domingo, 26 de junio de 2016

DESPEDIDA DE ALMUDENA

Xa remataron as clases!!!
Os metres andan polo cole acabando de recoller as súas aulas e preparando a documentación para que continuedes os vosos estudos dentro e fóra da escola.
A min tócame pechar o Blog ata o vindeiro curso, coller as miñas maletas para visitar novas bibliotecas e descubrir novos libros e contos para ensinarvos e ler xuntos.
Buscaba o mellor xeito de decirvos adeus, como mandarlle  unha aperta  aos nenos e nenas de 6º aos que vin medrar nesta biblioteca e pedirlles que non se esquezan de seguir lendo e visitando as bibliotecas... Cando atopei un agasallo de Almudena de 6º. Un conto e unha carta adicada a todos os nenos e nenas que estaban dispostos a mergullarse na lectura para que continuaran lendo e viaxando cada día dende as súas casas ao mundo da fantasía e da imaxinación.
Así pois. FELICES VACACIÓNS E ATA O VINDEIRO ANO. E Empregando as palabras de Almudena dígovos:

"Eu levo a lectura por todo o mundo!...
e ti?"








Entrevista a Antonio Manuel Fraga

Ola amiguiños e amiguiñas. Xa sabedes que tivemos aquí a Antonio Manuel Fraga. O escritor de Xildas, O grilo máxico ou O castañeiro de abril. Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º falaron con el e fixéronlle moitas preguntas. Os nenos e nenas de 2º quixeron deixarnos un resumo desa entrevista con Antonio Manuel Fraga.
Grazas amiguiños e amiguiñas polo voso traballo.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


AS BOLSAS DE LIBROS PARA O VERÁN

Le no verán, non sexas lacazán!!! é o lema da biblioteca para o verán.
Este ano ampliouse a posibilidade de ler libros no verán aos nenos e nenas de 6º, asegurámonos así de que veñan a vernos para o vindeiro ano.
Ata aquí chegou este curso cheo de ilusión e moito traballo. Agora as merecidas vacacións e a lectura para gozar do tempo libre.
FELICES VACACIÓNS!!!
E XA SABEDES... VÉMONOS NAS BIBLIOTECAS!!!


sábado, 25 de junio de 2016

CRISTINA CONTACONTOS EN INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil tiveron a sorte de despedir o curso con Cristina.
A biblioteca estaba a escuras e unha rapaza durmía no chan. Unha fregona que falaba e contos, moitos contos para rematar un ano de moito traballo. Grazas Cristina por unha mañá tan divertida.

viernes, 24 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 2º (2ª PARTE)

Un grupiño de 2º deixounos unhas recomendacións de lectura antes de marchar de vacacións.
Agora si que rematamos.
Grazas a Silvia, André, Cristian e Paulino que recomendaron o Grilo máxico pola importancia que tivo para eles este libro e a ilusión que lles fixo coñecer a Manuel Antonio Fraga. Ademais a recaudación pola venda deste libro vais destinada ás casas de acollida.



Por outra banda Zaira, Santiago, Saúl e Rosalía aconséllannos un libro fermoso Los amantes mariposa. Libro de Benjamin Lacombe basado nunha lenda oriental sobre a loita contra o destino duns xóvenes namorados.


miércoles, 22 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 3º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está rematando o curso, con esta xa terminan as recomendacións de lectura para o verán. Agardo que foran do voso agrado e para todos os gustos.

Sabela, Paula, Carme e Luisa (como xa fixeron un grupo de nenos de 2º) aconsellan como lectura para este verán "O grilo máxico" obra de Antonio Manuel Fraga ilustrada por Antonio Seijas co obxectivo de sensibilizar hacia a normalización dos Centros de Menores.

Xabier recomenda os Sonidos do océano un libro para zambullirse nos océanos do mundo e descubrir a maxia da vida mariña ambientadas con sonidos das profundidades.

Sara aconsella Macavity é un poema único. Escrito por T. S. Eliot, define ao gato máis travieso do mundo, que nunca deixa rastro, que sempre ten coartada, e que cando chegas... nunca está.


Elena e Lía rematan estas recomendacións con Eu curareite dixo oso pequeño. Janosch conta nesta historia que cando tigre pequeño enferma, oso pequeño preocúpase  de coidalo e todos os vecinos do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.

Por último lembrar que todas as nosas recomendacións están acompañadas da canción "Xan de Outeiro" que podedes atopar no CD de Pelo gato 24.







martes, 21 de junio de 2016

RECOMENDACIÓND DE 6º

Ola amiguiños e a amiguiñas. Hoxe son os nenos e nenas de 6º os que deixan as súas recomendacións. Libros para os que lles gusta ler, cheos de acción, sensibilidade e respecto. Unha elección moi variada, para todos os gustos. Fenomenal para acompañarnos oa longo das vacacións!!

Antía busca a aventura vivindo as andanzas de Puck, escrito por Lisbeth Werner que narra a vida dunha rapaza que atrae os misterios coma un imán. A súa aterraxe nun internado mixto, Egeborg, non podería ser máis accidentado, pero ela conta con dúas armas segredas: as gañas de gozar e a amizade.

Pola súa banda Brais e Juan aconsellan Los fieras fútbol club. É un equipo de fútbol diferente, unha pandilla de dez nenos, unha nena e un can que están tolos polo fútbol, que viven ao límite e que xogan sen complexos. Neste libro de Joachim Massannek atoparon uns iguais cos que pasar o seu verán.


Irune aconsella Ás de mosca para Anxo, un libro de Fina Casalderrey. Neste conto coñeceremos a Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria - que recibe clases de apoio-, demostrará aos seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.

Xoana toma o camino da aventura e da intriga. Recomenda El enigma de la Esfinge un libro de María Mañeru. Narra as aventuras protagonizadas polos irmáns Callender, membros do Club dos Sabuesos, rapaces cunha enorme curiosidade e un grande espíritu de aventura...

Almudena lánzase a recomendar un conto diferente; Esmeraldina, a pequeña defunta, de Ledicia Costas, que narra o camiña de Esmeraldina para converterse nunha pantasma de verdade.

Lucas e Marco finalizan esta quenda de recomendacións amosándonos que podemos ler en calquera lugar e que todo vale para ler. Nesta ocasión escolleron A lección de August, conmovedora historia de R J Palacio, na que coñeceremos a August un neno coma todos por dentro pero distinto por fóra. Este ano todo vai a cambiar para el. porque vai a ir, por primeira vez,  á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se aprende nas aulas nin nos libros de texto: crecer na diversidade, aceptarse tal e como é, sorir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.



domingo, 19 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 5º

Os nenos e nenas de 5º uníronse para facer recomendacións a nenos e nenas como eles. Aquí están as lecturas que a eles máis lle gustaron:


A Eugenia o "Diario de Nikki", de Rachel Renne Russell, publicado na editorial Molino. Cando o pai de Nikki é contratado para encargarse da desinfección dun instituto de alto standing, non só consegue o traballo para todo o ano, senón que a súa vez consegue unha beca para a súa filla. Aquí é onde comenza o sinvivir de Nikki ..

Claudia non pode deixar de ler ano tras ano "A historia interminable" de Michael Ende. Que é Fantasía? Fantasía é a Historia Interminable. É un libro de tapas cor bronce que se atopa no desván dunha escola... Estas son as tres respostas que da Bastián as preguntas dos pensadores profundos. Pero, para saber realmente o que é fantasía hai que ler o libro...

Íker recomenda Diario de Greg. Atrapado na nevePablo e Nico aconsellan Diario de Greg. Un pringao total ao igual que os compañeiros de 4º consideran que as súas aventuras son ideais para ler durante o verán. O mesmo pasa con Quen dá a quenda?Un libro que engaiolou a todos os nenos e nenas dende 3º ata 5º e todos queren recomendar.




Pola súa banda Rubén Lugo e Yago recomendan Futbolísimos escrito por Roberto Santiago y publicado en SM. Os Futbolísimos é unha colección de libros sobre fútbol e misterio protagonizada polo Soto Alto Fútbol Club. Neste equipo xogan Pakete, Camuñas, Angustias, Helena, Toni... e teñen unha misión fundamental: gañar os dous próximos partidos para evitar que a asociación de nais e país de alumnos pechen o club. Se baixan a segunda, acabouse o equipo.

Para deixar un bo sabor de boca María recomenda Taller de corazóns de Arturo Abad & Gabriel Pacheco da editorial OQO. Neste libro recréase unha artesania marabillosa na que non se arranxan zapatos, nin paraugas, nin se restauran mobles ou se zurcen descosidos pantalóns. Matías, o protagonista, repara -co mimo e coidado que pon todo artesán- corazóns danados. Non deixedes de ollar este fantástico conto que de seguro enternece o noso corazón...




RECOMENDACIÓNS DE 4º

Continuamos coas recomendacións de lectura para o verán.
Hoxe tócalles a un grupo de nenos e nenas de 4º que tiñan, máis que claro, os libros que máis lle gustaron da nosa biblioteca.
 
 Para María é "PUCK" e todas as aventuras que vive esta moza danesa e as súas amigas no internado onde vive. É moi divertido. Non o deixedes escapar.



Para Lois e Adán o mellor libro deste ano foi "QUEN ´DÁ A QUENDA?" de Heitor Cajaraville e publicado por Xerais. Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta... E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males. Imaxinade que boa é que foi FINALISTA DO PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2015.


Para Mariña e Marta "KIKA SUPERBRUJA Y LA AVENTURA ESPACIAL" Nesta ocasión, Kika Superbruja trasládase por arte de maxia nada menos que... A lúa! O malo é que o sátelite da Terra non está tan só como todo o mundo pensa e Kika acaba metida en toda unha aventura alieníxena!!. Podedes atopar estes contos de Knister na editorial Bruño.

Axel prefire "O DIARIO DE GREG". Jeff Kinney convértese en Greg Heffley de 12 anos que a través dun diario, agasallo da nai, conta e ilustra aventuras e desventuras. Un retrato moi gracioso das cousas que lle pasan a el e a nenos e nenas coma vós.



RECOMENDACIÓNS DE 1º

Ao longo desta semana Martín e Sara viñeron á biblioteca a traballar e deixaron para vós unha recomendación de lectura para o verán.




Martín recomenda "MISIÓN CANINA". É un libro moi divertido onde Marshall, Chase, Skye, Rubble, Rocky e Zuma son os valientes cachorros da Patrulla Canina. A súa misión é velar pola seguridade de Bahía Aventura, coa axuda de Ryder.



Pola súa banda Sara prefire "¿HAS VISTO MI CABRA?". É un libro de Polly Alakija publicado pola FUNDACIÓN INTERMON OXFAM. Neste conto Ayoka ten que vixiar a cabra da súa familia... pero un día a cabra desaparece. Ayoka buscaa pola cidade e ve o gran lío que se organizou nos postos do mercado... Cando por fin da coa súa cabra, Ayoka atopa ademais moitas máis cousas das que pensaba.

 

martes, 14 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 2º (1ª PARTE)

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Comezamos coas recomendacións de lectura!!!
Dende hoxe e ao longo da semana iremos facendo recomendacións de lecturas, das vosas lecturas. Así podedes ter unha idea clara dos contos para levar no verán.
Hoxe empezamos cos nenos e nenas de 2º.
Recomendan.
A merenda do señor verde de Javier Sáez Castán (Ed EKare)
Con a maxia dos pinceis adentrámonos nun sorprendente escenario onde as cores son protagonistas, representados por uns extraños seres que semellan chegados doutro mundo. Non volo perdades!!




 e A bruxa regañadente de Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello (OQO Editora)
Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…



domingo, 12 de junio de 2016

Garabullo visita 1º

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que veñen as vacacións. Toca contarvos os contos máis bonitos para ler neste tempo. Quen mellor que vós para facer esas fermosas recomendacións de lectura para o verán?
Hai uns días funllo a pedir aos nenos e nenas de 1º que me recibiron cunha grande festa e curiosidade.
Así pois, non esquezades pasar pola biblioteca a deixar as recomendacións de lectura. Estades todos invitados!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!