lunes, 20 de febrero de 2017

LIBERAMOS LIBROS: As viaxes dos nosos libros

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades a actividade que comezamos o ano pasado polo Día do Libro? Nenos, nenas, mestres e pais axudáronnos a "Liberar libros". Libros que toman vida polas rúas cumprindo a súa función de acompañar, entreter e divertir... a quen os atope.
Hai pouco chegou ata nós esta carta de Antía García González que nos encheu de ledicia ao ver que os nosos libros están vivos:

"Boas tardes, esta tarde paseando polo centro comercial Pontiñas de Lalin, miña nai topou un libro titulado "Os soños na gaiola". Ela misma decidiu regalarllo a sua neta que tanto lle gusta ler libros. Cando acabe de lelo deixarao en algún recuncho para que alguen o atope. Boa iniciativa. Noraboa! 😃"

Con esta ilusión agardamos seguir recibindo novas dos nosos libros liberados!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

LAMBECAZOLAS 2017

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Chega o tempo dos cocidos. Seguro que axudades nas casas a facer postres para xantar no Entroido. Aproveitade para que vos graven e traede os vosos vídeos ao cole, temén podedes envialos ao seguinte enderezo electrónico: conversascongarabullo@gmail.com
Se queredes ver os que xa mandaron premede na imaxe.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 15 de febrero de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Dende o día 2 de febreiro as mochilas viaxeiras sairon da biblioteca rumbo as vosas aulas e as vosas casas. Van cheas de imaxinación, ledicia, ilusión, creatividade e diversión que atoparedes nos contos, álbumes e películas que levan. Non podo esquecer as fotos vosas que recollen eses momentos no que fúchedes protagonistas das actividades do cole. Agardo que disfrutedes con elas.
Un saúdo e xa sabedes... vémonos na biblioteca!!!


miércoles, 1 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Atrás queda o día da PAZ. Un día para todos nós inesquecible. Por unha banda vimos o conto resultado do traballo de todos os nenos e nenas da escola, si de todos vós.
Rematamos o noso mural cheo de mensaxes positivas para continuar o noso camiño pola escola. Sen esquecer as nove lecturas enlazadas, nove contos por e para a PAZ.
Por outra banda, e grazas a Sonia a mestra de inglés e a María a mestra de música, achegámonos á música tradicional, xuntando pasado e presente, xuntando a arte da tradición oral das cantareiras coa arte de todo un cole unido nunha soa voz, nunha soa canción símbolo inequívoco do bo camiño, o que leva á PAZ.

lunes, 16 de enero de 2017

CALENDARIO 2017

Ola nenos e nenas!!!
Sodes uns artistas. O calensario deste ano é fermoso grazas a vosa interpretación da arte. Aínda que cadaquén ten o seu calendario aquí deixamos unha copia para que todos poidan velo e gozalo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 11 de enero de 2017

O APALPADOR

O Kamishibai é unha técnica máis de tantas que existen para contar contos. André e Brais de 3º quixeron participar no festival de Nadal utilizándoo para contar o conto de "O Apalpador" e como foi tan fermoso repetimos aquí o conto para todos vós.
Debemos dar as grazas ao CEIP Nosa Señora de Xubencos de Boborás por ceder as láminas que facilitaron tanto poder contar este conto.
O resto das actuacións do Festival de Nadal o tedes pinchando en Festival de Nadal

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 19 de diciembre de 2016

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Chega o Nadal e as vacacións. Tempo de ocio e divertimento, tempo de familia e agasallos, tempo de doces e de Reis e como non? Tempo de lectura. Aproveitade para ler e gozar cos contos da nosa biblioteca e para aqueles que queiran un, aquí tedes esta guía de lectura cos mellores LIBROS para pedirlle aos reis.
BO NADAL!!!!


miércoles, 14 de diciembre de 2016

A CARTA DOS REIS

Hoxe foi un fantástico día onde os maiores e os pequenos compartimos estupendos momentos escribíndolle a carta aos Reis Magos. Ao rematar compartimos un riquísimo chocolate con churros e a xogar ao patio. Que ben ule a chocolate e Nadal!!!


lunes, 12 de diciembre de 2016

MANNEQUIN TERCEIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aquí na biblioteca estamos abertos ás novas tendencias.
A pasada semana os nenos e nenas de 3º fixeron un mannequin ghallenge na biblioteca para poder amosarnos como traballan cando nos visitan.
Gustavos? Pois traede máis ideas e as levaremos a cabo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

LECTURAS 25 DE NOVEMBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como sabedes ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron contando contos polas aulas para axudarnos a entender e conmemorar o "Día Internacional contra a violencia de xénero".
Dende as aulas pouco a pouco fomos recollendo as cousas fermosas que podemos aportar para axudar a quen sexa víctima da violencia de xénero e fixemos o noso MURAL de "Se loitas podes atopar..."
Aquí o resultado do voso traballo... e como non? Os contos que os nenos e nenas de 5º e 6º foron gravando na Biblioteca para todos nós.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!