Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O pasado mércores 21 de febreiro tivemos a visita duns fantásticos contacontos de Kalandraka que fixeron que os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º pasaran un mañán moi divertida.
lunes, 5 de marzo de 2018
VISITA DE TOÑO BREY
O xoves 8 de febreiro tivemos a visita dun dos mellores "Xenerais" de Bandeira: Toño Brey, o pai de Carme e Martín.
Toño foi amosándonos esta parte do entroido que enlaza coa tradición. As arengas e o "Alto" cos seus atranques.
Comezou a participar no Entroido e no "Alto dos Xenerais" de moi novo. Cando contaba uns 15 ou 16 anos. Primeiro ía no coro e despois pouco a pouco foi participando no Alto, como centinela nuns casos, correo noutros e finalmente coma Xeneral.
Contounos que antigamente as arengas facíanse en castelán e eran improvisadas (nunca sabías o que che podían dicir), pero que aínda así tiñan preparados pequenas estrofas para sair do paso ante rivais moi duros, como Manolo Servando, Tato (que tiña un castelán moi chulo) Sueiro ou Gómez entre outros.
Entre as curiosidades contounos que o Alto está relacionada coas Guerras cos franceses; soupemos que os traxes (que pretendían imitar aos dos militares), primeiro os facía unha muller de Vedra e despois se lle encargaban a un xastre; na actualidade hai unha comisión encargada do Alto que coida os traxes, busca aos participantes e organiza todo o festival. Contounos tamén que os cartos veñen dos "Vivas" e tamén das axudas do Concello. E non quiso rematar a charla sen facer referencia ao noso alto infantil. Dixo que lle gustaba o que facíamos aínda que nos animaba a improvisar as nosas arengas e a facelas nós mesmos
Foi unha xornada moi interesante que rematou con Toño e Carme lanzando uns Vivas moi divertidos.
Moitas grazas Toño por unha tarde tan divertida.
viernes, 2 de marzo de 2018
DÍA DA MULLER
Achégase o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. É unha data que nos lembra a importancia de loitar pola igualdade entre mulleres e homes. Un data simbólica que debe estar presente nas nosas vidas ao longo de todo o ano. A través da lectura podemos formar o noso pensamento e o noso espíritu crítico. Ollade na entrade do cole os libros que propoñemos.
domingo, 18 de febrero de 2018
Rosalía que namoras!!!
Atrás queda "O día dos Namorados".
Que mellor xeito de entender esta data que a partir de lecturas. Lecturas que nos fan lembrar a importancia das amizades e da familia. De lembrarlles, a todos os que nos rodean e nos queren, o importantes que son para nós.

Rosalía así o facía nos seus poemas, non só amosaba o amor aos seus senón tamén a súa terra e a súa lingua.
Seguindo a Rosalía aproveitamos este mes de Febreiro para amosar o amor e admiración á nosa poeta e aos seus versos:
Negra sombra; Campanas de Bastabales; Cando era tempo de inverno; Has de cantar; Eu cantar, cantar, cantei; Quíxenche tanto, meniña! ou Xan son entre outros os poemas que escollemos para honrar á nosa admirada poetisa.

Queredes ver unha mostra de como quedou o cole?:
Etiquetas:
Dia de Rosalía 2018,
Día dos Namorados 2018
jueves, 8 de febrero de 2018
ECOPREGUNTOIRO
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os vosos compañeiros de 6º viviron esta semana unha aventura apaixoante. O pasado martes 5 compañeiros vosos participaron no Ecopreguntoiro demostrando os seus coñecementos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. Foi unha xornada moi divertida e unha experiencia inesquecible.
miércoles, 7 de febrero de 2018
Saen as mochilas viaxeiras
Xa saíron as "MOCHILAS VIAXEIRAS". Un ano máis os xoves saen as mochilas camino das casas. Van cheas de imaxinación e creatividade, de coñecemento e diversión. Cada mochila leva o seu conto, o seu álbum ilustrado, película, libro de consulta,... e un montón de cousas máis que xa vos irei contando.
Que contentos saíron os vosos compañeiros da biblioteca para levarvos as vosas mochilas!!
Que contentos saíron os vosos compañeiros da biblioteca para levarvos as vosas mochilas!!
Lecturas con AMOR
Febreiro é coñecido coma o mes dos namorados. Así que dende a biblioteca propoñemos que non esquezades de buscar nos contos esas mensaxe de amor, amizade e cariño e de lembrarlle a todos os que queredes o moito que os queredes cunha grande aperta ou simplemente cun sorriso.
Mércores de Lecturas Compartidas
Coma todos os mércores o voluntariado de 5º reúnese cos nenos e nenas de 1º para compartir as súas lecturas e falar de contos durante a "Hora de Ler".
Ollade que centrados están!!
lunes, 5 de febrero de 2018
II Encontros do Entroido
E despois de tantos ensaios e de tanta preparación chegou o momento de poñelo en práctica. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron a Vila de Cruces a ver as diferentes formas de facer un Atranque. Aprenderon que aínda que os "Altos dos Xenerais" son semellantes teñen aspectos que os diferencian: entoación, ritmo, temática,...
A verdade que estamos aprendendo moito do noso entroido e as rapazas que van a participar no "Alto dos Xenerais" de Bandeira fanno estupendamente.
Non vos esquezades de ir a velas o domingo.
Tamén podedes seguir o BLOG para descubrir máis cousas.

viernes, 2 de febrero de 2018
Día da PAZ 2018
Un ano máis tomamos o "Día da PAZ" como motor de saída de boas intencións para o curso escolar. Este ano o noso obxectivo foi pensar nas cousas boas que axudan a que nos sintamos ben, o mellor dos que nos rodean, os camiños que debemos seguir para vivir tranquilos.Fixemos o noso SEMÁFORO DA PAZ para ver como todo o que pretendemos é posible.
Os voluntarios da biblioteca axudáronnos a buscar libros que poderíamos empregar para poñer as "ideas verdes" (as boas e as positivas) do semáforo en camiño.
Como cada ano, ao longo de 9 día rotamos 9 contos dos que aprendemos moito; e rematamos esta época adicada á PAZ, cunha canción que nos anima a "Camiñar xuntos pola PAZ" de Jesús Pareja.
Un montón de actividades que marcaron un bo comezo de curso e esperemos que nos acompañen ao longo do mesmo.
VIVAMOS XUNTOS POLA PAZ, UNIDOS POLA PAZ como dicia a canción.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)