viernes, 17 de mayo de 2024

ENTREVISTA A LUÍSA VILLALTA

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º leva moito tempo invetigando e aprendendo moitas cousas sobre Luísa Villalta. Muller creadora e intrépida loitadora pola cultura e os dereitos das mulleres. 
Con todo o aprendido fixeron unha entrevista ficticia a Luísa Villalta. Un pequeno guiño, onde a través das preguntas imaxinaron as respostas que daría a nosa homenaxeada.
Así fixeron un programa de radio que aquí deixamos para todos e todas. Este programa máis curto e simplificado foi presentado ao VI Concurso de Podcast-Radio na Biblio.
Nesta ocasión non gañamos... Pero o programa está xenial e nós temos toda a vida para seguir intentando gañar o premio.
Parabéns 4º de primaria e FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

miércoles, 15 de mayo de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER 4

Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".  Os vosos compañeiros de 4º Uxía, Antía, Yeray e Emilia coa axuda de Izan e Cova subiron á emisora para felicitar a todos e todasaos que naceron nos meses de marzo, abril e maio, ademais de aproveitar para contar todo o que no cole está a pasar.

O "Conto" de Clara, Gabriel e Hugo de 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha das cousas coas que eu, Garabullo, gozo? É ollándovos na biblioteca collendo contos, xogando, debuxando, facendo chapas, investigando... En definitiva dádolle vida ao meuespazo preferido: A biblioteca!! Pero cando sodes vós, os nenos os que creades cousiñas aínda estou máis feliz e orgulloso.

A pasada semana os nenos e nenas de 2º pediron ir á radio para gravar contos e receitas creadas por eles. Fun a mascota da biblioteca máis feliz que poidades imaxinar e aquí tedes un dos contos. O conto de Blue escrito e lido por Clara, Hugo e Gabriel de 2º.


BATIDO DE PLÁTANO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión quen se achegou aos estudos de Radio Garabullo foi Daniel de 2º para aconsellarnos unha merenda saúdable e moi fácil de facer. Ademais penso que estará boísima. Escoitade!!

viernes, 10 de mayo de 2024

CHARLA CON ÉRICA ESMORÍS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha cousa? Cando os mestres e mestras do cole traen a alguén para falar con vós e contarvos cousas sobre o seu traballo, sexa ilustrador, escritora ou investigadora... Sempre teñen medo de que algo falle, de que non vos guste ou de que vos aburra. Aínda así arriscan e pasan cousas e momentos tan bonitos coma o do pasado 9 de maio con Érica Esmorís.

Érica Esmorís é unha grande escritora que conduce unha furgoneta e a que lle encantan os animais. Se non fose escritora traballaría de veterinaria. É unha muller moi alta e cos cabelos longos. Fala despacio e claro e dende que empezou a súa conversa con 3º e 4º enganchounos de tal xeito que cando rematou a súa charla e marchou.... Todos os nenos e nenas de 3º e 4º  voltaron a coller os libros en préstamo desta muller máxica que desprende creatividade por todos os lados.

Nesta ocasión falamos de Patio de luces e de  Nena e o mar.

Patio de luces, XI Premio de Narrativa Infantil Cidade de Málaga 

Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e vai ao patio para observar a roupa dos tendais e fantasiar con como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?

Nena e o mar Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

Puerto Ballena es una villa marinera en la que todos sus habitantes perdieron la esperanza. Solo Otto, el último hombre joven de la villa, sigue saliendo al mar a diario mientras deja a Nena, su hija y huérfana de madre, al cuidado de los habitantes de la villa acantilada. Pero un día Otto no regresa. Nena luchará contra la desidia y el cansancio de los viejos habitantes y, con toda la fuerza de voluntad, el empeño y la valentía que le coge en su cuerpo menudo, emprenderá, en un pequeño bote, una aventura temeraria y fantástica para rescatar a su padre.


ENTREVISTA A ÉRICA ESMORÍS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º representado por Izan, Martín e Uxía decidiron facerlle unha entrevista a Érica Esmoría aproveitando unha visita ao centro.

Gañadora do Premio cidade de Málaga polo libro "Patio de Luces", libro que está a ler o alumnado de 3º. e Premio Merlín 2025, pola novela "Nena e o mar" que están a ler os nenos e nenas de 4º.

Foi unha charla moi amena e divertida onde Érica abriuse aos nosos reporteiros e contoullo moitas cousas dos seus libros e dos seus futuros proxectos.

 

DÍA DE EUROPA polo alumnado de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes celebrarmos o "Día de Europa". A data clave é o 9 de maio xa que celebramos a Paz e a unidade en Europa. O alumnado de 6º escolleu esta data como eixo central das súas investigacións. Ao longo de todo o curso foron vendo como os distintos países que formamos Europa conservan a súa identidade a través da súa cultura, costumes, tradicións... Fixeron unha fermosa exposición na entrada do cole que non podedes deixar de visitar.

Entre tanto déixovos aquí un vídeo resumo do seu traballo.


miércoles, 8 de mayo de 2024

Coreografía de CRUEL FILOSOFÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos á volta da esquina o "Día das Letras Galegas". Este ano está dedicado a Luísa Villalta. Para homenaxeala decidimos facer unha coreografía do seu poema "Cruel Filosofía" interpretado pola "Banda da Loba e Tomé Mouriño".

Algunhas compañeiras de 3º foron as encargadas de inventala e deixáronnos este vídeo para que a aprendamos.

Estades preparados para bailar?

Luísa Villalta polo Seminario Galán

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano o Seminario Galán e Primavera das letras fan unha selección de xogos, actividades e textos para axudarnos a coñecer mellor á persoa homenaxeada polas Letras Galegas. Podedes acceder a Seminario Galán picando aquí ou A Primavera das Letras picando aquí.

Nós coma cada ano facemos unha selección de actividades que deixamos aquí no blog para que sexa moito máis accesible e para que aprendamos moito. Xogamos?

O XOGO DOS BIRLOS


O XOGO DA MEMORIA


EN DEZ PREGUNTAS:


AS CHAVES DO TEMPO:


O XOGO DO RODICIO:


O XOGO DOS DARDOS:


AS PORTAS DE LUÍSA:


QUE SABES DE LUÍSA VILLALTA?:


BIOGRAFÍA DE LUÍSA:


COÑECES A LUÍSA VILLALTA?:







viernes, 3 de mayo de 2024

E OS LIBROS ALIMENTAN...

Ola amiguiños e amiguiñas!! Despois dunha semana de libros e intercambios solidarios de contos por alimentos non perecedeiros, conseguimos unha boa cantidade de alimentos, que foron doados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Así foi recollido nos xornais deste venres e así de guapos saídes. Picade na foto se queredes ler a nova.

FARO DE VIGO


LA VOZ DE GALICIA