martes, 18 de diciembre de 2012

Un libro polo Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Desexando a chegada das vacacións?
Tedes ganas de pasar uns días na casa coa familia? Supoño que si.
Eu dende aquí, dende a Biblioteca, déixovos un agasallo:
Algúns consellos de lectura para as vacacións.
Libros e contos onde a aventura, a maxia, a tenrura, a ledicia e a emoción están presentes.
Son moitos, moitos,... moitísimos os contos e os libros que podería recoller e recomendar para ler nestas datas... Aquí tedes os que máis me gustaron.

Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

FELICES FESTAS

Ola nenos e nenas de Bandeira!!!
Xa chegan as vacacións de Nadal e dende a Biblioteca anímovos a seguir lendo e vivir divertidas aventuras a través dos contos. Felices Festas a todos e todas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



lunes, 17 de diciembre de 2012

12-12-2012 ás 12 con Celso Emilio Ferreiro

O 12 do 12 do 2012 ás 12:00 celebramos no noso centro o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Os nenos e nenas do 3º ciclo rapearon un dos poemas deste autor: "Deitado fronte ao mar".
Un fantástico traballo fruto da ilusión dos nenos e nenas de 5º e 6º baixo a tutela da mestra de música, María.
Aquí queda recollido o rap de "Deitado fronte ao mar". Agardo que vos emocione e goste tanto coma a min.


Se queredes ler algo máis deste fantástico autor déixovos dous consellos de lectura que podedes atopar na biblioteca.


Un  saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

A Constitución polos rapaces e rapazas de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas. Como ben sabedes estes días estivemos a celebrar a conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. Os alumnos e alumnas de 6º dedicaron un tempo da clase a traballar en profundidade este tema. As súas conclusións deixáronas expostas na entrada do centro para todos e agora a través deste Blog.
Espero que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 9 de diciembre de 2012

Contos para sentir

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades que o pasado día 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas Discapacitadas? Pois a orientadora, Lucía, deixounos unha lista de contos para achegarnos a esta temática. Son contos moi interesantes e relacionados coa discapacidade. Pouco a pouco iredes atopándoos na biblioteca. Algúns xa os temos...
Aquí tedes a lista proposta por Lucía.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




A Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Dende o día 1 deste mes e ata o día 11 conmemórase a Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia. Que quere dicir esto? Sodes quen de dicirme que significa esta data para nós? Que é a Constitución? Que é o Estatuto de autonomía de Galicia? Coñecedes algún conto ou libro ou video que poida axudar a outros nenos e nenas a entender o que significan estas conmemoracións?
Agardo as vosas respostas...


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Unha ADIVIÑA para a ponte

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal? Supoño que traballando moito para poder gozar desta ponte que case fai pensar nas vacacións de Nadal.
Xa hai uns días Soraya, unha rapaza de 6º, deixounos unhas adiviñas na caixa de conversas con Garabullo. Esperei ata hoxe para deixalas aquí recollidas. A ver que vos parecen. Son moi divertidas.


Moitas grazas Soraya.
Seguide deixándome cousiñas na Biblioteca que gozo moito cos vosos traballos e coa vosa compañía.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 3 de diciembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DISCAPACITADAS

Ola amiguiños e amiguiñas.
Moitas veces os maiores falan empregando palabras difíciles de comprender... Hoxe celebramos o día Internacional das Persoas Discapacitadas. Os maiores o mencionan e nos falan como se todos tivesemos que saber que é unha discapacidade. Vós o sabedes?
Que é unha "persoa discapacitada"? Propóñovos unha idea. Buscade información na casa, nos ordenadores, pedide axuda aos profes... e dende logo vinde a ver que temos na biblioteca e axudádeme a explicarlle a todos os nenos e nenas que implica a celebración de este día. Que dereitos teñen os nenos e nenas con discapacidade. Que quere dicir ser discapacitado. Todo o que se vos ocurra para entender mellor estes termos e o que implican...
Agardo a vosa axuda.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 2 de diciembre de 2012

Blancanieves

Ola amiguiños e amiguiñas:
Estou moi feliz... xa hai nenos que se animan a mandarme cousas para publicar. Esta semana Claudia, unha nena de 2º, achegouse á Biblioteca para deixar o seu consello de lectura: Blancanieves.
É un álbum ilustrado dos que somentes podedes consultar na biblioteca. Aquí deixo o consello de Claudia non se darlle antes as grazas e convidándoa a que siga deixando cousiñas a Garabullo.

 
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!