorico contado por Noelia

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe, Noelia de 2º, trouxo aos seus compañeiros e compañeiras á biblioteca para contarlles o conto de Cocorico.
Queredes escoitalo?
Animádevos, como Noelia, a vir a contar o voso conto. Pedídelle a alguén que vos grave e pronto poderedes velo no Blog!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!