miércoles, 16 de enero de 2019

LECTURAS POLA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Achégase o "Día da Paz" e xa temos un montón de contos na entrada do cole para que levedes ás vosas aulas e leades cos vosos compañeiros.
Contádenos se vos gustan as lecturas!!!


martes, 8 de enero de 2019

Carta aos Reis Magos e Chocolate

Os maiores escribiron as súas cartas aos REIS MAGOS, despois axudaron aos máis pequenos, e xa todos puideron ir ao buzón a deixar os seus desexos de Nadal. Unha entrañable xornada que rematou cun riquísimo chocolate con churros.
Non deixedes de buscarvos neste vídeo. 
FELICES FESTAS!!!


martes, 1 de enero de 2019

CALENDARIO 2019

E seguindo co PDI  "O noso Monte", decidimos apadriñar unha árbore da escola e dedicarlle un mes.
Este foi o resultado!!!