viernes, 20 de diciembre de 2013

LEMOS ONDE NOS PETA

Nun frío domingo de inverno, un grupo de mestres e mestras viñeron á biblioteca en busca de libros e aventuras. Preto da cheminea estábase de medo pero... non tiñamos as vistas da nosa Bandeira.
Cargados de contos, de música, de Nadal... saíron de excursión e conseguiron demostrar que se ben é facil "ler porque nos peta" máis doado é "ler onde nos peta".
As paisaxes que arrodean a nosa terra son fermosa... non perdades a oportunidade de ler nelas!!!
Bo Nadal a todos e todas!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

miércoles, 18 de diciembre de 2013

ABRAHAM CARREIRO ENSINOUNOS A TRUCOS PARA OS NOSOS DEBUXOS



 Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que ía dicir que con dous círculos podemos facer unha galiña ou un cabalo?
Que artísta!!!
Foi fantástico ter a un ilustrados como Abraham Carreiro toda unha mañá para nós, e, mellor aínda, que nos contara algúns truquiños para mellorar as nosos debuxos.
Grazas Abraham polo teu tempo e polos teus consellos. Aquí queda un pequeno guiño do que foi o teu paso pola escola.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





domingo, 15 de diciembre de 2013

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
As vacacións están agardando por nós.
Falta menos para as notas e as festas de Nadal.
O festival xa está case preparado, e o cole está tan fermoso que da pena deixalo así durante as vacacións.
Eu decidín quedar aquí lendo contos e libros preto da cheminea. Para min, o Nadal, é un tempo ideal para ler un conto cunha taza de chocolate quente. É un tempo ideal para regalar un libro ou incluso para pedirllo aos reis nas nosas cartas.
Se precisades algunha idea, se non tedes claro o que máis vos gusta... aquí deixo uns conselliños.
Non hai mellor agasallo que un libro polo Nadal.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 10 de diciembre de 2013

6-12-2013 DÍA DA CONSTITUCIÓN

Ola amiguiños e amiguiñas.
Rematou a semana adicada á Constitución.
Os alumnos de 6º resumiron e axudáronnos a entender este libro tan complicado. 
A través dos debuxos que pintamos entendemos un pouco máis que son os nosos dereitos e cales son.
 


Tamén limos un conto divertido onde a Constitución conta un pouquiño da súa historia. Para que non esquezades todo o que fumos aprendendo deixo aquí un resumo en fotos do traballo dos nenos e nenas de 6º.
 

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

O MONSTRO PELUDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal despois dunha fin de semana tan longa?
Eu sigo por aquí. Rebuscando entre as cousas que ides facendo. Sabedes que atopei? A representación dun conto que fixeron os de 6º para vós:
O MONSTRO PELUDO
Lembrades? Na aula do medo un grupo de alumnos e alumnas de 6º deron vida a un conto durante os días do Samaín. Fixeron moito máis divertido o noso paso pola aula do medo. Amosaron outro xeito de contar un conto. Os personaxes foron cobrando vida. Foi un conto, que lonxe de dar moito medo, fíxonos rir un montón grazas a simpatía e o cariño deste mozos e mozas.
Aquí deixo o vídeo para que o vexades tantas veces como queirades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 3 de diciembre de 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Ola amiguiños e amiguiñas. Atrás queda o mes de novembro, un mes no que voltamos a sacar os trompos, besbellas, pimpirinolos, bailaretes, perperellas...
Quen nos ía dicir que un xoguete de madeira pequeniño daba tanto xogo!
Aprendemos un montón de nomes do trompo, recitamos refráns, xogamos con adiviñas, cantamos cancións e fixemos os nosos trompos cos froitos de outono... Sen esquencer, claro está, que aprendemos a lanzar o trompo e a mellorar as nosas técnicas os que xa o sabiamos bailar.
Para non esquencer todo o que aprendemos e todo o que atopamos nos libros deixámolo recollido nun mural.
Hoxe, como resumo do mes, déixovos esta pequena presentación para que non esquenzades o aprendido e para que vexades como bailades o peón.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!