Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe en Radio Garabullo naceu un novo programa: "As tres Maruxas" da man de Irene, Patricia y Antía de 4º. Cada mes "As tres Maruxas" abordarán unha conmemoración con entrevistas e investigacións creando un programa do máis divertido e interesante.
Nesta ocasión abordaron o 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller". Un fantástico programa que non debedes deixar de escoitar.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Somos fortes e libres así di o retrouso que se repite na canción "Que non mo neguen" das TANXUGUEIRAS.
As tanxugueiras son mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.
"O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" é unha data que debemos ter en conta no calendario pola súa importancia. Os nenos e nenas temos moi claro que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e oportunidades, pero sentimos que non todos os maiores pensan igual. Para celebrar o 25 de Novembro queremos mandar unha mensaxe de igualdade e liberdade empregando a canción das Tanxugueiras "Que non mo neguen" e facendo da súa letra o noso lema: SOMOS FORTES E LIBRES!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Esther de 6º e Jaime de 5º seguen emitindo en directo os martes para o comedor da escola dende Radio Garabullo. Como cada semana, encárganse de traernos as novas do que estamos a facer na escola e de todo o que acontece na nosa contorna.
Ola rapaces e rapazas!! Xa sabedes que Radio Garabullo está comezando unha nova temporada. Onte tivemos un novo programa de "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" con Esther de 6º e Jaime de 5º"; falaron do magosto e das cousas que se están a preparar para as vindeiras semanas. Non deixedes de escoitalo e animádevos a crear os vosos propios programas cos vosos amigos, cos compañeiros da clase, cos mestres,... Radio Garabullo está esperando as vosas propostas. Vide pola biblioteca coas vosas ideas!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Novas sorpresas!! Radio Garabullo comezou a unha nova tempada de emisións radiofónicas. Hoxe, e en directo para o comedor da escola, Esther de 6º e Jaime de 5º deron comenzo unha nova edición do seu programa "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Un programa divertido e un pouco tolo que todas as semanas dará a coñecer todo o que se coce na nosa escola e na súa contorna. Escoitade!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal o pasáchedes no Samaín? Xa vin que todos e todas decoráchedes as vosas cabazas medorentas e divertidas. As vosas disfraces foron do mellor. Unha festa na que tamén aprendimos moitas palabras terroríficas e coma sempre acompañamos coa tradición e a lectura. Unha festa inolvidable.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos outra vez funcionando. Dende a primeira hora do luns as paredes da nosa biblioteca vibraron coas vosas visitas. Foi un día de presentación e de maxia onde ata eu cobrei vida grazas ós vosos compañeiros de 6º. A biblioteca abriu ás súas portas e agardaba con moitas sorpresas e agasallos: os contos de Os Bolechas, pulseiras da biblioteca, as normas, os carnés, un vídeo moi chulo,... un montón de cousas que recollemos neste vídeo para que non esquezades o ben que o pasamos.
Ola amiguiños e amiguiñas un ano máis!! Hoxe celebramos na escola o "Día das Bibliotecas Escolares". A festa da nosa biblioteca. Cantas gañas tiña de vervos de novo buscando historias fantásticas polos meus andeis, investigando para completar as vosas aprendizaxes nos ordenadores ou nos libros de consulta ou simplemento creando, aprendendo e gozando das posibilidades da nosa biblioteca.
Que marabilla ver coma eu Garabullo, coa axuda dos vosos compañeieros e compañeiras de 6º, cobrei vida para compartir con todos e todas un intre inesquecible na biblioteca. Alí vimos un vídeo que aquí deixo para que vexades canto queirades e pensedes cal será o proxecto de investigación que dende a biblioteca propoñemos para este ano. Tamén houbo sorpresas. Contos para todos e unha pulseira que seguindo o lema das "Bibliotecas Escolares" lémbravos que "A biblioteca ten a palabra"... E dende hoxe vós tamén a tedes para contarnos cousas, para investigar, para imaxinar, para crear,... A biblioteca somos todos e todas!! Agardamos por vós!! VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Remata o curso e as actividades que con el comezamos como é o caso do proxecto Digicraft, aínda que agardamos continuar con el para o vindeiro ano.
As últimas sesións foron máis divertidas dirixidas a coñecer o "Sphero" e outras facetas do Kit de Digicraft como foi a de interpretar distintas composicións músicais... Cousa que aproveitamos para meterlle o gusaniño de Digicraft ós máis pequenos!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos rematando o curso e polo tanto os nosos proxectos... Aínda así vós seguides insistindo en facer rutas e tramos do Camiño de Santiago!! Neste caso, o alumnado de 6º conseguiu sairse co seu e fixo unha ruta ata o "Muiño de Covián". Seguiremos Facendo Camiño.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
EDUBIB Koha
Nesta lapela podes consultar o catálogo da nosa biblioteca
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO