Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos a rematar o curso e queremos saber que pensades da biblioteca e das actividades que oferta. Aquí deixamos unha enquisa para que fagades e nos axudedes a mellorar.
martes, 3 de junio de 2025
lunes, 2 de junio de 2025
XOGO VASO-PELOTA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 2º ensinounos a facer un xoguete empregando produtos de refugallo. Toda infantil e 1º ciclo pasou pola biblioteca a facer o xoguete. Queredes saber como se fai e o divertido que é?
jueves, 29 de mayo de 2025
Novas de Bandeira, por Lía Enríquez e Sara
Ola amguiños e amiguiñas!! Sabedes unha das cousas que máis nos gustan na Biblio e na Radio? É ver todo o que aprendedes e o autónomos que sodes!! Onte cando Sara e Lía Enríquez de 6º quixeron subir soas a emisora de Radio Garabullo a facer un pequeno programa encantounos. Elas soas escribiron a escaleta e gravaron soas durante o recreo para poder emitir o podcast no comedor do cole. Un traballo fantástico. Moitas grazas.
miércoles, 28 de mayo de 2025
FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes de maio o alumnado de 4º tivo dúas sesións de formacion de Radio na Biblio da man de Cristina Collazo.
Aprenderon a importancia dun bo quecemento corporal e da voz, a preparación da mesma, a vocalización, os cambios de ton e de ritmo así como a modulación.
Non esquecer que aínda que sempre debemos levar unha escaleta que nos de confianza no momentos da gravación na radio, tamén debemos estar preparados para a improvisación, a creatividade, a espontaneidade...
Con todo o aprendido e improvisando fixeron este conto para Radio Garabullo. Queredes escoitalo? Despois podedes ver os mellores momentos deste divertido Obradoiro.
domingo, 25 de mayo de 2025
INSTRUMENTOS DA MEMORIA
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns o 2º e 3º ciclio de primaria contou cun obradoiro moi especial.
A Deputación de Pontevedra, con motivo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e a poesía popular oral, da man da Fundación Legar ofreceronnos representacións musicais didácticas dirixidas a promover o interese pola música de raíz.
Ao longo de 2 horas dunha forma activa e participativa realizaron un percorrido pola historia da nosa música de raíz, dende os instrumentos primitivos ata os máis comúns hoxe en día.
miércoles, 21 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns celebramos as "Letras Galegas" no cole. Foi unha xornada acompañada de lecturas compartidas en galego, música e aprendizaxe. Aquí tedes algúns momentos.
Tivemos apradriñamnetos lectores onde maiores e pequenos compartiron un contiño en galego.
LAMBECAZOLAS 2025: Tortitas de plátano
Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso non rematou, así que as actividades do Lembecazolas e as receitas saudables seguen a ser ben recibidas.
A pasada semana a mestra de 6º de infantil, Leticia, fixo unhas tortitas de plátano co seu fillo. Quedaron tan ricas que decidiu ensinarlle a súa clase a facelas e organizar así "Un fantástico e divertido venres de merenda".
Nós aproveitamos para ensinarvos as súas receitas e recomendar un par de libros de receitas que podedes atopar na biblioteca para ampliar as vosas merendas!!
Comezamos con Frutas divertidas de Iryna Stepanova. A creatividade e a froita unidas para facer ricas merendas.
Continuamos con Sin dientes y a bocados de Juan Llorca. Unha guía completa accesible e imprescindible; ideal para axudar a resolver dúbidas frecuentes sobre o paso da lactancia á alimentación complementaria regulada e dirixida polo propio bebé.
Outro podería ser Aventuras e desventuras dos alimentos ultraprocesados de Teresa Benéitez. Algunha vez tivéchedes curiosidade por saber de onde veñen todos os alimentos que aparecen na nosa mesa?
martes, 20 de mayo de 2025
BIBLIO CREATIVA PARA MELLORAR
Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades de Biblio Creativa. Grazas a aplicacións coma CANVA e as posibilidades da Biblio Creativa estamos a mellorar a nosa cartelería. Que opinades? Vides a crear carteis á Biblioteca?
PANDERETEIRAS. LETRAS GALEGAS 2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos as "Letras Galegas" no cole. Este ano está dedicado á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandereteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva que quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Nós quixemos recoller un pouco desa tradición oral nas nosas pandeiretas. Escaneando os códigos QR podedes ver como cada aula interpretou a súa cantiga ao seu xeito. Queredes velas?
Pasade polo cole e vide a escanear as nosas pandeiretas!!
A NOSA FACHADA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis a "Fachada do cole" amanece celebrando as Letras Galegas e aos seus homenaxeados. Queredes ver como loce a nosa fachada?

.jpg)
.jpg)


