lunes, 28 de mayo de 2012

Juan e David

Ola amiguiños e amiguiñas!
Dous rapaces un de 2º e outro de 3º deixaron unha mensaxe para todos na caixa de conversascongarabullo.
Nas seguintes fotos quedan recollidos os seus consellos e as súas peticións.





Tentaremos mercar os libros e películas que pedides!!
Por certo!! Parabéns!! Teredes un premio por acertar as preguntas do concurso de libera un poema!! Preguntádelle a José na Biblioteca.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 24 de mayo de 2012

Libera un poema

Ola amiguiños! Felicitar aos rapaces e rapazas  de Bandeira polo seu traballo cos poemas.
Deixovos unha nota no encerado:



Saúdos e mentres agardamos polo vídeo xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 20 de mayo de 2012

Ola amiguiños!! Pensábades que remataran os nosos concursos de Libera un poema? Pois... Non!!
Hoxe decidín xuntar os poemas liberados por 4º, 3º,2º,1º e infantil.
Aí van as preguntiñas:
- Dicir polo menos un dos personaxes de conto que representaron os nenos e nenas de 4º
- Quero saber o título do poema liberado por 3º.
- A que dous astros adicaron os seus poemas os nenos e nenas de 1º
- Algún dos animaliños que saían no poema recitado o martes pasado polos rapaces e rapazas de 2º
- Finalemente o mércores, os nenos e nenas de infantil, disfrazados de coelliños non deixaban entrar ao bosque a un animaliño distinto. Recordades cal era ese animaliño?

O prazo para mandar as vosas respostas remata o martes 22 despois do recreo do comedor!!
Agardo as vosas respostas!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Ola rapaces e rapazas de Bandeira!
Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano está adicado a Valentín Paz Andrade.
Xa miraríades na entrada da escola os murais que  recollen datos da súa biografía, así como da súa obra.
Paz Andrade foi un grande defensor de Galicia.
Sabíades que dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas? Chegou a dirixir durante cinco anos a revista "Galicia".
Foi un grande poeta, escribiu  ensaios literarios, así como traballos económicos e pesqueiros. Dentro da narrativa é autor dunha obra inédita: Soldado da morte.
Como vedes estas son algunhas das curiosidades que os vosos mestres e mestras están amosándovos nas aulas.
Agardo disfrutedes e aprendades moitas cousas da súa vida e obra!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 14 de mayo de 2012

Calvin e Hobbes

Ola nenos e nenas de Bandeira, agardando as preguntas-premio? Están a sair...
De momento vou aclararlle a Martín de 5º unha dúbida que tiña dun comic. Ola Martín. Preguntas no comentario dos comics por Calvin e Hobbes. Pois ben, Calvin é un neno de seis anos que vive aventuras e desventuras xunto co su inseparable mellor amigo: Hobbes, un tigre de peluche que cobra vida só na súa imaxinación. As tiras tratan en xeral de gamberradas do noso protagonista -a miúdo increiblemente inxeniosas-, da súa convivencia cos seus pais, coa súa veciña (e compañeira de clase) Susie, a súa mestra ou a súa niñera, ou das súas reflexións sobre diferentes temas da vida diaria. Son moi divertidos.Tedes o cómic na Biblioteca. Merece a pena.
Agardo solventar a túa dúbida.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA
Ah! Vixiade o Blog. Vai a sair pregunta-premio pronto!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

5º LIBEROU O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Vaia Tropa de poetas que hai nesta escola!! Estou moi, pero que moi ledo!!
Non só recitades de marabilla... é que tamén facedes creacións propias. Gústame a idea de encher os estantes da biblioteca con libros publicados polos nenos e nenas de Bandeira.
Hoxe os rapaces e rapazas de quinto amosáronnos a súa capacidade literaria recitando dous poemas propios, conmovedores, divertidos, amenos...
Quero os seus poemas na miña Biblioteca!
Sabedes dicirme os nomes destes rapaces de 5º?
Todo aquel neno, nena, mestre, mestra, persoa que traballe no centro... que saiba o nome destes nenos ou nenas e mo mande a conversascongarabullo@gmail.com,  que me deixe unha nota na caixa da biblioteca ou no comentario desta entrada, antes de mañá pola tarde, terá un simpático agasallo. (Non esquezades poñer os nomes dos nosos poetas así como o voso nome e curso)
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 8 de mayo de 2012

Libera un POEMA

Ola amiguños e amiguiñas. Gustouvos o poema que liberaron hoxe os vosos compañeiros? Saberíades dicirme de que libro eran os poemas?
Veña mándovos un reto: "Aquel neno ou nena que me deixe no email conversascongarabullo@gmail.com,  na caixa de conversascongarabullo que hai na biblioteca ou faga comenterio nesta entrada do blog dicindo:
- o nome do libro que empregaron os de 6º para liberar os seus poemas. (Se dicides o autor quedo abraiado)
- o teu nome
- o teu curso 
Terás un agasallo meu (reto tamén válido para os mestres e mestras do centro).
Aí queda o reto! Prazo límite ata mañá á tarde.
Agardo moitas respostas.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




jueves, 3 de mayo de 2012

As fotos do Día do Libro

Ola amiguiños e amiguiñas. Recordades a actividade de lectura que fixemos o Día do Libro?
Nenos e nenas lendo polos corredores da escola. Que fotos tan bonitas!!!! Que imaxes inesquecibles!!
Para que non as esquezades, e todos poidamos disfrutar delas... Que mellor que un libro feito coas vosas fotos?


Agardo que vos guste.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

O día das LETRAS GALEGAS

Ola amigos achégase o 17 de Maio. Celebramos o Día das Letras Galegas. Mandádeme cousas sobre este día para publicar no noso Blog, e que os rapaces e rapazas do mundo poidan saber o significado que esta data ten na nosa terra.
Neste lío de palabras vai escondido o nome da persoa a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Descubrídeo!!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Charlie e a fábrica de chocolate


Ola David. Ola rapaces e rapazas de Bandeira. David deixoume unha nota na caixa de conversascongarabullo@gmail.com Pide que merquemos a película de Star Wars, Episodio V, O Imperio contraataca. É unha película que aínda é moi difícil atopala a bo precio para a biblioteca, pero farei o que poida para facerme con ela. O libro de Charlie e a fábrica de chocolate que pides xa está na biblioteca


 David tamén aconsella O neno do pixama de raias e Ratonciño Pérez 2, dúas películas que tedes na biblioteca e que lle gustaron un montón.
Moitas grazas David polas túas propostas

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!