Ola nenos e nenas!!
Xa podedes desfrutar do mural de Orellas de Bolboreta
Un traballo que comezou buscando facer un vídeo do conto de Luisa Aguilar, e rematou sendo un traballo moi fermoso e digno de admiración.
Estará dende hoxe, e ao longo de toda a semana, exposto na entrada do cole para que o vexades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
martes, 10 de febrero de 2015
PLANTAMOS UNHA OLIVEIRA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Aproveitando o bo día de sol, hoxe, decidimos plantar a nosa OLIVEIRA da PAZ chea de bos desexos. Agardamos vela medrar, do mesmo xeito que agardamos que os nosos desexos,medren e cheguen a facerse realidade.Non perdades de vista o blog de VOZ NATURA para ver as fotos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
curso 2014-2015,
Día da Paz,
Plantamos oliveira
lunes, 2 de febrero de 2015
Lecturas pola PAZ
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que polo mal tempo non rematamos as nosas celebracións para conmemorar o día da PAZ.
Ao longo destes últimos quince días estivemos contando contos, durante a hora de ler, que tiñan como tema a PAZ.
Tamén fomos enchendo una Oliveira sen follas con novos brotes cheos de novos desexos. Cada lectura traía novas follas.
Os nosos contos acabaron coa proxección de "Orellas de bolboreta" baixo unha interpretación dos nenos e nenas do cole.
Agora somentes queda plantar unha árbore que simbolice a nosa vontade por acadar os nosos desexos.
De momento deixo aquí un antes e un despois da nosa oliveira e os mellores momentos das nosas lecturas pola PAZ.
Un saúdo e xa sabedes... VËMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Ao longo destes últimos quince días estivemos contando contos, durante a hora de ler, que tiñan como tema a PAZ.
Agora somentes queda plantar unha árbore que simbolice a nosa vontade por acadar os nosos desexos.
Un saúdo e xa sabedes... VËMONOS NA BIBLIOTECA!!!
viernes, 30 de enero de 2015
Orellas de bolboreta
Ola amiguiñas e amiguiños!!
Despois de moito esforzo o conseguíchedes!!.
Orellas de bolboreta é o conto que este ano escollimos para celebrar o Día da Paz.
Un saúdo e xa sabedes.... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Despois de moito esforzo o conseguíchedes!!.
Orellas de bolboreta é o conto que este ano escollimos para celebrar o Día da Paz.
Traballamos en equipo para aprender que dun insulto podemos sacar algo positivo e que aceptando moitas realidades somos máis felices. Enfadarse xa non paga a pena!!
Noraboa polo voso esforzo e polo voso traballo.
Decidín publícalo para que todos e todas poidades velo tantas veces como queirades, así como ensinarllo ás vosas familias.Un saúdo e xa sabedes.... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 21 de enero de 2015
LECTURAS POLA PAZ
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Dende onte e ata o día 30 de xaneiro faremos Lecturas pola PAZ durante a HORA DE LER.
Este ano van acompañadas de unha pequena sorpresa. Un grupo de voluntarios de 6º prepararon un conto moi longo para ler na hora de ler. É un conto moi interesante e de grande importancia xa que parte dun feito real. Falaremos deste conto e dos que día a día imos a andar a ler nas nosas aulas.
A través destas lecturas esperamos que naza un pequeno desexo de PAZ para colgar no noso olivo pola PAZ.
Como todos os anos remataremos as Lecturas pola PAZ cunha pequena sorpresa.
Seguide ollando o BLOG e veredes todas as sorpresas!!+

30-1-2015,
A lectura: un camiño para a Paz,
Día da Paz
miércoles, 24 de diciembre de 2014
GUÍAS DE LECTURA NADAL 2014
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos nas vacacións de Nadal. Chega unha época de tempo libre para xogar, para estar coa familia, de moitos agasallos,...
Xa sei que tedes as vosas cartas escritas e agardo que pidades algún conto.
Lembrades os que vos aconsellei nas guías de lectura? Son contos moi bonitos e divertidos así que vou deixalos aquí colgados para que os reis poidan velos tamén e levarllos a todos os nenos e nenas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

miércoles, 17 de diciembre de 2014
Infantil xoga co Apalpador
Ao longo destos días os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo cousas do Apalpador. A través de preguntas e de imaxes foron facéndonos partícipes das súas aprendizaxes.
Foi moi fermoso ver como día a día o mural ía cambiando.
Unha experiencia moi divertida, grazas a que coñecemos un pouco máis a este señor e coa que ademáis o pasamos en grande.
Queredes ver todo o que fixemos e aprendemos?
Ollade este conto!!!
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
jueves, 11 de diciembre de 2014
COEDUCAMOS 2014
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como ben sabedes son moitas as actividades que se fan na escola.
Hoxe chegou ás miñas mans esta nota xunto cun vídeo das actividades que fixeron os nenos e nenas de infantil para conmemorar o 25 de novembro.
Ollade!!! Ollade!!

COEDUCAMOS
2014
Como
puidemos comprobar nas últimas entradas do blog, o pasado 25 de novembro
celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e alumnado de educación infantil
tivo a oportunidade de participar nos Obradoiros
de Coeducación: “Iguais ou diferentes”
, organizados polo CIM de Silleda.
Constaron de
dúas sesións:
- A primeira
das sesións (13 novembro) levaba por título: “O xogo no desenvolvemento
infantil. As relacións sociais nos xogos; xogando xuntos aprendemos”.
- A segunda
sesión (20 novembro) levouse a cabo baixo o título: “Transmisión de
esteriotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”.
Grazas a
estes obradoiros, o alumnado de infantil puido dispoñer de situacións de
aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales foron adquirindo habilidades
positivas e valores que contribúen a mellorar o seu desenvolvemento persoal. Porque
coeducando é o único xeito que temos ó noso alcance para tentar conseguir unha
sociedade en igualdade!!
viernes, 5 de diciembre de 2014
UN CANTO AO MALTRATO
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que ao longo deste mes estamos a publicar cousas feitas na aula ou fóra dela para traballar o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Un ano máis foron os rapaces e rapazas de 6º os encargados de interpretar para todos un Canto ao Maltrato. Berraron NON polos que non teñen voz, polos que non teñen forza, para os que o precisen.
Hoxe deixo este Canto ao Maltrato aquí colgado, non só para que o gocedes, tamén para que escoitedes e aprendades o que transmite.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 2 de diciembre de 2014
QUE PLANTAMOS PARA XANTAR?
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que plantamos para xantar? é o título dun proxecto que comenza na Biblioteca e chega a todas as actividades da escola.
Temos un horto no que imos a traballar, investigaremos sobre moitos temas, elaboraremos murais, faremos entrevistas, leremos contos e faremos todo aquelo que se nos ocurra para poñer en marcha este proxecto.
Para comezar, dende hoxe teredes a posibilidade de publicar o que facedes no horto e as vosas investigacións nun blog de Voz NATURA (picade enriba do logo para chegar ao blog)
O NOSO HORTO é o nome do noso novo Blog. Xa está en funcionamento grazas a Ana e Jorge de 5 anos, que hoxe foron os primeiros en publicar . Dende a biblioteca, e coa axuda de dúas mestras, foron traballando ata chegar ao que hoxe podedes ver colgado.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

Animádevos a publicar as vosas pescudas e os vosos traballos.
Etiquetas:
2014-2015,
Ana e Jorge,
infantil,
VOZ NATURA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)