martes, 18 de noviembre de 2014

A BIBLIOTECA XA ESTÁ FUNCIONANDO

Si amiguiños e amiguiñas a biblioteca segue a funcionar!!!
O día 24 de outubro marcou o comezo desta nova temporada. Os contos de Celsiño foron a chave para abrir as portas da biblioteca e poder ollar un vídeo feito polos vosos compañeiros. De repartir os carnés aos rapaces e rapazas novos no centro así como de lembrar as normas da biblioteca.
Pasámolo en grande!!
Agora véxovos pasar por aquí todos os días pedindo contos e películas, pero lembrade que tamén podedes mandar os vosos consellos de lectura!!
Anímovos a contar contos aos compañeiros.
Tamén podedes facer recomendacións escritas ou en vídeo
Xa sabedes que eu estou orgulloso do voso traballo e todo o que facedes queda aquí para que todo o mundo o disfrute.
Hoxe podedes ver aquí o vídeo de apertura da biblioteca
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free digital slideshow by Smilebox

martes, 11 de noviembre de 2014

Celsiño Contacontos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Lembrades o día de festa da Biblioteca? Lembrades que ben o pasamos con Celsiño?
Pois agora é o momento de amosarllo a todos e todas, de lembrar os contos e as cancións que nos ensinou. De pasar un estupendo momento
Agardo que disfrutedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 7 de noviembre de 2014

A AULA DO MEDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Queredes ver a aula do medo? Queredes xogar a buscar a vosa cabaza e amosarlla aos vosos papás e amigos?
Pois pinchade na foto e veredes o video que xa está colgado na páxina web do cole!!
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbandeira/
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 2 de noviembre de 2014

CONCURSO DE CABAZAS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Pero que traballadores sodes!! Que mal o pasaron os mestres decidindo cales eran as gañadoras.
Todas distintas, todas curiosas, unhas buscando ser máis fermosas e outras más medorentas,unhas moi creativas e outras máis tradicionais... Todas valían, todas foron mencionadas pero, como ben sabedes, houbo que escoller a máis creativa, a máis orixinal e as mellores de cada ciclo.
Estas son as cabazas gañadoras:

De infantil: Breixo con "O noso horto"



De 1º ciclo Euxea con " A bota"


De 2º ciclo Claudia con "A Lúa"


De 3º ciclo Sara de 6º con "O Espantallo"


 Laura a máis creativa "A Boda"


María á mellor tallada "Os gatos"
 

 
 
E aquí están todos contentos coas súas cabaciñas:
 
 
 
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

LOBOFEROZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Nesta fin de semana andiven recopilando todas as actividades que ao longo destas semanas están pasando no cole, para que poidades voltar a velas cando queirades.
Os nenos e nenas de 2º representaron un conto da editorial OQO que se chama Loboferoz, un conto moi divertido para unha data sinalada como esta.
Queredes voltar a velo?
Agardo que vos guste!!
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

sábado, 25 de octubre de 2014

OLA AMIGUIÑOS!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aquí estamos un ano máis para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares". Coma cada ano o 24 de outubro é o día no que a nosa Biblioteca comeza a funcionar. Os vosos mestres, ata agora, estiveron reordenando os andeis, houbo formación de axudantes da biblioteca, fixéronse os novos carnés, as normas e horarios, programáronse as actividades de cara a este curso e, nas últimas semanas, organizouse a festa da biblioteca.
As actividades comezaron ás 10 da mañá con Celsiño Contacontos e remataron despois do recreo cunhas visitas programadas á biblioteca. Alí, ollamos un video, que quixeron facer para vós, os vosos compañeiros de 6º. Este ano escolleron amosarvos as cousas que podemos facer na biblioteca...
Aquí volo deixo!!
Agardo que vos guste
Saúdos e xa sadedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 20 de junio de 2014

Esa Lus

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as vacacións!!
Hoxe despedímonos ata setembro. O vindeiro curso comezará con novas actividades, moitas ilusións e algunha que outra sorpresa.
Os meus axudantes vanse e botarémolos en falla. Dende aquí mándovos unha aperta e xa sabedes que esta biblioteca deixa as súas portas abertas para todos e todas os que algún día fúchedes os meus ollos e as miñas mans.
Grazas!!
Para iniciar estas vacacións que mellor que amosarvos este vídeo onde toda a primaria xuntouse para interpretar "Esa Lus".
As vosas caras cheas de ilusión, a vosa tenrura, o voso traballos, as cariñas de infantil querendo imitar os vosos xestos...
Queredes velo? Pois aí vai!!
Parabéns polo voso traballo!!
Felices vacacións!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

domingo, 15 de junio de 2014

Kamishibai de Díaz Castro

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Recordades que nas letras galegas os compañeiros de 5º invitaron a toda a escola a biblioteca? Lembrades que durante uns días á "Hora de Ler" foron contandonos a vida dun señor?
Estou marabillado por como facedes todo con tanta ilusión e como o recibides. Ao longo de varias sesións vin como empregando o Kamishibai os nenos e nenas de 5º contaban a biografía de Díaz Castro a toda a escola, dende infantil ata 6º. Foi un traballo duro, pois o Kamishibai non é doado de manexar. Pensar en falar dun autor contando a súa vida é un grande reto... O resultado foi fantástico.
Queredes velo? Pois xa sabedes dádelle ao play!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 2 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS DE 4º

Xa se achegan as vacaións, e o tempo libre, e que mellor xeito de aproveitalo que con unha boa lectura?
Hoxe os nenos e nenas de 4º achegan aquí as súas recomendacións para todos.
Interesantes ideas para levar nas bolsas de lectura de verán non volo perdades!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


jueves, 29 de mayo de 2014

TEATRO EN INGLÉS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Volto a decir que nunca deixaredes de sorprenderme. O pasado martes na hora de ler escoitaba como uns rapaces e rapazas atraían a atención de toda a escola. Eran os alumnos e alumnas de 4º que representaban un pequeno teatriño en inglés para a escola.´
A verdade que foi impresionante!! Gustoume moitísimo e vexo como día a día ídevos superando e sodes quen de recitar un poema en galego, cantar unha canción polas letras galegas ou facer un teatriño para a escola e en inglés.
Parabéns aos actores e parabéns a ese público que é o mellor e goza con todo o que se lle amosa.
Aquí deixo os tres teatriños que se representaron para que sigades rindo ao longo deste último mes de clase.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

BATHTIME FOR FIFI





LUNCHTIME WITH ALLIENS





WANDA THE WITCH