viernes, 30 de abril de 2021

AMIGAS por Lía Enriquez de 2º

 A pasada semana estivo dedicada ó "Día do Libro". Foron moitas as actividades que fixemos, entre outras recomendacións lectoras, contos bailados e contados, programas de radio,...

Lía de 2º quixo aproveitar a oportunidade e recomendarnos un conto que a ela lle gustou moito Amigas de Laures Ace, un premiado álbum ilustrado basado en la amistad de Ana, Carla, Indira e Alicia. Elas xogan, aprenden e medran xuntas. Co paso do tempo a súa amizade fortalécese coma unha árbore que elixen para encontrarse.

Escoitade o que conta Lia na radio.


domingo, 25 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2021

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
é unha celebración para promover o goce dos libros e da lectura. Cada 23 de abril, sucédense celebracións en todo o mundo para dar a  coñecer o poder máxico dos libros... Para nós o mellor xeito de facelo e poñer ós nosos pequenos en contacto con libros. Deixarllos mirar, ulir, tocar e ser eles os que, por un día,
escollan os libros e merquen os libros da nosa biblioteca.

Así comezamos unha semana dedicada ó libro. Fixemos unha pequena feira. Cada aula pasou pola entrada do cole para escoller dous libros. Dúas novidades que segundo eles non deberían faltar na nosa biblioteca. Dende infantil á sexto pasamos todos. Tocamos os libros, sentimos as súas historias e ulimos a súa maxia e despois de moito debater escollemos os dous libros por aula. A moitos soubolles a pouco e tiveron que ir á biblioteca a pedirlle a Garabullo algún imprescindible que non puideron escoller...


En Radio Garabullo estivo presente a lectura. Houbo radio en directo todos os días para o comedor, e o día 23 durante os patios de recreo. Nesta emisións fixéronse recomendacións de Libros CD. Libros co poder de axudar a combater o aillamento do COVID, reforzar os lazos entre as personas, amosar outro xeito de lectura e coma todos os libros estimular as nosas mentes e a nosa creatividade.

Tamén houbo un apadriñamento lector moi fermoso unhas nenas de 2º aproveitaron esta data para ler un conto para todos os compañeiros e compañeiras do cole. Un conto para o comedor. Un apadriñamento lector común a todos e todas moi emocionante. Sara e Yesica de 2º dedicáronlle a toda a comunidade educativa o conto A escaleira no comedor do luns axudadas por Candela e Carla de 6º

Aproveitamos esta semana para traer ós nenos e nenas de infantil á biblioteca. Todos puideron aprender como funciona agora e como facer para levar o seu contiño porque o COVID non pode acabar coa lectura nin coas bibliotecas.

Para rematar pequenos e maiores decidiron contar, cantar e bailar un conto para todos. Un conto moi divertido e entretido no que todos participamos. Un conto para ver, para bailar, para cantar, para ler, para rir!! Pete el gato: I love my white shoes



miércoles, 21 de abril de 2021

MARÍA FUMAÇA

A recomendación do libro CD que traemos hoxe é María Fumaça!!

María Fumaça naceu do amor e a loita por axudar e facer feliz a Ruí, un neno con parálisis cerebral. O que xurdiu coma un agasallo de Nadal para o pequeno Ruí da man da súa madriña, a cantante galega Uxía Senlle, e un grupo de amigos músicos, convertieuse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.





Escoitade a Uxía e Esther en Radio Garabullo falando de María Fumaça

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta semana dedicada ao libro CD ou á música das nosas bibliotecas non podíamos deixar pasar de largo as propostas de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha formación musical que naceu cun obxectivo preferente, facer música en galego. Os seus concertos trunfan entre o público familiar e algúns temas, como “A Carolina” ou “Parabéns”, son xa auténticos himnos.

Uxía Lambona e a Banda Molona” caracterízase, entre outras cousas, por recoller os clásicos populares galegos para darlles o seu toque particular, facendo versións tan inesperadas, pero ao tempo tan acaídas, como A Carolina rapeada, O GhatoPaco rockeiro ou "O Sacristán de Coimbra" reggae. Pero incluso se atreven a adaptar cunha letra moi pegañenta o mítico tema “Thunderstruck” de AC/DC ata convertelo no seu divertido e movido Fame” ou coller o “Greased Lightning” de Grease para transformalo no seu coñecido Muxía & Roll.
Na biblioteca contamos cos tres CDs que teñen editado ata o de agora. 

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA


UXÍA LAMBONA: A BAILAR COMA TOLOS



UXÍA LAMBOBA: ASTRONAUTA SIDERAL


Esther e Uxía as nosas locutoras de radio favoritas falaron desta banda no seu programa especial dedicado ó "Día do Libro". Escoitade:


lunes, 19 de abril de 2021

AS NOVAS Á HORA DE COMER: A semana do Libro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe no programa "As novas á hora de comer" de Radio Garabullo recomendaron un conto musicado moi interesante e divertido. Un conto que nos gusta moito a todos e todas e que as vosas compañeiras empregan no seu programa de radio. Falamos de EXTRA de Paco Nogueiras:

A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!!

Lembrade: EXTRA musicado por Paco Nogueiras e ilustrado por Marc Taeger; da editorial Kalandraka.

martes, 13 de abril de 2021

A ESCALEIRA, interpretado por Sara e Yesi de 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Radio Garabullo contou cunha visita moi especial. Sara e Yesica de 2º foron a contar o conto: A Escaleira de Beatriz Montero, un conto moi divertido e un tanto cantarín. Escoitade a ver se vos gusta!

lunes, 12 de abril de 2021

AS NOVAS DE GARABULLO: Facendo Camiño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos a Semana da Prensa. As novas foron estudadas e analizadas nas aulas cos titores e especialistas. Cada curso traballou a prensa dende distintos puntos de vista aproveitando os xornais que se mercaron ao longo desta semana.

Como nos gustou moito o traballo dos xornalistas decidimos facer unha gacetilla con novas do Camiño de Santiago. Participamos todos os cursos e creamos un xornal moi curioso, divertido e entretido.

Todos temos o noso pero aquí deixamos unha copia para que lle botedes un ollo.

 


PINTANDO O CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe deixamos un vídeo da participación do alumnado de 6º na actividade "Trasdeza pinta o Camiño" impulsada polo Concello en colaboración co Xacobeo 2021. A experiencia comezou cun traballo de aula a través de cadernos didácticos, unha saída por un tramo do Camiño de Santiago, O Foxo-Bandeira; na que coñeceron os recursos patrimoniais da zona. Estiveron acompañados e  guiados polo persoal de amarelas e polos mestres do centro.

A actividade inclúe unha xornada de pintura en vivo, con Amalia López Brea "Luchi", dun dos enclaves de interés escollido polo alumnado. 

Unha actividade fantástica e moi interesante que serviu para ampliar os coñecementos e actividades do noso proxecto de centro "Facendo Camiño"


AS NOVAS DA HORA DE COMER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un día máis Radio Garabullo emitiu en directo para o comedor do cole. Uxía de 4º e Esther de 5º encargáronse de poñernos ao tanto das novas do cole. Hoxe cunha visita especial: Elena de 5º!!

MONTAMOS UN GRUPO MUSICAL E O MISTERIOSO OBXECTO ENCERRADO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os maiores están a piques de rematar co Itinerario 1 "Realidade aumentada e videoxogo" para entrar no mundo da "Intelixencia artificial e robótica". 

Cada actividade que fan supón un reto para acadar un obxectivo e moita diversión. Todas as actividades son moi interesantes e divertidas. Mirade que ben o pasamos en Digicraft os maiores!!

"Montamos un grupo musical"

"O misterioso obxecto encerrado"

DIGICRAFT 6-8 ANOS DA POR REMATADO UN ITINERARIO PARA SOMERXERSE NUNHA NOVA AVENTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes as actividades de Digicraft seguen adiante. Hoxe demos por rematado unha parte de realidade aumentada e videoxogo cos nenos de 6 a 8 anos para adentrarnos no mundo da intelixencia artificial e a robótica.
Por falta de tempo non realizamos todas as actidividades propostas  no Itinerario 1 pero aínda quedan moitos anos no cole para ir traballando nelas. 
Apetécevos ver o que fixemos nas últimas actividades?

"O ataque dos virus"



"Aventura dixital"


"Axudamos a Patatín"

Consellos para facer o "CAMIÑO DE SANTIAGO" en tempos COVID

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de 1º pasaron por aquí para deixar uns conselliños para facer o camiño.

Os días medran e pronto chegarán as vacacións de verán e moitos e moitas querrerán facer o Camiño de Santiago; pero... COIDADO!! Nesta época marcada polo COVID temos que ter en conta unha serie de precaucións para evitar os contaxios. O alumnado de 1º déixanos as seguintes recomendacións...






jueves, 8 de abril de 2021

O "Día Mundial da Saúde" na Radio

Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma ben sabedes o pasado 7 de abril foi o Dia Mundial da Saúde. Os nenos e nenas de 2º quixeron achegar esta data a todos nós a través de distintas actividades e para explicárnolo un pouco máis foron a radio e deixáronnos este pequeno resumo das actividades propostas para estas datas. Hai consellos de todo tipo e o mellor de todo foi que ata nos recomendaron uns contos moi fermosos e interesantes.

Achegádevos, vide, vide... e escoitade!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial da Saúde".

Como sabedes ben, as conmemoracións están condicionadas polo COVID, pero os compañeiros e compañeiras de 2º quixeron preparar unha actividade moi interesante para achegarnos a todos e todas a esta data. A través dos seus consellos e dos de dúas nais aprendimos moitas cousas interesantes sobre saúde. (premede aquí para ampliar toda a información)

Por outra banda tamén quixeron contribuír co Proxecto Facendo Camiño, elaborando O botiquín andante dos peregrinos.