Nun frío domingo de inverno, un grupo de mestres e mestras viñeron á biblioteca en busca de libros e aventuras. Preto da cheminea estábase de medo pero... non tiñamos as vistas da nosa Bandeira.
Cargados de contos, de música, de Nadal... saíron de excursión e conseguiron demostrar que se ben é facil "ler porque nos peta" máis doado é "ler onde nos peta".
As paisaxes que arrodean a nosa terra son fermosa... non perdades a oportunidade de ler nelas!!!
Bo Nadal a todos e todas!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
viernes, 20 de diciembre de 2013
miércoles, 18 de diciembre de 2013
ABRAHAM CARREIRO ENSINOUNOS A TRUCOS PARA OS NOSOS DEBUXOS
Ola amiguiños e amiguiñas!!!Que ía dicir que con dous círculos podemos facer unha galiña ou un cabalo?
Que artísta!!!
Foi fantástico ter a un ilustrados como Abraham Carreiro toda unha mañá para nós, e, mellor aínda, que nos contara algúns truquiños para mellorar as nosos debuxos.
Grazas Abraham polo teu tempo e polos teus consellos. Aquí queda un pequeno guiño do que foi o teu paso pola escola.Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
18-12-2013,
2013-2014,
Abraham Carreiro,
ilustradores
domingo, 15 de diciembre de 2013
UN LIBRO POLO NADAL
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
As vacacións están agardando por nós.
Falta menos para as notas e as festas de Nadal.
O festival xa está case preparado, e o cole está tan fermoso que da pena deixalo así durante as vacacións.
Eu decidín quedar aquí lendo contos e libros preto da cheminea. Para min, o Nadal, é un tempo ideal para ler un conto cunha taza de chocolate quente. É un tempo ideal para regalar un libro ou incluso para pedirllo aos reis nas nosas cartas.
Se precisades algunha idea, se non tedes claro o que máis vos gusta... aquí deixo uns conselliños.
Non hai mellor agasallo que un libro polo Nadal.

martes, 10 de diciembre de 2013
6-12-2013 DÍA DA CONSTITUCIÓN
Ola amiguiños e amiguiñas.Rematou a semana adicada á Constitución.
Os alumnos de 6º resumiron e axudáronnos a entender este libro tan complicado.
A través dos debuxos que pintamos entendemos un pouco máis que son os nosos dereitos e cales son.

Tamén limos un conto divertido onde a Constitución conta un pouquiño da súa historia. Para que non esquezades todo o que fumos aprendendo deixo aquí un resumo en fotos do traballo dos nenos e nenas de 6º.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2013-12-06,
6º (2013-2014),
Día da Constitución
O MONSTRO PELUDO
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal despois dunha fin de semana tan longa?
Eu sigo por aquí. Rebuscando entre as cousas que ides facendo. Sabedes que atopei? A representación dun conto que fixeron os de 6º para vós:
O MONSTRO PELUDO
Lembrades? Na aula do medo un grupo de alumnos e alumnas de 6º deron vida a un conto durante os días do Samaín. Fixeron moito máis divertido o noso paso pola aula do medo. Amosaron outro xeito de contar un conto. Os personaxes foron cobrando vida. Foi un conto, que lonxe de dar moito medo, fíxonos rir un montón grazas a simpatía e o cariño deste mozos e mozas.
Aquí deixo o vídeo para que o vexades tantas veces como queirades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Que tal despois dunha fin de semana tan longa?Eu sigo por aquí. Rebuscando entre as cousas que ides facendo. Sabedes que atopei? A representación dun conto que fixeron os de 6º para vós:
O MONSTRO PELUDO
Lembrades? Na aula do medo un grupo de alumnos e alumnas de 6º deron vida a un conto durante os días do Samaín. Fixeron moito máis divertido o noso paso pola aula do medo. Amosaron outro xeito de contar un conto. Os personaxes foron cobrando vida. Foi un conto, que lonxe de dar moito medo, fíxonos rir un montón grazas a simpatía e o cariño deste mozos e mozas.
Aquí deixo o vídeo para que o vexades tantas veces como queirades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
6º (2013-2014),
cousiñas de Garabullo,
O MONSTRO PELUDO,
Samaín 2013
martes, 3 de diciembre de 2013
DÍA DO PEÓN 2013
Ola amiguiños e amiguiñas. Atrás queda o mes de novembro, un mes no que voltamos a sacar os trompos, besbellas, pimpirinolos, bailaretes, perperellas...
Quen nos ía dicir que un xoguete de madeira pequeniño daba tanto xogo!
Aprendemos un montón de nomes do trompo, recitamos refráns, xogamos con adiviñas, cantamos cancións e fixemos os nosos trompos cos froitos de outono... Sen esquencer, claro está, que aprendemos a lanzar o trompo e a mellorar as nosas técnicas os que xa o sabiamos bailar.
Para non esquencer todo o que aprendemos e todo o que atopamos nos libros deixámolo recollido nun mural.
Hoxe, como resumo do mes, déixovos esta pequena presentación para que non esquenzades o aprendido e para que vexades como bailades o peón.

domingo, 24 de noviembre de 2013
25-11-2013 DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Mañá luns 25 de novembro celébrase o día da non violencia contra as mulleres. É unha data a ter en conta nas aulas. Un tema moi importatante para a nosa formación como xente do futuro.
Falamos do tema ao longo da semana pasada e seguiremos falando esta semana, agora xa, coa axuda dos libros que expoñemos na entrada do cole.
Ata agora conseguimos berrar, escribir, inventar, buscar,... frases que fixeran máis fácil comprender o significado do 25 de novembro.
Son frases feitas por vós. En realidade son un resumo do que hoxe queremos conmemorar. Agardo que vos gusten. Seguide traballando nesta liña!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Falamos do tema ao longo da semana pasada e seguiremos falando esta semana, agora xa, coa axuda dos libros que expoñemos na entrada do cole.Ata agora conseguimos berrar, escribir, inventar, buscar,... frases que fixeran máis fácil comprender o significado do 25 de novembro.
Son frases feitas por vós. En realidade son un resumo do que hoxe queremos conmemorar. Agardo que vos gusten. Seguide traballando nesta liña!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
jueves, 21 de noviembre de 2013
CLUB DE GARABULLO
Outro club de lectura agroma na biblioteca.
Club de Garabullo é o club de lectura formado polos nenos e nenas de 3º.
Do mesmo xeito que onte fixeron os rapaces e rapazas de 5º, hoxe, a aula de 3º animouse a iniciar o súa andaina formando o seu club de lectura.Escolleron, para comenzar, o libro
O corazón do bosque.
Que lle pasará a Raquel para que aquela excursión acabara sendo inesquecible? Que estraño personaxe estaba agochado na súa mochila?
Semana a semana acompañando ao Club de Garabullo iremos dándolle respostas a estas preguntas e descubrindo unha fermosa aventura.
Queredes formar parte dela? Pois estade atentos as novas dos clubs de lectura da Biblioteca de Bandeira.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Club de lectura de 3º
Club de Garabullo
Club de Garabullo
Etiquetas:
2013-2014,
Club de Garabullo,
club de lectura,
cousiñas de Garabullo
miércoles, 20 de noviembre de 2013
AMIGUIÑOS DAS LETRAS
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe quero saúdar aos nenos e nenas de 5º que comezan unha nova aventura.
Xoeliki é un neno de 11 anos que xoga aos videoxogos e bota horas chateando en Internet. A vida de Xoeliki é moi rutineira ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo...
Como vedes a aventura de Xoeliki e dos rapaces e rapazas de 5º vaise unir nunha lectura conxunta, divertida e chea de anécdotas que de seguro leremos no Blog.
Estade atentos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Club de lectura de 5º:
AMIGUIÑOS DAS LETRAS
Etiquetas:
2013-2014,
Amiguiños das letras,
club de lectura,
cousiñas de Garabullo
LINDA Á ESPREITA
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que sorpresas me dades!!
Cada día vexo como vides a biblioteca... Os libros van e veñen e máis dunha vez pregúntome se realmente os ledes con ilusión...se pensades a quen lle leeríades un conto... se aconsellades os contos que vos gustan aos vosos compañeiros e compañeiras...
A semana pasada Aminata, Xián e David de 5º estiveron ollando contos de infantil. Entre os tres prepararon o conto "Linda á espreita". O resultado... déixovolo aquí para que opinedes. Eu somentes podo darlles as grazas por facer que os contos cheguen a infantil dun xeito tan agarimoso. Grazas polo voso tempo e polo voso esforzo. Seguide así. Parabéns!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2013,
5º de primaria,
Contacontos,
cousiñas de Garabullo,
linda a espreita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)