Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Un ano máis abrimos este espazo coa festa da biblioteca. Os compañeiros e compañeiras de 6º fixeron un vídeo moi divertido para lembrarnos as normas da biblioteca e amosarnos o novo espazo dedicado á Radio da Biblioteca. Hoxe foi o día escollido para ver ese vídeo e para recibir un agasallo de Garabullo. Un pequeno lapiceiro que lembra ao colector de plástico.
Con este agasallo e o lema que leva "Se non queres contaminar, o plástico debes reciclar" (feito polo alumnado de 6º) empezamos un novo ano na biblioteca. E un novo proxecto: "DESPLASTIFÍCATE".
Aquí tedes o vídeo da biblioteca e outro coas vosas fotos para que pasedes un fantástico fin de semana.
Un saúdo e xa sabes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
E rematou o curso!!! Tivemos cancións, teatro, contacontos, merendas e xogos. Moitas emocións que podedes lembrar ollando este pequeno vídeo.
Disfrutádeo!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!!! Como ben sabedes os vosos compañeiros e compañeiras de 5º representaron unha obra de teatro para despedir este curso e en especial ao alumnado de 6º que deixa o cole para empezar unha nova etapa: O instituto.
A obra de teatro representada leva por título "Unha aula do colexio".
Un traballo estupendo rapaces!!!
Ola amiguiños e amiguiñas. Como sabedes tivemos a Javi Solla no noso centro o martes 18 de xuño. Foi o noso premio por facer tan bo traballo coa compostaxe e a súa presentación no Congreso de Compostaxe da Deputación de Pontevedra. O premio foi para todos. E a verdade que o disfrutamos moito.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa se achega o fin de curso. Moito tempo de lecer!!! Os axudantes da biblioteca "Os Garabullos da Lectura" decidiron que a poesía é unha lectura moi divertida e danvos consellos para que xoguedes con ela durante o verán. Pois xa sabedes!! A ler e xogar coa poesía no verán!!
Ola amiguiños e amiguiñas!!
As nenas de 5º querían facer un Ksmishibai distinto para todos e todas, pero en especial para os nenos e nenas de infantil. E como saben que o que máis lles gusta son os animais, pois fixeron un Kamishibai dos animais da xungla. Elas debuxaron os animais e cóntannos cousiñais destes animais.
Animádesvos vós a facer debuxos doutros animais e contarnos outras curiosidades para facer máis grande este Kamishibai que partiu do conto "A Jungla"?
O 5 de xuño celébrase o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano pon especial interese na redución da contaminación do aire. Sabemos que unha das causas da contaminación do aire é o lixo. Así o entenderon os compañeiros de 1º e 2º que despois de aprender moitas cousas dos montes e da súa importancia, entenderon que había que coidalos moito e sen dubidalo fixeron unha saída aos montes que rodean o cole. Ademáis de gozar do paseo e merendar decidiron limpar os camiños e recolleron o lixo que foron atopando contribuíndo un pouquiño ao coidado do noso monte e do Medio Ambiente.
Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado 3 de xuño tivemos a sorte de contar unha vez máis coa visita de Héctor Cajaraville.
Veu a falarnos do seu libro "Kusuma" gañador do Premio Merlín 2018. Aproveitando o noso traballo sobre "O Noso Monte" os vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º leron "Kusuma" unha fábula que ten coma escenario un monte galego e coma protagonistas unha gran variedades de animais do máis variado, curioso e divertido que poidades imaxinar. Un libro moi interesante e que da moito que pensar.
Foi unha xornada moi agarimosa que rematou cunha entrevista na radio a Héctor. Non vola perdades!!
Como xa sabedes os vosos compañeiros de 5º e 6º participan no programa de VOLUNTARIADO DE LECTURA-A. Pola súa labor foron seleccionados 10 centros e un deles foi o noso. O traballo dos vosos compañeiros foi moi valorado e recoñecido. O seu premio: un obradoiro de formación con Paola Guimerans.
Paola é unha artista que investiga novos materiais e aplicacións da tecnoloxía nos procesos artísticos. Defensora da cultura maker e inspirada pola cultura do "faino ti mesmo", no seu traballo explora novas formas de arte e deseño interactivo e novos xeitos de aprender.
Ofreceunos un obradoiro no que falou de cidades intelixentes e de contos con tecnoloxía. Invitounos a crear a nosa cidade intelixente e unha escena dun conto con tecnoloxía, empregando circuitos e luces LEDs. Foi unha actividade moi divertida e interesante e todos e todas conseguiron crear o seu circuito!!
Rematamos o día facéndolle a entrevista que colgamos en Radio Garabullo e poderedes escoitar a continuación. Tamén temos un vídeo resumo da actividade.
Xa estamos desexando poder contar con ela de novo para que todos a coñezades!!!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO