Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe na escola tivemos un día especial para moitos libros da biblioteca!!! Sabedes eses libros para os que xa non miramos porque os novos os deixan atrás? Aqueles libros fermosos que ocuparon os andeis máis importantes da biblioteca, que pasaron polas mans de tantos nenos e nenas como vós, cos que pasamos ratos fantásticos...? Eses libros que pouco a pouco imos esquecendo e ao pasar dos anos deixan a biblioteca para ir a un almacén de libros vellos... Eses libros saíron hoxe da escola, para voltar a ter vida.
O Concello de Silleda invitounos a unha feira de "LIBROS NA RÚA", onde unímonos o instituto de Silleda e as escolas do Concello, para vender eses libros a cambio dunha moeda simbólica de euro.
A través desta fermosa actividade os libros enchéronse de vida e agora ocupan os mellores andeis, os das nosas casas. Os cartos recaudados foron para Silleda Solidaria e nós divertímonos debuxando, facendo marcapáxinas e escoitando ao contacontos.
Grazas por este día no que os libros, que pensabamos esquecidos, cobraron vida e deron moita vida.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
lunes, 18 de mayo de 2015
miércoles, 13 de mayo de 2015
Cocorico contado por Noelia
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe, Noelia de 2º, trouxo aos seus compañeiros e compañeiras á biblioteca para contarlles o conto de Cocorico.
Queredes escoitalo?
Animádevos, como Noelia, a vir a contar o voso conto. Pedídelle a alguén que vos grave e pronto poderedes velo no Blog!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Hoxe, Noelia de 2º, trouxo aos seus compañeiros e compañeiras á biblioteca para contarlles o conto de Cocorico.
Queredes escoitalo?
Animádevos, como Noelia, a vir a contar o voso conto. Pedídelle a alguén que vos grave e pronto poderedes velo no Blog!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2º (2014-2015),
Cocorico,
Contos na Biblioteca,
Noelia 2º
jueves, 30 de abril de 2015
LECTURAS COMPARTIDAS
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que me gusta moito ver como ledes.
Para min o Día do Libro é un día de FESTA!!!
A ilusión coa que buscades os contos para as lecturas compartidas; ver como todos os recunchos valen para a lectura e aprender que todas as compañías son boas para ler... fan grande este día
Trocamos ideas por agasallos. As cousas que ten que ter o noso conto ideal a cambio dun conto.
Para agradecer esas lámpadas que iluminan a nosa imaxinación e creatividade deixo este vídeo para que non esquenzades este día de lecturas compartidas.

viernes, 24 de abril de 2015
CONCURSO DE CONTOS DA ANPA
Foi unha actividade moi interesante e saíron contos moi fermosos. A ANPA agasallou a cada neno e nena cun diploma de participación neste primeiro concurso e cunha sorpresa. As gañadoras foron Sabela de 1º ciclo, Aroa de 2º ciclo e Mariña do 3º ciclo que levaron un fermoso lote de libros.
O xurado estivo composto polo director do centro, unha mestra xubilada e a concelleira de educación.
Ao longo da semana colgaremos un anaco do conto das gañadoras e un vídeo dos participantes. De momento aquí quedan as gañadoras.
Os contos quedarán na biblioteca para que todos e todas poidamos gozar deles e ver que coa imaxinación conseguimolo todo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2014-2015,
Día do Libro,
I Concurso de Contos da ANPA
DÍA DO LIBRO
Ola amiguiños e amiguiñas!!!Onte celebramos o Día do Libro na escola.
Xa pola mañá aparecía un mural preguntando que cousas tiña que ter un conto...
Á hora de ler, pequenos e grandes aproveitando as instalacións do cole, a entrada e os pasillos, escollíades a un compañeiro ao que contarlle un conto. Un conto escollido por vós e preparado para lerlle con toda a ilusión do mundo. Todos mirando os contos e lendo os contos. Enchendo a escola de imaxinación, de letras, de debuxos, de vida e de ledicia a través da lectura.
Rematamos esta xornada cambiando unha idea por un libro. Que ten que ter un conto? Cada un de vós aportoulle ideas á biblioteca para saber o que máis vos gusta. As cousas que teñen que ter os contos que día a día levades en préstamo para as vosas casas.
Ideas curiosas, novedosas, tradicionais, orixinais,... encheron o mural que quedou así. Amanecía baldeiro e rematou cheo de ideas!!!...
Agora toca empregar as vosas ideas para escribir os nosos contos!!!
Por que non?
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 8 de abril de 2015
Continuamos a nosa investigación
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa remataron as vacacións e queda o último tramo do curso.
Hoxe, achégome a vós para lembrarvos a cantidade de libros de investigación que tedes na biblioteca. Libros moi interesantes e útiles para dar resposta ás miñas dúbidas de "Garabullo quere saber"

Lembrade vixiar as vosas froiteiras e se hai dúbidas de como coidalas, xa sabedes que a biblioteca é o lugar ideal para solucionalas...
Gustouvos o video da plantación na páxina de VOZ NATURA ?
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 11 de marzo de 2015
SEMANA DA PRENSA
Xa chega a Semana da Prensa. As xanelas da escola ábrense ao bo tempo e as novas que veñen de fóra.
... buscan o súa exclusiva nas aulas, nos corredores ou nos patios, na prensa ou nos telediarios. Armados con lapis e papel recollen todo o que na escola ven e no mundo acontece para facer brotar as novas do CEIP Ramón de Valenzuela.
Os xornais enchen as nosas aulas, os novos xornalistas, de todas as idades,...
... buscan o súa exclusiva nas aulas, nos corredores ou nos patios, na prensa ou nos telediarios. Armados con lapis e papel recollen todo o que na escola ven e no mundo acontece para facer brotar as novas do CEIP Ramón de Valenzuela.
8 DE MARZO
Un ano máis dende a escola sumámonos á conmemoración do 8 DE MARZO: O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Por un lado achegámonos ao significado desta data a través da lectura. A importancia da muller na vida da familia, na casa, no traballo...
Por outro lado fixemos un mural entre todos os nenos e nenas da escola onde rendimos unha pequena homenaxe as nosas nais e a todo o traballo que fan. Coas nosas verbas e cos nosos debuxos recoñecemos a importancia da nosa nai e do seu traballo, rematando a frase "A miña nai traballa...".

8 de Marzo,
Día Internacional da Muller Traballadora.
GARABULLO QUERE SABER
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Este ano a biblioteca puxo como tema para investigar: Que plantamos para comer?
Trátase dun tema bastante amplo. Hai moito material e moitas posibilidades. Aquí tedes algunhas propostas para os distintos cursos!!
Agardo as vosas respostas!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Este ano a biblioteca puxo como tema para investigar: Que plantamos para comer?
Trátase dun tema bastante amplo. Hai moito material e moitas posibilidades. Aquí tedes algunhas propostas para os distintos cursos!!
Agardo as vosas respostas!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
domingo, 1 de marzo de 2015
O CARBALLO CON BOTAS
No mes de novembro os nenos e nenas de 5 anos estiveron a traballar un libro que conectaba horto e natureza con lectura.
Traballaron un conto de Anxo Moure. O CARBALLO CON BOTAS
Deixáronme esta nota na biblioteca para contarnos o que fixeron:
Nas seguintes fotos deixamos un resumo da súa actividade
E para rematar o seu traballo con este conto viñeron á biblioteca a contalo no noso blog de VOZ NATURA
Un traballo moi fermoso!!!!
Seguide así e non esquenzades de contarme o que facedes!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Traballaron un conto de Anxo Moure. O CARBALLO CON BOTAS
Deixáronme esta nota na biblioteca para contarnos o que fixeron:
Nas seguintes fotos deixamos un resumo da súa actividade
E para rematar o seu traballo con este conto viñeron á biblioteca a contalo no noso blog de VOZ NATURA
Un traballo moi fermoso!!!!
Seguide así e non esquenzades de contarme o que facedes!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)