viernes, 28 de noviembre de 2014

ARTUR E CLEMENTINA

A Violencia de xénero é un tema que ao longo desta semana estase a tratar nas aulas. Son moitas e moi variadas as formas de tratar este tema. Os nenos e nenas de 5 anos tamén traballaron o día 25 de novembro co conto de Artur e Clementina. Unha forma amena, divertida e adapata para entender o que esta data significa. Dun xeito ilustrado vemos o traballo feito polos nenos e nenas de 5 anos. 

Estas son as verbas que nos deixaron:

 ARTUR E CLEMENTINA
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando o conto de “ARTUR E CLEMENTINA” de Adela Turín.
Todas as actividades desenvolvéronse a partires da historia fabulada de dúas tartarugas que se coñecen e namoran. Ela ten multitude de soños, ilusións e plans de futuro para a súa vida.
Cando casan, Artur decide que será el quen traballe, e que ela quede na casa. Isto a ela abúrrelle moito e a el parécelle que é tonta por aburrirse. Ela planea moitas actividades para entreterse, pero el en vez de permitirllo, traíalle cousas e poñíallas atadas ó seu lombo.
Un día ela decide saír do seu caparazón e dar un pequeno paseo, para voltar antes de que el regresara á casa. Esta costume, que lle facía sentirse moi leda, foise convertindo nalgo necesario, ata que un día decidíu marchar para non volver e poder realizar os seus soños. El nunca comprendeu por qué se fora, con todas as cousas que lle dera…
Porque aínda se precisan obras sobre coeducación e igualdade!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

miércoles, 26 de noviembre de 2014

LA CACA MÁGICA

Unha vez máis estou sorprendido!!
Ao longo das últimas semanas había un pequeno rebulir pola biblioteca. Unhas rapazas de 6º cunha cámara de vídeo, uns mestres argallando algo, un neno que contaba un conto... Non entendía nada!!! Ata que hoxe apareceu un vídeo e unha nota na biblioteca.
A nota dicía:

" O martes 18 de novembro, Yago Taboada de 4º quixo contarlle un conto a Garabullo. Era A caca mágica. Eu,  María Taboada de 6º, fun á biblioteca para axudalo e graveinó"

María deulle a nota a unha mestra  e o vídeo dun fermoso conto para a nosa biblioteca, e para amosar no noso blog.
Agora tócame a min deixar aquí o conto e darlle as grazas a María e a Yago polo seu traballo, así como ás persoas que axudaron a que este vídeo chegara ás miñas mans.
Agardo que vos guste!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!






martes, 25 de noviembre de 2014

UN CANTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller" agardounos unha sorpresa na entrada. Un mural que anuncia un día a ter en conta nas aulas, na escola, na casa,... Non so falamos nas aulas do significado deste día, tamén escoitamos un Canto contra a Violencia de Xénero interpretado polos nenos e nenas de 6º. Pronto poderemos compartilo con todos vós.
 

Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 18 de noviembre de 2014

A BIBLIOTECA XA ESTÁ FUNCIONANDO

Si amiguiños e amiguiñas a biblioteca segue a funcionar!!!
O día 24 de outubro marcou o comezo desta nova temporada. Os contos de Celsiño foron a chave para abrir as portas da biblioteca e poder ollar un vídeo feito polos vosos compañeiros. De repartir os carnés aos rapaces e rapazas novos no centro así como de lembrar as normas da biblioteca.
Pasámolo en grande!!
Agora véxovos pasar por aquí todos os días pedindo contos e películas, pero lembrade que tamén podedes mandar os vosos consellos de lectura!!
Anímovos a contar contos aos compañeiros.
Tamén podedes facer recomendacións escritas ou en vídeo
Xa sabedes que eu estou orgulloso do voso traballo e todo o que facedes queda aquí para que todo o mundo o disfrute.
Hoxe podedes ver aquí o vídeo de apertura da biblioteca
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free digital slideshow by Smilebox

martes, 11 de noviembre de 2014

Celsiño Contacontos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Lembrades o día de festa da Biblioteca? Lembrades que ben o pasamos con Celsiño?
Pois agora é o momento de amosarllo a todos e todas, de lembrar os contos e as cancións que nos ensinou. De pasar un estupendo momento
Agardo que disfrutedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 7 de noviembre de 2014

A AULA DO MEDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Queredes ver a aula do medo? Queredes xogar a buscar a vosa cabaza e amosarlla aos vosos papás e amigos?
Pois pinchade na foto e veredes o video que xa está colgado na páxina web do cole!!
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbandeira/
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 2 de noviembre de 2014

CONCURSO DE CABAZAS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Pero que traballadores sodes!! Que mal o pasaron os mestres decidindo cales eran as gañadoras.
Todas distintas, todas curiosas, unhas buscando ser máis fermosas e outras más medorentas,unhas moi creativas e outras máis tradicionais... Todas valían, todas foron mencionadas pero, como ben sabedes, houbo que escoller a máis creativa, a máis orixinal e as mellores de cada ciclo.
Estas son as cabazas gañadoras:

De infantil: Breixo con "O noso horto"



De 1º ciclo Euxea con " A bota"


De 2º ciclo Claudia con "A Lúa"


De 3º ciclo Sara de 6º con "O Espantallo"


 Laura a máis creativa "A Boda"


María á mellor tallada "Os gatos"
 

 
 
E aquí están todos contentos coas súas cabaciñas:
 
 
 
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

LOBOFEROZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Nesta fin de semana andiven recopilando todas as actividades que ao longo destas semanas están pasando no cole, para que poidades voltar a velas cando queirades.
Os nenos e nenas de 2º representaron un conto da editorial OQO que se chama Loboferoz, un conto moi divertido para unha data sinalada como esta.
Queredes voltar a velo?
Agardo que vos guste!!
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!