Ola. amiguiños e amiguiñas!
Os nenos e nenas de infantil xa están a levar os seus contiños para ler en casa. Para eles é unha festa pasar polo nosa biblioteca e escoller as súas lecturas preferidas. Mirade que contentos marchan!!
BIBLIOTECA/EDLG
Lemos porque nos peta!
Ola. amiguiños e amiguiñas!
Os nenos e nenas de infantil xa están a levar os seus contiños para ler en casa. Para eles é unha festa pasar polo nosa biblioteca e escoller as súas lecturas preferidas. Mirade que contentos marchan!!
Ola, amiguiños e amiguiñas!
A semana pasada, Alicia de 4º de infantil pediunos un conto que tiña moitas gañas de ler, e seguindo as súas recomendacións trouxemos para a biblioteca "La sirena cantarina" de Julia Donaldson.
Conta a historia dunha serea adorada polo público. pero que pronto vai a descubrir aue a vida nunha pecera non pode substituír á liberdade do ancho mar.... Non vos conto máis. Se queredes coñecer a historia desta serea xa a temos na biblioteca.
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Aproveitando a celebración do Día da Radio e do Entroido, os nenos e nenas de 6º decidiron preparar un podcast especial... Xa que entrevistaron a sete compañeiros e compañeiras —Antía, Carla, Uxía, Daniela, Mariña, Martín e Andrés— que participaron no Alto dos Xenerais Infantil de Bandeira, unha experiencia chea de tradición, emoción e orgullo.
Ao longo da entrevista coñeceremos como viviron ese día e que sentiron ao formar parte desta tradición singular e senlleira declarada Festa de Interese Turístico.
Parabéns polo gran traballo realizado!
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Dende a escola e a biblioteca, seguimos medrando e creando espazos que conviden a compartir, imaxinar e convivir. Desta volta, aproveitamos o oco das escaleiras para transformalo nun recuncho de convivencia e creatividade para o tempo de lecer.
Este pequeno gran espazo está aberto para grupos reducidos, cun máximo de 5 nenos e nenas, favorecendo así un ambiente tranquilo, respectuoso e acolledor.
Aquí poden:
🖍️ Pintar e colorear, deixando voar a súa imaxinación.
🎭 Crear e decorar as súas propias carautas, desenvolvendo a súa expresión artística.
🧩 Compartir momentos arredor do “Puzzle de Rosalía”, descubrindo e reconstruíndo xuntos a imaxe dunha das figuras máis importantes da nosa literatura, Rosalía de Castro.
Este novo recuncho non é só un lugar para crear, senón tamén para aprender a convivir, respectar as quendas, coidar o material e gozar do tempo compartido cos compañeiros e compañeiras.
Animámosvos a achegarvos e participar!
Ola, amiguiños e amiguiñas!!
Xa comezou a 5ª edición da Liga Saudable de Plátano de Canarias, un torneo escolar, que combina aprendizaxe e diversión a través de aventuras educativas en formato escape room dixital.
Unha experiencia inmersiva,impulsada por Plátano de Canarias que invita a descubrir que coidarse, alimentarse ben e consumir froita tamén pode ser unha gran aventura!
Para participar tedes que premer na ligazón do voso curso, poñer o voso número na aula e superar as distintas probas. Moita sorte!!
Enlace para 3º de Primaria:
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Vega, Hugo Otero e Xoán coa colaboración de Hugo Fuentes de 5º convértense en auténticos reporteiros deportivos no seu novo podcast, no que analizan a última xornada da liga de fútbol con gran profesionalidade e entusiasmo.
Ao longo do programa ofreceron os resultados dos partidos disputados, fixeron un repaso do ranking actualizado da competición e comentaron algún momento destacados do partido entre Lalín e o SD Bandeira con Hugo Fuentes. onde puideron coñecer de primeira man as sensacións vividas no encontro.
Un podcast informativo, emocionante e cheo de paixón polo deporte que demostra, unha vez máis, o talento comunicativo do noso alumnado. Un podcast feito por eles sos, sen ningúen na emisora, recreando o que, para eles, é unha boa reportaxe dunha xornada de fútbol. Parabéns, reporteiros e reporteiras!
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Como xa sabedes hai un Proxecto da Biblio onde Garabullo foi pedindo cousiñas. O alumnado do 1º ciclo tiña como obxectivo "Recuperamos o noso horto" e xa comezou a poñerse mans á obra.
Investigaron o que estaba a pasar e por que Garabullo pedía axuda...
Así que visitaron o horto e, despois de ver o o estado no que se atopaba, acordaron que cousas se podían facer. Unha das propostas foi solicitar a axuda das familias para limpar e arranxar o horto.
No vídeo podedes ver como estaba ao principio de todo e o proceso de cambio.
Dende aquí queremos agradecer ás familias do 1º ciclo toda a axuda prestada.
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Os pareados feitos por todos e todas vós son tan fermosos e orixinais que tiñamos que escoitalos. Da man do alumnado de 6º tivemos un recitado dos vosos poemas para celebrar así, todos xuntos, o 23 de febreiro, Día de Rosalía.
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Este ano unimos dúas datas moi importantes: o Día dos Namorados e o Día de Rosalía de Castro. A través de pareados homenaxeamos a nosa poeta máis internacional e tamén o valor do amor e da amizade.
Aquí tedes o resultado do voso traballo!
Ola, amiguiños e amiguiñas!
O pasado 24 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de Primaria viviu unha experiencia inesquecible coa súa visita aos estudos de Cadena SER. Durante a xornada tiveron a oportunidade de coñecer por dentro como funciona unha emisora de radio e, ademais, asistir en directo á emisión dun programa.
Aprenderon que non se le igual en todos os formatos radiofónicos: practicaron diferentes tipos de lectura segundo se tratase dun anuncio publicitario, dunha retransmisión deportiva, da lectura das novas do día ou mesmo dun conto. Descubriron a importancia da entoación, do ritmo e da expresividade para comunicar mellor a través da voz.
A experiencia foi moi completa: participaron nun divertido concurso, gravaron o seu propio spot publicitario e estiveron presentes na entrevista a Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Tamén puideron escoitar a entrevista aos representantes do programa de acollida familiar e formar parte dunha interesante quenda de preguntas a un veterinario, no que resolveron moitas dúbidas sobre o coidado das súas mascotas.
Sen dúbida, foi unha mañá chea de aprendizaxes, emocións e novas experiencias que achegaron o mundo da radio ao noso alumnado dunha maneira práctica e moi motivadora.
Se queredes escoitar o programa de radio somentes tedes que premer na imaxe. Máis abaixo o vídeo resumo do día.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Esta semana celebramos o Día de Rosalía💙.
Nesta ocasión quixemos unir a celebración do Día de Rosalía co Día dos Namorados porque pensamos que a mellor maneira de homenaxear que compartindo palabras fermosas.
A nosa proposta para todas as aulas é a de crear rimas pareadas: Unhas dedicadas á amizade e outras cheeas de admiración cara a Rosalía. a nosa poeta máis querida.
Agardamos as vosas creacións!! Versos pequenos con grandes sentimentos!
Ola, amiguiños e amiquiñas!!
Brais de 2º de primaria, aprendeu a facer un bote da calma. Primeiro investigou, despois redactou os pasos necesarios para levalo a cabo e, finalmente, fixo varios botes.
Máis tarde, decidiu ir as distintas aulas para explicarlles aos seus compañeiros e compañeiras como se fai un bote da calma.
Este foi o resultado!
Vós tamén queredes aprender a facelo?
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Como cada ano, celebramos no cole o noso agardado Festival de Entroido, unha xornada chea de cor, música e moita ilusión.
A aula de "usos múltiples" encheuse de disfraces orixinais, creativos e divertidos. Houbo risas, desfiles e moitas ganas de pasalo ben.
Parabéns ao alumnado de 6º, que puxo o broche final á festa coa súa actuación musical. Grazas pola vosa entrega, polo voso valor e por compartir con todos nós ese momento tan especial para pechar o Entroido como se merece.
Queredes ver o resumo da xornada?
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Coma cada ano, recibimos con moita ilusión a visita dos Xenerais do Alto Infantil. Unha tradición moi especial para o noso cole, xa que foi aquí onde comezou, daquela só co alumnado de 6º de Primaria, escribindo e recitando as súas propias arengas.
Hoxe, grazas á Escola de Xenerais, esta fermosa tradición medrou e chega xa a nenos e nenas máis pequenos, mantendo viva a nosa cultura desde idades moi temperás.
Este ano acompañáronnos Antía, Mariña, Carla, Andrés, Martín, Uxía e Daniela de 6º, xunto cos membros da Escola de Xenerais do Entroido e Naiara Peña, alumnad de 6º do cole de Silleda.
Queremos poñer en valor, unha vez máis, as arengas escritas polos nenos e nenas, cheas de creatividade, retranca e orgullo polo noso.
Moitas grazas por seguir facendo tradición!
Ola, amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 2º de Primaria tamén se sumou á celebración do "Día da Radio", achegándonos recomendacións lectoras. Buscaron na biblioteca os seus libros preferidos e achegáronse á nosa emisora paran gravar este pequeno podcast. Escoitámolo?
Ola, amiguiños e amiguiñas!! Esta semana estamos a celebrar o "Día Mundial da Radio" e os nenos e nenas de 1º de Primaria querían pasar por Radio Garabullo para contarvos algo. Pensando e pensando, acordaron que como no Entroido hai moito tempo de lecer, poderían falar dos xogos cos que mellor o pasan... e aquí tedes o resultado.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano celebramos o "Día Mundial da Radio". Entre o 11 e o 20 de febreiro iremos colgando pequenos podcast feitos nas distintas aulas, onde cada un foi o protagonista da súa propia edición.
Sen embargo, hoxe toca falar de 5º de primaria, que fixo un podcast sobre Intelixencia Artificial para colaborar con Ponte...nas ondas! (PNO). Ao longo de 30 anos Ponte...nas ondas! creu no emprego da Radio Escolar como medio de comunicación interescolar, como recurso educativo para a transmisión do patrimonio cultural. E iso foi o que os fixo merecentes de estar hoxe como un modelo de boas prácticas para a UNESCO:(https://youtu.be/Zp73bEhRl7I).
Nós, da man do alumnado de 5º de primaria, e coma pequena emisora escolar, tamén quixemos unirnos a outros centros con Ponte...nas ondas! e participar na elaboración dun pequeno podcast sobre Intelixencia Artificial. Queredes escoitarnos? Pinchade na imaxe!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe en moitas escolas celebramos o "Día da Muller e da nena na ciencia" Os compañeiros e compañeiras de 5º están a preparar cousas moi bonitas para conmemorar esta data.... Pero decidiron ir contando pouco a pouco e unila ao co 8M "Día da Muller".
Así todo quixeron achegarvos esta proposta da Unidade de Divulgación Científica da UDC, que convoca unha nova edición de Atrévete a pescudar con elas!, unha iniciativa dirixida a todos os compañeiros e compañeiras de primaria.
Primeiro tedes que ollar este vídeo no que investigadoras da Universidade da Coruña achegan o mundo da investigación ao ámbito educativo, compartindo non só a súa traxectoria científica e profesional, senón tamén vivencias persoais e anécdotas que buscan espertar a vosa curiosidade e interese pola ciencia e pola carreira investigadora.
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Chega a semana da celebración do "Día Mundial da Radio", acompañada de choivas e alertas. E cando o tempo non acompaña e non podemos saír ás rúas disfrazados... que facermos? O alumnado de 4º danos unhas recomendacións.
Ola, amiguiños e amiguiñas! Que sabemos do Entroido? O alumnado de 3º decidiu aprender máis cousas o Entroido e aproveitar a nosa emisora para dar a coñecer todo o que sabe desta festa tradicional. Queredes escoitalo?
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa chega o Entroido e as ganas de disfrazarse... Pero imos pouco a pouco, cas mandadiños de Garabullo, poñendo a nosa imaxinación a andar. Queredes saber o que temos que traer, pois este cartel non deixes de ler!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano o alumnado de 6º compartiu as lecturas da PAZ cos máis pequenos do cole. Organizados en pequenos grupos foron interpretando e teatralizando os contos ao seu xeito, buscando unha forma divertida e entretida de contar. Os resultados foron maravillosos e aquí os tedes para disfrutar.
Os contos escollidos foron:
- A horta de Simón de Rocío Alejandro editado por Kalandraka
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado martes, 3 de febreiro, o alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de participar nun "Obradoiro Radiofónico" da man de Cristina Collazo, dentro do programa Radio na Biblio.
Aprenderon dende como prepararse antes dunha gravación, como quentar o corpo e a voz... ata como adaptar as voces e os materiais da contorna para recrear sons coñecidos e con eles darlle vida ás nosas historias.
A través de diferentes dinámicas foron pouco a pouco desenvolvendo a súa creatividade e pasando unha mañá moi divertida.
Ola amguiños e amiguiñas! A pasada semana celebramos o "Día Escolar da NON Violencia e da Paz".
Ao longos desta semana fixemos as "LECTURAS POLA PAZ", nas que, a través dos contos que lemos nas aulas e que nos leron os de 6º, reflexionamos sobre valores coma a amizade, o respecto ou a resolución pacífica de conflictos. As lecturas convertéronse en voces e o camiño para facer un mundo mellor.
Outra das actividades que triunfou foron os xogos cooperativos, nos que o obxectivo principal non era competir, senón axudarse, colaborar e avanzar xuntos e xuntas, ademais de pasalo ben.
Aquí queda o resumo dunha semana especial.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe comezamos a Semana da Paz. Ademais das actividades programadas nas titorías para traballar estas datas e dunha pequena sorpresa que nos ten preparado o Equipo de Convivencia para o venres 30 de xaneiro "Día Escolar da non Violencia e da PAZ"; dende a biblioteca propoñemos unha serie de lecturas para compartir na aula:
Dado que hoxe estamos na casa por alerta vermella decidimos deixarvos uns vídeos feitos por nenos e nenas que estiveron no cole hai moitos anos.
Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar e editado por Kalandraka. Foi feito polo alumnado de 2015.
Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 5º achegouse a emisora de Radio Garabullo para despedir a súa compeñeira Antonella e dedicarlle unha canción.
Dende hoxe Antonella inicia unha nova etapa lonxe da nosa escola Non é doado dicir adeus, pero facémolo con orgullo e agradecemento polo camiño compartido, polos momentos vividos e pola pegada que deixas entre nós.
Antonella en nome da túa aula de 5º e de todo o cole queremos desexarte moita sorte nesta nova aventura, convencidos de que saberás adaptarte, aprender e seguir medrando coa mesma ilusión e fortaleza que amosaches aquí.
Esta escola será sempre parte da túa historia, e ti formarás parte da nós.
Deixamos aquí este pequeno agarimo dos teus compañeiros. ATA PRONTO!!!