jueves, 14 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Este ano achegámonos á figura de Rosalía de Castro a través da súa poesía, da man dunha grande artista: UXÍA SENLLE.
Aprendemos que a música é un dos mellores xeitos para gozar da poesía. As cancións de Uxía retratan perfectamente a esa muller que uns chamaron tola e outros santa, a verdadeira Rosalía.
Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureira ou fada. Unha 
Rosalía coma nós. Así a cantamos e así festexamos o seu día.
Premede na foto




lunes, 11 de marzo de 2019

Ticket Negro

A Biblioteca é un espazo con moitas oportunidades. Algúns dos vosos compañeiros a través dos libros de investigación ou buscando información na rede decidiron facer experimentos.
Aquí tedes a Sara e a Luisa investigando o que lle pasa a un ticket da compra ao pasarlle calor.
Que vos parece? Animádevos e vinde a biblioteca a propoñernos os vosos experimentos. Iremos colgándoos no enlace seguinte. 

domingo, 10 de marzo de 2019

Xornadas de Formación na Radio

Este ano tivemos a sorte de ser un centro seleccionado de Radio na Biblioteca.
Unha vez escollida a aula que ía a ser a nosa Radio e dotala do material necesario, de darlle a Radio o nome de: "Radio Garabullo"... Comezaron as xornadas de formación. Primeiro formáronse os profes e despois os compañeiros de 5º, que serán os encargados de axudar as vosas emisións radiofónicas e a formarvos coma auténticos técnicos de son.

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Como non podía ser menos o "Entroido" está tamén presente na biblioteca. Ollade que ben o pasaron as nosas axudantes da biblioteca!!


Tampouco perderon ocasión de visitarnos os compañeiros e compañeiras que participan no "Alto Infantil". Semellan xenerais de verdade!! Que ben o fan!!


lunes, 25 de febrero de 2019

III Encontros Escolares de Entroido

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis tivemos os nosos Encontros Escolares de Entroido, tal coma viñamos anunciando. De momento non colgamos o Alto dos Xenerais infantil porque queremos sorprender ás xentes da Bandeira que queiran pasar a ver o "Noso Alto" o sábado 2 de marzo. Pero si deixamos as fotos dunha xornada que os alumnos de 5º e 6º viviron o pasado mércores en Vila de Cruces.
Divertídevos con elas!!!


martes, 19 de febrero de 2019

ATRANQUES ESCOLARES DOS XENERAIS DO ULLA

Xa está aquí o Entroido. Escoitamos, nos recreos, coma os maiores preparan, un ano máis, as súas "arengas" para o "Alto dos Xenerais" (o alto infantil, claro está). Coma en anos anteriores compartiremos o noso alto con outros centros que están traballando, coma nós, para conseguir que os Atranques dos Xenerais do Ulla, continúen no tempo. É a nosa tradición e non debemos permitir que se perda.
Este ano foi o CEIP Cerdeiriñas de Piloño o que nos xuntará mañá no Auditorio de Vila de Cruces para celebrar os III Encontros do Entroido. Alí ademáis do noso cole e o de Piloño tamén estarán, coma en outras edicións, o IES Marco do Camballón, o CEIP Nosa Señora da Piedade e o CEIP de Merza.
Tamén contamos coa axuda de asociacións como a Asociación Cultural do Vello dos Cornos, Asociación amigos de Salgueiros e a Asociación Cultural Cornamentas de Piloño; así coma o apoio dos concellos de Vila de Cruces e de Silleda.
Agardamos que sexa unha xornada inesquecible que xa vos contaremos.
Un saúdo e... VIVA O ENTROIDO! 

ANTÓN FRAGUAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano as letras galegas 2019 están dedicadas a Antón Fraguas, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo moi amante da súa terra e dos seus costumes e tradicións.
Non ten contos nin poemas dos que nos gustan aos nenos e nenas pero a través da súa biografía veremos o interesante e grande home que foi e aprenderemos moito das nosas tradicións.
Polo momento mándovos as aulas este libro escrito por Héctor Cajaraville: «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo»
que conta moitas cousas deste escritor e Mestre, grande persoeiro da cultura galega do século XX.




lunes, 18 de febrero de 2019

ASTRONOMÍA 1º

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Hoxe déixovos o resultado dun proxecto de investigación de "Astronomía e o Espazo" feito polos nenos e nenas de 1º. O resultado o plasmaron nestas representacións plásticas do Universo. Gústanvos??


viernes, 15 de febrero de 2019

UN E SETE

Brais e Paulino escolleron un libro de Gianni Rodari Uno y siete onde atopamos a historia dun neno que a súa vez era sete nenos. Cada un dos nenos era totalmente diferente pero ao mesmo tempo todos completamente iguais… Semella que é un lío verdade?
Pois non deixedes de escoitar este conto e veredes coma todo é máis fácil de entender.




martes, 12 de febrero de 2019

AQUÍ ES MI CASA

Aquí es mi casa é un libro de Jerome Rullier que ensina en apenas trece imáxenes cousas sobre o espazo dun mesmo, sobre a amizade, a integración, as claves da convivencia... un libro estupendo para aprender a rirnos da fronteiras e dos límites que nós mesmos nos marcamos.
Así o ven e contan Silvia e Euxea.
Non volo perdades!!