miércoles, 24 de abril de 2019

23 de abril. DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O tempo corre e un ano máis chegou unha das festas máis agardada nas bibliotecas. "O DIA MUNDIAL DO LIBRO"
Un ano máis o celebramos cos nosos Apadriñamentos Lectores, nenos e nenas de todas as idades mesturados e compartindo un conto. Imaxes que nos acompañan todos os anos tal día coma hoxe, converténdose nunha doce tradición que forma parte xa da nosa escola.


Tamén a idea de traer unha libraría para axudarnos a coñecer os contos e achegarnos a eles presentándonolos. Onte achegámonos aos contos tradicionais e aos contos distintos, os que falan de historias de ficción, e os que están cheos de curiosidades ou de intriga. Aqueles que presentan pequenos retos ou aqueles de consulta nos que nos sumerximos para aprender de todo un pouco. Contos! Libros! que Lola da libraría Aenea de Santiago trouxo para todos. Deixóunolos tocar, ulir,  acariñar e así puidemos escoller aquel que tiñamos que ter na nosa aula.
Unha fermosa xornada onde grazas a ela coñecemos moitos contos, que dende hoxe, están na biblioteca e moitos que pronto estarán.
E... como non? Fixémoslle unha entrevista. Os nenos e nenas de 5º aproveitaron a ocasión e preguntáronlle cousas da libraría e dos contos que aquí deixamos para que escoitedes. 
Grazas Lola! Xa saber que sempre será benvida na nosa biblioteca!!!




domingo, 21 de abril de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA: Xogando coas letras

Ola amiguiños e amiguiñas!!! A proposta deste luns é un xogo. Un xogo para traballar as letras e as faltas de ortografía. Animádevos a practicalo!!!


domingo, 14 de abril de 2019

GARABULLOS DE LECTURA: Que podemos ler en Semana Santa?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os Garabullos da lectura anímannos a probar distintos tipos de lectura. Dende contos ata libros de consulta pasando por cómics e libros de curiosidades. Que vos parece? Dádelle a vosa opinión para que a conten no próximo programa.


martes, 9 de abril de 2019

RAMÓN DE VALENZUELA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O pasado mes de febreiro fixo catro anos que o noso cole cambiou de nome. Pasou de chamarse CEIP de Bandeira a CEIP Ramón de Valenzuela.
Aproveitando que xa temos radio no cole, e que moitos non coñeces a este ilustre e importante escritor e mestre de Bandeira, o alumnado de 5º decidiu facer un pequeno Podcast. A través do programa de radio iredes sabende un pouco máis de Ramón de Valenzuela, o Ramón que lle deu nome a nosa escola.

 

domingo, 7 de abril de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!! "Os Garabullos da lectura" é o nome que un grupo de alumnos e alumnas de 6º lle dan a un traballo que comezaron hoxe para, cada luns, ir dándovos consellos de lectura, xogos para mellorar os distintos aspectos que rodean a lectura, os distintos tipos de lectura que podedes atopar... actividades lúdicas e divertidas aptas para todos.
Seguídeos e veredes que ideas vos amosan!!!




jueves, 4 de abril de 2019

4º e o Día Mundial da Saúde

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O próximo día 7 de abril celebramos o "Día Mundial da Saúde", data escollida polos compañeiros e compañeiras de 4º para aumentar os nosos coñecementos de saúde e ... que mellor xeito de facelo que falando cunha pediatra?
Pois así foi. Invitaron a Amparo Villaverde, pediatra e tía de Ana de 4º, e fixéronlle unha entrevista na que falaron de alimentación, exercicio, revisións médicas, vacinas,... un montón de cousas moi importantes para a nosa saúde.
A través da Radio fixeron chegar a todos nós a importancia de determinados hábitos e coidados moi importantes para estar sans e fortes!!
Escoitade e veredes que interesante!! 



miércoles, 27 de marzo de 2019

A MAMÁ DE CARLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Sabedes que neste cole encántanos que veñan os papás e as mamás a contarnos moitas cousas do que lles gusta facer, do que saben facer, do seu traballo...
Nesta ocasión visitounos Margarita, a nai de Carla de 4 anos. Marga é enfermeira e sabe moitas cousas de primeiros auxilios, de facer curiñas e de axudar a médicos.
Carla invitou aos compañeiros de 3 e 4 anos a unha xornada na biblioteca onde probaron moitas técnicas de primeiros auxilios que lles ensionou a súa mamá. Tamén escoitaron o corazón a través dun fonendoscopio (o aparello que todos os médicos levan sempre colgando) e moitas cousas máis.
Foi unha xornada moi divertida e de moita aprendizaxe.
Ollade que ben o pasaron!!



martes, 26 de marzo de 2019

NOTICIAS DE 4º

E as noticias da Semana da Prensa seguen chegando a RADIO GARABULLO.
Nesta escola hai unha manchea de futuros reporteiros e de grandes técnicos de son e radio. Non deixedes de escoitar aos vosos compañeiros e compañeiras de 4º e as novas tan interesantes que nos contan.


Entrevista a unha avoa

Este ano para celebrar o 8 de marzo algúns compañeiros e compañeiras da escola fixeron un traballo dedicado a unha muller especial para eles ou elas.
Este foi o caso de Elena de 6º, que escolleu a súa avoa e decidiu rematar a súa tarefa invitándoa á Radio, para facerlle unha pequena entrevista, e recoñecerlle o valor que se merece.
Aquí deixamos a entrevista feita por Elena a súa avoa Dolores que foi mestra da nosa escola.



domingo, 24 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da POESÍA.
Os poemas implican un novo xeito de escribir en liñas máis curtas que chamamos versos, tendemos a asociar estas composicións a obras que buscan expresar as emocións ou impresións do mundo para o autor, así coma o emprego da rima e outras ferramentas da linguaxe... estes poemas serían os líricos, tamén podemos contar con poemas dramáticos tipo das obras de teatro ou épicos que falan das batallas entre outras cousas.
Este ano decidimos darlle valor a unha creación poética que se leva facendo na escola dende hai moitos anos: "AS ARENGAS". A través desta expresión poética o noso alumnado colabora na conservación e valoración da nosa tradición oral e a nosa memoria.
"A poesía, din, é a memoria do mundo"
Pois aquí van as nosas arengas como memoria do mundo e como outro xeito de facer poesía.
Están recitadas na Radio da biblioteca porque as Arengas de Bandeira soan dun xeito especial.