Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana do Libro e que mellor xeito que facendo recomendacións lectoras. Ao longo da semana moitos dos vosos compañeiros e compañeiras pasaron pola biblioteca durante os recreos para falar das súas lecturas favoritas. En tres pequenos vídeos poderedes ver recomendacións de todo tipo. Dádelle ao "play" e gozade con estes consellos.
domingo, 28 de abril de 2024
As Recomendacións Lectoras da Semana do Libro 2024
martes, 2 de abril de 2024
EXPERIMENTOS COA AUGA por 6º de Infantil
Estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon.
Este proxecto rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa elaboración dun LapBook para cada un dos nenos e nenas cun resumo de todo o aprendido.
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024
O Día das Artes Galegas foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.
A Academia escolle cada ano un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano o homenaxeado foi Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega e da escultura no século XX. Autor de esculturas en madeira policromada como A Santa ou San Francisco, coa que gaña a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid; ou os monumentos a Ramón Aller e a Xoaquín Loriga en Lalín.
Os compañeiros e compañeiras fixeron unha exposición para falarnos da súa vida e da súa obra, pero non quixeron rematar o seu traballo, sen probar as súas posibilidades creativas, e facer as súas propias creacións.
miércoles, 13 de marzo de 2024
PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER
Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Os vosos compañeiros de 4º Izan, Mathías, Martín e Andrés subiron á emisora para felicitar a todos os que naceron nos meses de xaneiro e febreiro ademais de contar as novas do cole.
LECTURA E FAMILIA con Raquel
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita. Raquel, a nai de Martina Bahamonde de 4º de infantil, veu a contarnos o conto de Cocorico. Encantounos!! E ademais trouxo un agasallo. Un conto para cada un!!
lunes, 11 de marzo de 2024
Superavoa
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 7 de marzo o alumnado de infantil e 1º ciclo tivo unha visita: David Rodríguez.
David é escritor, ilustrador, músico e contacontos. Aproveitou a súa visita para contarlle aos nosos compañeiros e compañeiras o conto Superavoa, escrito e ilustrado por el. Unha fermosa historia dunha avoa, que podería se a nosa, capaz de facer mil cousas, e todas a un tempo, coma se tivesen poderes máxicos. As avoas son supermulleres, son as nosas superavoas.
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024: Francisco Asorey
Ola amiguiños e amiguiñas! O vindeiro 1 de abril celebraremos o Día das Artes Galegas. Este día foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.
Cada ano a Academia escollerá un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano está dedicado a Francisco Asorey e para que vaiades aprendendo algunha cousiña déixovos este xogo feito pola colaboración de moitos coles.
domingo, 10 de marzo de 2024
SEMANA DA PRENSA
sábado, 9 de marzo de 2024
COMETAS LITERARIAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o 8 de marzo e na Biblioteca estivemos cociñando unha actividade pola igualdade. Nenos e nenas, pais e nais unidos nun mesmo obxectivo crear "Cometas Literarias" para facer voar con elas os nosos desexos de Igualdade.
viernes, 8 de marzo de 2024
8M e os Escornabots
Ola amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 5º estivo na biblioteca traballando na procura dunha proposta de traballo para conmemorar o 8M. Despois de buscar nos libros e nos ordenadores e aproveitando os recursos que ofrece a biblioteca creativa decidiron facer un xogo empregando os Escornabots. Se queredes probar pasade pola biblioteca!! Picade na imaxe e veredes o seu traballo!!