Aquí temos a Miguel e Isaac cun álbum ilustrado de Nikolai Popov: Por que?
Para o autor "Se os nenos e nenas poden entender a insensatez da guerra, se se dan conta do fácil que é caer nun ciclo de violencia, quizais no futuro se convirtan en impulsores da paz".
Os vosos compañeiros fixeron os diálogos e así quedou a historia.
Cristian, Santiago e Saúl escolleron o contoNadarín de Leo Lionni, un libro ideal que invita a pensar e aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto debido a quen é diferente. A superación dos medos, a forza de vontade para gozar do que nos rodea e coma mensaxe final lembrar que " A unión fai a forza" Ollade a ver se vos gusta. Un saúdo e vémonos na Biblioteca
Continuamos coa actividade de "Lemos en PAZ". Hoxe tocoulle a Rosalía e Ainhoa ler cos nenos e nenas de infantil.
Escolleron Bajo el mismo techo no que Britta Teckentrup fainos ver que todos vivimos baixo o mesmo ceo e a miúdo compartimos esperanzas e soños. É un fermoso álbum troquelado que valora todo aquilo que nos une aínda que sexamos diferentes.
Lemos en PAZ é unha actividade que facemos todos os anos cando se achega o DÍA DA PAZ.
Este anos os maiores de 5º (colaboradores da biblioteca) decidiron ser os encargados de contarlle os contos en infantil. Entre moitos seleccionaron aqueles que máis fáciles eran de contar e de que infantil entenderá o valor de PAZ.
As primeiras en contar o seu conto foron ZAIRA E ALBA. O conto que escolleron foi Todos menos uno. Un conto de Éric Battut. Narra a historia dun chícharo que quere ser diferente ao resto dos que vivían na súa mesma planta.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabedes o que é a CDU? Pois é un consello de como clasificar e colocar todos os libros da biblioteca para que poidamos atopalos. Nós seguimos a que propoñen as Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano houbo unha pequena renovación da man de Óscar Villán que fixo uns debuxos que nos engancharon e que decidimos aproveitar. Sabendo que cada vez se unen máis bibliotecas a esta CDU esperamos que pouco a pouco sexa máis doado atopar os libros en calquera biblioteca galega, ao facelo todos do mesmo xeito. Este foi o resultado.
Gústavos?
Ola amiguiños e amiguiñas!! Lecturas na aula, palabras fermosas en distintas linguas e expresadas a través da plástica, lecturas compartidas e música rodearon este ano o noso "Día da Paz". O resultado material de tantas cousas vividas o temos na nosa "PIRÁMIDE DA PAZ". A lembranza das vivencias do que foron uns días interesantes, de aprendizaxe, de empatía e solidaridade quedan recollidos neste vídeo. Un saúdo e xa sabedes… VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma cada ano saíron xa as mochilas viaxeiras cargadas de contos, de maxia e ilusión. Entre lecturas, música, fotos e vídeos podedes gozar dunha fantástica semana de mochila viaxeira. Non esquezades levala as vosas casas e aprender un montón disfrutando.
Un saúdo e xa sabedes… VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
Ola amiguiños e amiguiñas!!! Achégase o "Día da Paz" e xa temos un montón de contos na entrada do cole para que levedes ás vosas aulas e leades cos vosos compañeiros.
Contádenos se vos gustan as lecturas!!!
Os maiores escribiron as súas cartas aos REIS MAGOS, despois axudaron aos máis pequenos, e xa todos puideron ir ao buzón a deixar os seus desexos de Nadal. Unha entrañable xornada que rematou cun riquísimo chocolate con churros.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO