Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o "Día de Rosalía". Un día especial que celebraremos no cole cunha homenaxe a nosa poetisa. Recitaremos e cantaremos os seus versos máis coñecidos, plantaremos pensamentos, coma cada ano, para honrala e decorar as fiestras da nosa biblioteca e aprenderemos moitas cousas de Rosalía para entender mellor a importancia dunha das galegas máis famosas do mundo.
Este ano a proposta de aprendizaxe ven da man dunha colaboración entre o noso cole e o "CEIP Ramón Otero Pedrayo" de Amoeiro. Queredes aprender máis cousas de Rosalía ? Pois adiante!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Gustáronvos os "Baldréus" ? Foi unha visita moi emocionante... Gozamos moito correndo diante das súas vasoiras, mais un pouco de medo tamén pasamos.
Os compañeiros e compañeiras de 6º fixeron un estupendo traballo de presentación, e xa foron introducindo a estas figuras que, dende o pasado ano, forman parte do Entroido de Silleda. Os Baldréus chegaron coas súas chocas, enchendo de festa e ruído o pavillón, e fixeron que corréramos e pasáramolo moi ben. Finalizaron contándonos as curiosidades da súa vestimenta e tamén de dúas novas figuras, dúas novas máscaras inspiradas non só no riquísimo románico trasdezao, senón tamén na natureza que rodea aos templos.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Familias e escola traballamos da man para conseguir medrar todos xuntos en positivo. Hoxe na Biblioteca tivemos unhas charlas do Plan Director sobre Violencia de Xénero e Igualdade que tiveron moi boa acollida.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes, todos os anos, temos a sorte de ser os primeiros en poder gozar do "Alto dos Xenerais Infantil". Un alto protagonizado por alumnos e alumnas desta escola. É moi divertido ver como empregan as arengas para facer broma de todo o que rodea a vida da escola e de Bandeira. Coma sempre o deixamos por aquí para que poidades volver a velo.
Tamén queremos aproveitar para darlle as grazas a todos e todas os que están implicados nesta actividade e fan que ano tras ano poidamos disfrutala. Grazas.
Ola amiguiños e amiguiñas! Unha vez máis estamos aquí para agradecer ás familias as súas visitas as aulas para contar contos de amizade e paz. Tamén para compartir coas aulas dos pequenos lecturas, parladoiros e xogos relacionados con todo aquelo que dominan. Así ao longo destes meses tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca a :
Fátima a nai de Martín de 2º. contoulles o conto Un huevo muy bueno de Jory John. unha historia divertida e encantadora para lembrar a importancia e o coidado de cada un de nós e a aceptación dos que queremos.
Tamén estivo por aquí Bea a nai de Eloi de 6º. Falaron do Entroido e mantiveron un parladoiro dos perigos que esconden as redes sociais.
Outra visita que nos gustou moito foi a de Iago, primo de Noela de 5º. Achegouse a nosa radio para falarnos dunha das súas aficións e case traballo: O Balonmán. fixémoslle unha entrevista en Radio Garabullo e despois recibiron unha sesión de entrenamento.
A nosa última visita. ata o de agora, foi Yolanda a nai de Laura de 1º de primaria e de Lucía de 3 anos. compartiu con todo o alumnado de infantil e 1º La gran fábrica de las palabras de Agnes de Lestrade e de Valeria Docampo da editora Tramuntana. Unha lectura de amor e amizade que nos engachou ata o último momento.
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 13 de febreiro foi o "Día Mundial da Radio" e a nosa radio: Radio Garabullo, celebrouno moito co Entroido e os seus programas foron emitidos tanto en Radio Voz coma en Ponte nas Ondas. Para Radio Garabullo é un orgullo poder escoitarvos noutras radios. Sodes os mellores locutores do mundo e se queredes ver os vosos programas picade na imaxe:
Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" emitido o luns 12 de febreiro, tedes que picar aí, no 12 de Febreiro de 2024:
Ponte nas Ondas, non esquezades picar na imaxe e na parte que se corresponde co noso cole:
Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o día . Hoxe en Radio Voz no programa de Amelia Ferreiroa "Voces do Deza" podedes escoitar dúas entrevistas. Unha feita por Mariña e Izan de 4º a Xosé Filloy para saber máis dos Baldréus. Outra feita polo alumnado de 6º a Xosé Casal acerca do Alto dos Xenerais de Bandeira. Ambas podedes escoitalas a partir da unha.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como todos os anos o alumnado deste cole participa no Alto dos Xenerais Infantil. Coma todos os anos mañá temos o Alto en primicia para nós. E coma todos os anos José axuda a asociación do Entroido á preparación do Alto Infantil. Se ademais temos en conta que o vindeiro día 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e piden que fagamos algún programa de radio relacionado co Entroido... Xuntamos todo e invitamos a José para facerlle unha entrevista sobre o Entroido. Os encargados de facela foron os nenos e nenas de 6º e foi unha mañá moi divertida e entrañable na que aprendemos moito do Entroido. Non deixedes de escoitala!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis entramos no Entroido acompañados de investigación e creación. Non só recreamos os sombreiros e máscaras de Entroidos moi famosos coma son o de Cobres, Laza, Verín ou o noso de Bandeira, senón que tamén investigamos e quixemos contar en Radio Garabullo todo o que descubrimos. Non volo perdades!!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO