Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabede estamos dentro dun proxecto que se chama "Ler en Familia" e unha das vosa compañeiras, Noela de 5º, invitou ao seu primo Iago a vir a falar con nós do que sabe: Do balonmán.
Os nenos e nenas de 5º pasaron unha xornada estupenda falando e practicando balonmán e como non aproveitando a ocasión para entrevistar a este porteiro tan divertido. Escoitade:
Ola amiguiños e amiguiñas!! Algún de vós escoitou falar algún día dos Baldréus? Son figuras do Entroido de Silleda que están empezando a agromar. O vindeiro xoves virán ata o cole a facernos unha visita. Unha das súas peculiaridades é que non falan así que Mariña e Izan andiveron investigando como aprender cousas dos Baldréus e chegaron a Xosé Filloy, moi coñecedor deste Entroido. Así que, colleron os seus chalecos de reporteiros e a gravadora e foron a Silleda a entrevistalo. Queredes saber o que lles contou? Escoitade!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegou o "Día da PAZ". Viña nun tren cheo de lecturas e acompañado dos mellores desexos dos nenos e nenas deste cole.
Os máis pequenos contaron coa axuda dos nenos e nenas de 6º que lles contaron contos tan bonitos coma Negros e Brancos ou Elmer de David Mckee, Orellas de Bolboreta de Luisa Aguilar ou Frederick de Leo Lionni.
Os máis grandes aproveitaron as horas de ler para compartir lecturas coma A Fuxida de Berta Davila, El Deshielo de Riki Blanco, El cielo de Afganistán de Ana A. de Eulate ou Batalla de Naipes de Juan Ignacio Pérez Palomares.
Lecturas que buscaban dun xeito ou outro chegar á PAZ e rexeitar as Guerras. Son contos que buscan acadar valores positivos tan importantes coma a solidariedade, o respecto, a amizade e sobre todo a celebración da diferenza. Valores que xa viaxan con nós no noso "TREN DA PAZ".
Ola garabulliños e garabulliñas!! Lía Enriquez e Mateo estiveron polos estudos de Radio Garabullo emitindo un pequeno podcast.
O vindeiro venres será a festa do Entroido no cole e queren pinchar música para o patio do cole. Xa saben algúns temas que van a poñer, pero tamén queren contar con vós e os vosos consellos. Escoitade!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o 2º programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".
Darío, Carla, Noa e Anny de 4º achegáronse aos estudos de Radio Garabullo para felicitar a todos os nados no mes de novembro e decembro e para contar as últimas novas do cole.
Queredes saber que contaron? Pois dádelle ao play!!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO